O mércores, 9 de novembro, os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso tiveron unha charla informativa sobre a temática do acoso escolar e o ciberacoso, a cargo do policía nacional Pablo Rodríguez González, Delegado de Participación Ciudadana.
Esta charla está enmarcada dentro do:
Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus entornos.
O Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta
Inspección de Educación, ofrece aos centros docentes a posibilidade de
solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso
escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas
xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e
Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade
educativa (alumnado, profesorado, familias)
No hay comentarios:
Publicar un comentario