- Páxina principal
- Web CEIP de CELEIRO
- FORMACIÓN DE USUARIOS
- CANCIÓNS E CONTOS NA BIBLIOSOÑOS
- TRABALLOS DE CREACIÓN PROPIA
- APADRIÑAMENTOS LECTORES
- ITINERARIO LECTOR
- ACTIVIDADES DEPORTIVAS NO COLEXIO
- ACTIVIDADES MUSICAIS
- Páxina do colexio MICRORREDE A MARIÑA
- ACTIVIDADES EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL
- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
- ESPAZO ABALAR
- BIBLIOTECA VIRTUAL DA BIBLIOSOÑOS
- Rede Lectura Compartindo libros e lecturas
- ACTIVIDADES PARA O VERÁN
- EDUGA (Revista Galega do Ensino)
- BOLETÍN INFORMATIVO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
- Xornal "O PAPAGAIO"
- ESCRITORES VIVEIRENSES
- RECONMENDACIÓNS LECTORAS
- PÁXINAS DE RECURSOS DO COLEXIO
- VAI DE CONTOS...
- Proxecto: CONTOS E CANTOS
Visitas ao blog
21/12/20
Proxecto "CONTOS E CANTOS"
Desde a Biblioteca e en colaboración coa Aula de Educación Musical, levamos varios cursos poñendo en marcha un proxecto que titulamos "Contos e cantos".
Consiste na lectura ou posta en escea dun conto, de autor ou popular, que preparan as titoras e titores nas aulas e que se acompaña dunha canción que preparan na aula de música.
Neste Nadal as titorías de 3º, 4º, 5º e 6º curso prepararon catro contos coas súas respectivas cancións.
"CONTO DE NADAL" Charles Dickens
"O NADAL DOS CONTOS" Xose Lueiro
15/12/20
Encontro Literario con MARÍA ROLLE
- Visualizaron un vídeo de presentación.
- Fixéronlle moitas preguntas sobre o libro.
- As nenas e nenos entregaron a María un libro feito cos debuxos de cada capítulo do libro.
- Fixeron un xogo especial sobre o coñecemento do libro: "PASAPIRATA".
- Rematamos este encontro cunha asinatura de libros.
14/12/20
PREPARANDO O NADAL
Comezamos unha semana con moitos preparativos para este Nadal 2020 tan atípico e diferente.
- Estamos a ambientar o cole con moitos traballos realizados polo noso alumnado (seguindo todos os protocolos)
- Este ano o FESTIVAL DE NADAL será virtual polo que dedicaremos toda esta semana a realizar as diferentes gravacións que poderedes disfrutar o último día antes das vacacións:
- CONTOS E CANTOS de Nadal...
- PANXOLIÑAS con moitos bailes...
- E a visita do noso APALPADOR...
- Como ven sendo habitual, todas as actividades tamén poderedes seguilas a través dos diferentes blogues do colexio.
11/12/20
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL
Agora que se achegan as datas do Nadal e os nenos e nenas terán que escribir as súas cartas para Papá Noél e SS.MM. Os Reis Magos, é un bo momento para incluír un libro nas peticións. Desde este blogue poderedes atopar recomendacións para axudar a realizar as súas misivas.
2/12/20
Día Internacional das Persoas con Discapacidade
O 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Este ano, a OMS únese aos seus asociados baixo o lema «Un día para todos», co cal se quere reflectir a crecente aceptación de que a discapacidade forma parte da condición humana. Case todos nós experimentaremos unha discapacidade temporal ou permanente nalgún momento das nosas vidas.
Para recordar este día fixemos un "vídeo-postal" do NADAL con pictogramas e presentamos o conto "O cazo de Lorenzo".
VER NESTE BLOG MÁIS ENTRADAS SOBRE BIBLIOTECA INCLUSIVA
PREME NA IMAXE PARA ENTRAR NA PÁXINA DE RECURSOS
As nenas e nenos de 6º de E.I. conmemoraron este día.

26/11/20
MES DA CIENCIA EN GALEGO
Alumnado de 1º curso
Alumnado de 2º curso
Alumnado de 4º e 5º curso
Alumnado de 6º curso
Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas - 2020
25/11/20
25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller celébrase anualmente o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.
Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Género. BOE, no seu artigo 1.1., define a violencia de xénero como aquela que, “como manifestación da discriminación, a situación de desigualdade e as relacións de poder dos homes sobre as mulleres, exércese sobre estas por parte de quen sexa ou fosen os seus cónxuxes ou de quen estea ou estivesen ligados a elas por relacións similares de afectividade, aínda sen convivencia”, e “comprende todo acto de violencia física e psicolóxica, incluídas as agresións á liberdade sexual, as ameazas, as coaccións ou a privación arbitraria de liberdade.”
