Na mañá de hoxe o equipo formado por Carla, Mireya, Pedro G., Nicolás e Mateo gravaron o Programa da Radio na Biblio número 3. Tivo como contidos:
- Dereitos da Infancia
- Contra a Violencia de Xénero
O alumnado de 1º curso, xunto coa súa titora Rita e a mestra Lucía, prepararon unha presentación sobre os Dereitos da Infancia:
Dentro das actividades organizadas pola ANPA do colexio, no PROXECTO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO, na mañá do martes 19 de novembro estaba programada unha saída ao teatro, para todo o alumnado do centro.