O coro do colexio foi invitado a participar no Concerto Solidario de Santa Cecilia que organizou a Asociación "Pequenos Pasos" de Landrove e que tivo lugar na Igrexa de Landrove o sábado 23 de novembro. Os donativos foron entregados para a investigación do Cancro Infantil. O acto foi todo un éxito e a Igrexa quedou pequena para acoller a todo o público que se solidarizou coa organización.
O cartel foi compartido co Coro Parroquial de Landrove, o Coro de adultos do Conservatorio, Escolma de Meus e Amigos do Fol.
As nenas e nenos do colexio, de 3º a 6º curso, fixeron unha actuación moi aplaudida por todo o público polo que temos que felicitalos e animalos a seguir disfrutando da música. Noraboa!!!
A continuación deixámosvos o vídeo resumo da súa actuación
No hay comentarios:
Publicar un comentario