24/3/19

Encontros do PLAMBE

Encontros PLAMBE 2018/2019

Os días 21 e 22 de marzo celebráronse en Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondente ao curso 2018/2019, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas biblioteca, a literatura, a comunicación, o patrimonio, a mediación lectora, as competencias informacionais e mediáticas, a tecnoloxía educativa e a produción audiovisual. Ademais, presentáronse un total de 26 experiencias de centro de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, "hora de ler", voluntariado, biblioteca inclusiva, espazo creativo, proxecto lector, Radio na biblio, clubs de lectura, traballo por proxectos e outros). Neste ano de "poéticas diversas", a poesía estivo presente da man de Mar Benegas, Montse Pena e Carlos Negro.

A coordinadora da nosa Biblioteca tamén acude a estas xornadas pois forma  parte das súas obligacións por pertencer ao PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares). Entramos no Plan no curso 2009-2010 polo que para o vindeiro curso celebraremos o 10º aniversario de xeito moi especial.

As xornadas son un punto de encontro para compartir, aprender, expoñer... moi diversas actividades das Bibliotecas Galegas. 
Aproveitamos este encontro para reunirnos as compoñentes e o compoñente da MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA para ultimar os preparativos da convocatoria deste curso:

Tamén contactamos coas asesoras e autoridades educativas a quenes lles fixemos entrega das invitacións para a inauguración que será o martes, 4 de xuño.


No hay comentarios: