Hoxe tivemos a visita de Blue, o androide de Fedepesca que permanece estes días na Cofradía de Celeiro . O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria tivo a oportunidade de coñecelo e poder interactuar con el.
Faloulles da importancia da biodiversidade e do seu coidado e da importancia de manter un equilibrio sostible no mar. Ademais faláronos dos distintos tipos de artes de pesca e da importancia de usar o axeitado para manter limpo o noso mar.
Os nenos/as puideron interactuar con Blue, que lles fixo algunha pregunta despois da súa explicación e que os nosos rapaces e rapazas souberon responder con gran acerto.
A continuación
deixámosvos unhas fotos da sesión tan entretida que tivemos:
E agora, aquí tedes un vídeo resumo do máis divertido:
No hay comentarios:
Publicar un comentario