No colexio traballamos cara á igualdade entre nenos e nenas, mulleres e homes, onde descartamos todo tipo de violencia.
PREME NA IMAXE: Nesta páxina atopamos todo o que traballamos por cursos
Durante esta semana o alumnado de 4º de E.I. elaborou xogos cooperativos con materiais de refugallo aportado polas familias. Hoxe, 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, aprenderon valores empregando os xogos que elaboraron.23/11/20
FORMACIÓN DE USUARIOS: RADIO NA BIBLIO
Durante a mañá do luns, 23 de novembro, o alumnado de 6º curso de Primaria participou no Obradoiro de Iniciación á Radio impartido por:
- Damián Alonso, actor de voz e dobraxe, locutor de publicidade e documentais en radio e tv.
- Xerardo Feijoo, mestre e integrante da A.C.P. Ponte...nas ondas!
- Diseñar que tipo de programas de radio levaremos a cabo.
- Formar os diferentes equipos de técnicos, presentadores, guionistas, colaboradores...
19/11/20
Encontro Bibliotecas Escolares de Galicia 2020 na rede
Os días 19, 20 e 21 de novembro van ter lugar os
ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA 2020 na rede
“A Biblioteca Escolar diante dos retos do 2020"
Inés Dussel · Profesora investigadora do Departamento de Investigacións educativas do CINVESTAV-IPN. México
“Que sabemos sobre a lectura en 2020? Como a pensamos desde a BE?”
Gemma Lluch · Profesora e investigadora na Universitat de València. (Facultat de Filologia, Traducció i Comunicació)
“As Bibliotecas Escolares de Galicia 2005-2020. Principais achegas e retos para os anos 20 do século XXI”
- Inés Miret · Consultora especializada en proxectos dixitais de lectura, libro e bibliotecas.
- Mónica Baró · Doutora en Documentación. Profesora na Facultat d'Informació i Mitjans Audiovisuals. Universitat de Barcelona. Investigadora no ámbito da LIX e das bibliotecas escolares.

“Se non podo bailar, esta non é a miña biblioteca”
- Javier P. Iglesias · Bibliotecario. Facultad de Bellas Artes. Universidad Complutense de Madrid
13/11/20
No centenario de Gianni Rodari
Gianni Rodari naceu en Omegna, unha localidade situada ao norte de Italia, na rexión de Piamonte, o día 23 de outubro do ano 1920, no seo dunha familia de panadeiros.
Foi pedagogo, xornalista, mestre e escritor italiano. Na súa faceta de pedagogo publicou “Gramática da fantasía”, onde expón as súas renovadoras ideas neste campo. Como escritor especializouse en literatura infantil e xuvenil.
Nesta páxina podedes ver todos os seus libros: 378 títulos para "Gianni Rodari"
Na BIBLIOSOÑOS temos o libro "Cuentos por teléfono"
E tamén acaban de chegar estes dous títulos:
"Era dúas veces o Barón Lamberto" e
"Las mejores historias y rimas de Gianni Rodari"
10/11/20
11 DE NOVEMBRO, DÍA DE SAN MARTIÑO
O magosto realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, Día de Tódolos Santos, se ben na provincia de Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, atrasouse ata o día 11, san Martiño.
9/11/20
Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas - 2020
ARTIGO EXTRAÍDO DO BLOG DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Xurxo Mariño Alfonso, profesor, investigador e divulgador científico. O autor salienta que este mes "... é unha oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola maxia dos libros e do coñecemento que atesouran."
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursoso dixitais , relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.
6/11/20
Resolución da convocatoria do programa Radio na Biblio para o curso 2020/2021
O Portal Educativo publica a Resolución de 26 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se relacionan os 30 centros de nova incorporación ao programa RADIO NA BIBLIO para o curso 2020/2021, unha vez resolta a convocatoria publicada con data de 24 de setembro de 2020. Tamén se detallan os 79 centros integrados en convocatorias anteriores e que solicitaron continuidade. Desta forma, aparecen incluídas no programa un total de 109 bibliotecas escolares, distribuidas por todo o territorio galego, pertencentes a centros de infantil, primaria, ESO, Bacharelato ou Formación Profesional integradas no Plan de mellora de bibliotecas escolares.
4/11/20
Formación de Usuarios ELBE.2
Este curso a formación de usuarios na plataforma ELBE.2 fixémola nas aulas. O alumnado de 3º curso entra por primeira vez neste programa e están moi ilusionados!
