O 21 de marzo ten doble celebración: Día das Árbores e Día da Poesía, por iso no colexio sempre relacionamos ámbalas dúas temáticas.
Durante a semana todos os cursos traballaron a poesía relacionada coa chegada da primavera, as árbores, plantas e natureza en xeral.
A continuación presentamos o Mural Colectivo realizado con poemas ilustrados:
O alumnado de 5º de Infantil traballou o poema "O cuco" de Manuel María e representáronno con figuriñas de plastilina. O produto final é o seguinte vídeo:
Deixamos tamén un enlace a unha recompilación sobre a temática da naturela na obra de Manuel María:
Este ano, ao igual que o curso pasado por mor da pandemia, non faremos celebración conxunta por iso fixemos unha lista de reprodución no noso canal de youtube en relación coas árbores, auga e poesía para recordar as anteriores celebracións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario