O proxecto para traballar conxuntamente este curso, está relacionado coa pintura e concretamente co IMPRESIONISMO
Queremos conseguir con este proxecto, un
achegamento ao mundo da pintura, da creatividade e da expresión. Dar a coñecer
ao noso alumnado distintas técnicas pictóricas e distintas correntes pictóricas
que se sucederon ao longo dos anos.
Este proxecto, no seu conxunto, pretende dar
resposta aos intereses e necesidades dos nosos alumnos e alumnas. Consideramos
que a contorna dos nenos e nenas é, na actualidade, unha contorna da cultura
visual: televisión, anuncios, carteis pola rúa, letreiros luminosos, propaganda
nas caixas de correos; un mundo de imaxes cheo de estímulos que inflúen
continuamente neles. Por iso, é necesario que desde a escola axudemos aos nenos
e nenas a analizar e comprender as imaxes, educalos no gusto estético e inicialos
no goce das obras de arte mediante un novo enfoque das artes plásticas, un
proxecto globalizador e creativo mediante o cal se convida aos nenos e nenas a
coñecer, mirar e descubrir os diferentes artistas e as súas obras.
Non pretendemos por tanto, preparar ao neno
para...., senón permitir que o neno descubra as súas posibilidades en relación
aos demais e ao medio, actúe, decida e se
exprese. Debuxar e pintar para comunicarnos cos demais.
Propoñemos
o traballo da Expresión
Plástica e, máis
en concreto, do Impresionismo,
a través deste proxecto de traballo, xa
que consideramos que é unha forma de traballo que propicia e favorece a
implicación activa dos nenos, sendo eles os
que constrúen as súas
propias aprendizaxes a través da experimentación, a observación e
a manipulación, favorecendo o desenrolo
da autonomía, a imaxinación e a
creatividade.
COÑECER E
GOZAR DA ARTE CONTRIBÚE A SENSIBILIZARNOS E SUPÓN OUTRA MANEIRA DE EXPRESAR OS
NOSOS SENTIMENTOS.
Todo o relacionado co proxecto quedará recollido na seguinte páxina de recursos:
Nela tamén atoparemos moita información para levar a cabo os diferentes traballos
No hay comentarios:
Publicar un comentario