31/10/20
CONTOS PARA O SAMAÍN 2020
Na Bibliosoños temos unha colección de contos que leva por título: O baúl dos MONSTROS da editorial Baía Edicións.
E como hoxe é O SAMAÍN, as profesoras Rita Lamas e Lorena Rivas quixeron contarlle a Rufo e tamén a tod@s vós o conto O Esqueleto.
29/10/20
28/10/20
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO SAMAIN
Bo día familias, nenos e nenas!
Achégase o día da noite mais arrepiante do ano... o Samaín... unha noite especial na que nos rodeamos de morcegos, meigas, cabazas, pantasmas e mais seres terroríficos.
Pois, para que pasedes esa noite con moito medo.... amosámosvos unha recompilación de libros que, ademais de facervos tremer.....gustaranvos e divertiranvos moito!!
24/10/20
21/10/20
24 de outubro, Día das Bibliotecas
ARTIGO DO BLOG DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2020. "A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia." Trátase de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando servizos en circunstancias tan complexas como as que estamos a vivir.
As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que están sempre ao noso carón.
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.
18/10/20
EDUCACIÓN INCLUSIVA
O pasado venres 16 de outubro, celebramos o día da Educación Inclusiva, educación que promovemos no noso cole, como unha educación para todos os nenos e nenos sen discriminación de ningunha natureza e con todos os apoios necesarios para que reciban unha educación de calidade.
E por iso, este curso, dotamos a nosa biblioteca con moitos fondos que fan referencia á mesma.
A continuación, amosámosvos unha pequena recomendación dalgúns libros dos que dispoñemos e recordarvos que esto é unha pequena mostra deles, porque son moitos os que temos.
Esperamos que vos guste!
14/10/20
DÍA DAS ESCRITORAS
LUNS, 19 DE OUTUBRO
Desde a Asesoría das Bibliotecas Escolares de Galicia propóñennos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición de libros, ben lendo fragmentos dos mesmos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura.
DURANTE A SEMANA DO 19 AO 23 DE OUTUBRO, NA HORA DE LER, FAREMOS LECTURAS DE FRAGMENTOS DE LIBROS DE ESCRITORAS GALEGAS.
RECOMPILACIÓN DE FRAGMENTOS DE ESCRITORAS GALEGAS
TAMÉN ESTAMOS A DOTAR DE NOVOS FONDOS Á BIBLIOTECA CON LIBROS ESCRITOS POR AUTORAS CONTEMPORÁNEAS.
5/10/20
Comezamos a Formación de Usuarios
Durante a semana do 5 ao 9 de outubro imos facer unha formación de usuarios da nosa biblioteca escolar:
- Luns 5, 5º curso (4ª hora)
- Martes 6, 4º curso (3ª hora)
- Mércores 7, 6º curso (1ª hora)
- Xoves 8, 2º curso (5ª hora)
- Venres 9, 3º curso (1ª hora)
Seguiremos a seguinte presentación:
28/9/20
Presentación da Nova Biblioteca
O pasado curso fixemos o cambio de localización da Biblioteca Escolar pero non nos deu tempo de facer unha presentación axeitada por mor da pandemia COVID-19 e o confinamento.
É agora, no novo curso, cando fixemos un vídeo especial que amosa como vai quedando acondicionada aínda que faltan varios elementos.
O vídeo ten como música de fondo a canción "Libros na Bibliosoños", creada por Marta Pérez e Pedro Rguez. no ano 2011.
9/9/20
5/9/20
Dende a Domus VI envíannos MOITO ÁNIMO!!!
Recibimos un correo moi especial da comunicade da Residencia Domus VI que non queren deixar pasar a oportunidade de darnos moito ánimo para o comezo do novo curso.
Envíannos un vídeo que podedes descargar no seguinte enlace:https://we.tl/t-tRDQvRDqSO
Este curso non poderemos compartir actividades, por iso podemos recordar as que fixemos no pasado curso:
1/9/20
Resolución definitiva do Plan de mellora de bibliotecas escolares - centros públicos. curso 2020/21
O DOG do 1 de setembro de 2020 publica o Orde de 24 de agosto de 2020 pola que se resolve o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o curso 2020/2021. Intégranse 26 novos centros e, finalmente, son un total de 705 bibliotecas escolares as que conforman o PLAMBE-públicos neste curso que hoxe comeza, o que vén ser o 65% da totalidade da rede de centros públicos galegos.












































