25/11/20

25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller celébrase anualmente o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.

Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de  Género. BOE, no seu artigo 1.1., define a violencia de xénero como aquela que, “como manifestación da discriminación, a situación de desigualdade e as relacións de poder dos homes sobre as mulleres, exércese sobre estas por parte de quen sexa ou fosen os seus cónxuxes ou de quen estea ou estivesen ligados a elas por relacións similares de afectividade, aínda sen convivencia”, e “comprende todo acto de violencia física e psicolóxica, incluídas as agresións á liberdade sexual, as ameazas, as coaccións ou a privación arbitraria de liberdade.”

No colexio traballamos cara á igualdade entre nenos e nenas, mulleres e homes, onde descartamos todo tipo de violencia.

PREME NA IMAXE: Nesta páxina atopamos todo o que traballamos por cursos

Este ano tan atípico, o alumnado de 5º e 6º curso foron os encargados de ambientar o  recuncho expositor. Nel podemos ver mensaxes que nos invitan á reflexión e a seguir traballando para erradicar todo tipo de violencias.
Durante esta semana o alumnado de 4º de E.I. elaborou xogos cooperativos con materiais de refugallo aportado polas familias. Hoxe, 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, aprenderon valores empregando os xogos que elaboraron.
 
Tamén o alumnado de 6º de E.I. din: "STOP A VIOLENCIA MACHISTA"
 

No hay comentarios: