Comezamos este 2º trimestre e, como xa informamos na entrada do mes de decembro, imos comezar un novo proxecto:
RADIO NA BIBLIO
O alumnado de 6º curso e o profesorado do centro vai participar no OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á RADIO durante martes 15 de xaneiro e terá como contidos:
1ª Parte
- Locución, dicción, articulación transmisión da voz.
- Elaboración de Podcast
- Introdución ao manexo do programa Audacity: gravación e edición do son.
- Montaxe dunha emisora: Espazo físico. Aparellos básicos: (aportados por nós como mostra ou usando os que teña o cole) mesa de mesturas, amplificador, micros, alto falantes, ordenador.
- Estrutura dunha emisión: Sintonías. Cortes de voz. Cortes de música. Diferenza entre locución e control técnico.
- Elaboración dun programa, deseño e tipoloxía de programas: como elaborar un guión e unha escaleta. Que temas podo tratar?. Música para os programas. Licenza para utilizar as músicas dos tres disco-libros editados por PNO: “Meniños Cantores”, “Cores do Atlántico” e “Na ponte”
- Damián Alonso, actor de voz e dobraxe e de teatro. Locutor en publicidade e documentais en radio e tv.
- Xerardo Feijoo, mestre e integrante da A.C.P. Ponte...nas ondas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario