9/10/14

Poñemos en marcha as MOCHILAS VIAXEIRAS


Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura.
A mochila viaxeira permitirá levar libros á casa para compartilos coa familia: ese conto que tanto nos gustou, ese libro de poemas que ten palabras fermosas, as imaxes dun libro que tanto me abraiaron, esa música que fai bailar ás pedras, unha película, un libro que fala do tema que andamos a estudar...

A mochila viaxeira está pensada para que, desde a Biblioteca Escolar, se poida organizar unha actividade que implique ás familias, e así proporcionar un motivo de encontro entre os distintos membros desta, tomando como motivo o mundo dos libros e da lectura.
A mochila é o soporte que permite aos rapaces e rapazas levar á súa casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola na súa labor común para a formación dos lectores máis novos.

A fórmula para decidir quen se leva a mochila para a casa será variada: unhas veces por orde alfabética outras por sorteo ou por orde de petición...
En canto á periodicidade non sobrepasará dunha semana, tamén dependerá do número de alumnos e alumnas do curso.

No que solicitamos a colaboración das familias para expresar o que observan con respecto aos hábitos de lectura dos seus fillos ou fillas, a súa opinión sobre a actividade, as súas propostas de mellora..

7/10/14

Un fermoso libro

Acaba de chegar á BIBLIOSOÑOS este fermoso libro: La pequeña oruga glotona de ERIC CARLE, en formato  mini desplegable.






1/10/14

Unha cita moi especial

V Xornadas de Bibliotecas Escolares

 Está aberto o prazo de inscrición para as V XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, que se organizan para os vindeiros 7 e 8 de novembro de 2014, en Santiago de Compostela (Pazo de Congresos).

17/9/14

Comezamos!!!

Co inicio do novo curso damos comezo tamén ás actividades na Bibliosoños.
Na presentación podemos ver a 1ª das moitas exposicións de libros que imos facer ao longo do curso.
Neste caso trátase dunha pequena mostra de libros que nos falan sobre a ALIMENTACIÓN, que é o tema do Proxecto Integrado de Dinamización (P.I.D.) no que imos a traballar este curso.

2/9/14

3/7/14

Actividade Final do Obradoiro de Teatro

Vídeo da representación teatral "PASATEMPOS" do autor e director Vicente Míguez, profesor do centro e responsable do Obradoiro de Teatro (Actividade Extraescolar do Centro).

1/7/14

Publicación na revista EDUGA

Microrrede da Mariña, dinamizando as comunidades educativas a través da literatura

Coa entrada no PLAMBE (Plan de mellora de Bibliotecas Escolares) de moitas das bibliotecas escolares de Viveiro, xorde a idea de formar unha microrrede de traballo colaborativo, co fin de sumar esforzos, xuntar propostas, interrelacionarnos, intercambiar experiencias lectoras e, sobre todo, levar a cabo un proxecto anual común que incida sobre todas as comunidades educativas e fomente a relación e o peso da literatura en familia, implicándoas no hábito lector.



Marta Pérez Lage, coordinadora da biblioteca do CEIP Pedrosa Latas
Carmen Ferreiro Maseda, integrante do grupo de biblioteca do EEI San Roque
Genma Rego Rouco, coordinadora da biblioteca do EEI San Roque
M.ª del Pilar Sánchez Veiga, coordinadora da biblioteca do CEP Lois Tobío
María Rolle Insua, coordinadora da biblioteca do CEIP de Covas
Susana Quintela Díaz, coordinadora da biblioteca do IES María Sarmiento
M.ª Luz Iglesias López, integrante do grupo de biblioteca do CEIP Pedro Caselles Rollán
Carolina Mariño García, integrante do grupo de biblioteca do IES Vilar Ponte

20/6/14

I milla correndo polo galego

Para rematar o curso ímonos todos e todas a correr!!!



19/6/14

Representación teatral no colexio

O Obradoiro de Teatro que dirixe o profesor Vicente Míguez puxo en escea na mañá do xoves, 19 de xuño, a obra PASATEMPOS, tamén da súa autoría.
Os alumnos e alumnas fixéronno moi ben; a obra facía un percorrido pola historia con momentos moi divertidos. Pasámolo estupendamente!!!


18/6/14

Excursión fin de curso do 2º ciclo

E, por fín, os alumnos e alumnas do 2º ciclo, xunto cos seus titores, Paco e Beatriz, tamén fixeron a excursión de fin de curso o mércores, 18 de xuño.
Fixeron un percorrido dende Celeiro ata Ortigueira pasando por Bares e San Andrés de Teixido.
En Bares visitaron o faro, os muiños e o porto; pasaron por San Andrés de Teixido e a Garita de Herbeira para rematar na praia de Mourozos en Ortigueira.
No seguinte vídeo podemos ver unha reportaxe fotográfica da súa viaxe:

Mariñeiros por un día

Na mañá do mércores, 18 de xuño, os alumnos e alumnas de 1º ciclo, xunto cos seus titores, Eduardo e Angélica, participaron da actividade que patrocina a Confraría de Pescadores de Celeiro.
MARIÑEIROS POR UN DÍA

17/6/14

"Temos moito que contar"

Presentamos unha actividade moi colaborativa, feita por case todo o alumnado e profesorado do colexio.
A iniciativa parte do Equipo de Normalización Lingüística en colaboración coa Biblioteca Escolar; trátase dun TELEXORNAL: "Temos moito que contar", no que se informa das diferentes actividades que levamos a cabo no noso colexio durante este curso.
Os presentadores principais (Inés e Antón de 2º curso) van dando paso aos diferentes reporteiros e reporteiras que nos van contando todo o acontecido:
  • Os nenos e nenas de 4º e 5º de infantil informan sobre o tempo.
  • Os de 6º de infantil dannos conta do transatlántico que chegou ata Celeiro.
  • Os de 1º curso de primaria fan unha reportaxe sobre os libros antigos que expuxeron na súa aula co gallo o Día do Libro.
  • Os de 2º curso informan sobre os proxectos "O Antigo Exipto", "O Río Landro" e sobre traballos medioambientais levados a cabo no horto escolar e o Día da Árbore e da Auga.
  • Os de 3º curso dan conta das visitas que tivemos.
  • Os de 4º curso entrevistan a dúas persoas relacionadas co Clube de Remo de Celeiro.
A continuación podemos ver o vídeo que recolle todo o TELEXORNAL


16/6/14

Tapas e Tapóns

Hoxe fixemos unha foto colectiva de todo o colexio, xunto coas tapas e tapóns que xuntamos durante este curso, en total uns 600 kilos.
Este curso todo o recadado irá para a axuda de nenos con problemas médicos.
Agradecemos a gran colaboración de toda a comunidade educativa con este proxecto e que para o vindeiro curso seguiremos levando a cabo.

MOITAS GRAZAS A TODOS E A TODAS


13/6/14

Excursión Fin de Curso de Infantil

O venres, 13 de xuño, todos os nenos e nenas de Infantil, xunto coas profesoras Cristina, Maricarmen, Ana, Alicia, Marta e o profesor Orlando, viaxamos en autobús ata o Vicedo levando a merenda de media mañá e os cubos e as pas para xogar na praia.
Primero xogamos no parque infantil, logo comemos e bebemos, tomamos un rico xeado e despois fumos ata a praia onde xogamos coa area e recollimos conchiñas...
Pasámolo moi ben e tamén nos portamos xenial!!!


12/6/14

Obradoiro de Teatro

O Obradoiro de Teatro ten previsto facer a súa reprentación o vindeiro sábado, 21 de xuño, ás 8 da tarde na "Casa do Forno" de Celeiro.
A obra leva por título PASATEMPOS e o autor e director da mesma é o profesor Vicente Míguez.
Todos os alumnos e alumnas traballaron moito durante o curso para ofrecernos unha boa representación teatral, están moi ilusionados por actuar para as súas familias e público en xeral.
Boa sorte!

11/6/14

Entrega de Premios: Concurso de Carteis MERLUZA

Onte, martes 10 de xuño, na Praza do Naufrago de Celeiro tivo lugar á entrega de premios do 

 “IV CONCURSO DE CARTEIS PARA A FESTA DA MERLUZA DE CELEIRO”
 e do
 "II CONCURSO INFANTIL DE DEBUXO"
Os gañadores foron: 
  • Germán Paleo Navarro (O seu cartel publicitará a FESTA DA MERLUZA DO PINCHO DE CELEIRO 2014)
  • Lucía Alonso Cora (Gañadora Infantil de Debuxo)
  • MENCIÓN ESPECIAL para os alumnos de 2º de primaria e 6º de infantil do CEIP antonio Pedrosa Latas de Celeiro.

10/6/14

Inspección do Río Landro

Dentro do Proxecto Ríos: "O Río Landro no Concello de Viveiro", levamos a cabo unha actividade moi interesante, tanto para o alumnado coma para o profesorado.
Na mañá do martes, 10 de xuño, e despois de aplazalo en tres ocasións por mor da choiva, os alumnos e alumnas do 3º ciclo, xunto cos profesores Antonio, Tina e Marta, fumos cara o Val do Naseiro a inspeccionar o Río Landro no treito onde se leva a cabo a Romaría do Bo Xantar.
Paco Bañobre, da Asaciación Ecolóxica ADEGA, foi o encargado de guiarnos e ensinarnos todo o relacionado coa vexetación, flora e fauna dos ríos e concretamente a do Río Landro.
Recordamos o nome de moitas árbores que nacen ao pé dos ríos, dos insectos, aves, réptiles, anfibios e demáis animais que habitan nestas augas.
Paco foi o encargado de meterse no río e recoller mostras de animais para logo nós poder observalas e clasificalas por familias; tamén analizamos o PH da auga, a temperatura...

Unha vez vistas as características do Río Landro chegamos á conclusión de que está en moi bo estado.
Seguiremos aprendendo moitas cousas máis sobre os ríos e no vindeiro curso seguiremos inspeccionando o mesmo para concienciarnos de que é necesario coidar a nosa natureza.


8/6/14

Excursión fin de curso do 3º ciclo

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso fixeron a súa viaxe de fin de curso o 4, 5 e 6 de xuño, xunto coas profesoras Tina e Marta.
Viaxaron ata Ocero en Leon, onde se albergaron no Centro de Turismo Rural "EL ARBEDAL".
Alí esperábannos as monitoras Rebeca, Carmen e Sara quenes, xunto cos propietarios e a súa filla Lucía, dispostos con un montón de actividades para que o pasaran estupendamente.
O primeiro día coñeceron as instalacións e fixeron a actividade "En busca da merenda perdida", rocódromo, piscina e velada co xogo de "Rommel e Montgomery".
O segundo día era o turno para practicar cos buggies, paintball e facer pan, xogar ao fútbol con veas acendidas, presentar as cancións dos grupos e gran festa de despedida con moito baile.
O terceiro día viaxamos ata AS MÉDULAS, pasamos polo Cebreiro, pero como chovía moito non poidemos visitar as "pallozas" nin o Museo Etnográfico do Cebreiro.
Foi unha viaxe de fin de curso excepcional!!!
Podemos ver uns vídeos que resumen todas as actividades que fixemos.

5/6/14

Día Mundial do Medioambiente

Cada 5 de xuño celebramos este día tan importante, aínda que nós sabemos que todos os días do ano son bos para coidar e manter limpo o noso medio.
Durante o curso facemos moitas actividades para concienciarnos e aprender...
No vídeo podemos ver un resumo das mesmas:


3/6/14

Participamos en BRINQUEDIA

O colexio de Celeiro en Brinquedia.
Máis de 400 nenos e nenas pertencentes a centros escolares, ANPAS e asociacións culturais de Lugo e A Coruña competiron no campo de fútbol de Cabreiros este sábado no VIII Encontro de xogos tradicionais que organiza Brinquedia, unha actividade itinerante que desenvolve esta Asociación por todo Galicia para recuperar trinta xogos que eran de fondo arraigo no país. Ao remate da xornada todos os participantes recibiron agasallos.
Polo San Martiño, Brinquedia organiza ademais cada 11 de Novembro, e a nivel escolar, o Día do Trompo (peonza), unha actividade de asistencia masiva que chegou a reunir na última edición a doce mil participantes.
Vinte e un nenos e nenas do colexio de Celeiro, acompañados de nove pais e dous profesores do centro celeirés participaron neste Encontro que resultou unha exitosa experiencia a repetir.
Os pais portáronse ben, as nais, de marabilla, e nenos e nenas, SOBRESAINTE!!!

2/6/14

1º ciclo na saída de Fin de Curso

O venres, 30 de maio, os alumnos e alumnas de 1º e 2º curso de primaria, xunto cos profesores: Eduardo, Angélina e Lupe, fixeron a Excursión de fin de Curso á Cidade de Mondoñedo, onde fixeron moitas actividades...
A continuación podemos ver o vídeo das moitas fotos que fixeron!!!



 

26/5/14

Actuación do coro do colexio

O mércores, 28 de maio, ás 19:30 horas, na CASA DO FORNO, vai actuar o coro do colexio como peche da actividade extraescolar na que moitos nenos e nenas, dende 3º a 6º curso, participaron durante este curso 2013-2014.
A este acto están invitados as familias e todos aqueles que desexen compartir uns momentos musicais...

22/5/14

Participamos no II Concurso de Vídeos de Voz Natura

O Centro vai participar no II Concurso de Vídeos de Voz Natura co seguinte vídeo: "Saída de Infantil e 1º ciclo ao Souto da Retorta.

Para votar hai que entrar no facebook de Voz Natura e votar dende aí.
Prazo para votar: dende o 23 maio do 2014 ás 10.15 horas
ata o 4 de xuño do 2014 ás 12.00 horas Comunicación do gañador: 6 de juño do 2014

Para o Centro é moi importante a vosa colaboración, posto que gracias aos vosos traballos é posible a participación en Voz Natura.
É moi sinxelo e conseguimos moito!!!.

16/5/14

Un día con moita celebración...

Mañá sábado, día 17 de maio celebránse as LETRAS GALEGAS, por iso nós hoxe imos adiantar esta celebración que, coma en anos anteriores, unimos tamén á celebración dos MAIOS.
Nas clases faremos traballos sobre o persoeiro homenaxeado, XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, pero despois do recreo faremos actividades conxuntas: 
  • Os alumnos e alumnas de 6º curso vannos a facer unha presentación sobre a vida e obra de Díaz Castro 
  • Despois contaremos coas actuacións dos avós MARIÑEIROS e o coro SONS DE CELEIRO, dirixidos por Daniel Caxete. 
  • Nós tamén cantaremos unhas cancións sobre OS RÍOS e remataremos cantando todos xuntos "A saia da Carolina".
Pero as nosas actividades non rematan aquí pois á tarde, o Coro do Colexio, terá a oportunidade de cantar na Clausura da Exposición "De aqueles contos...novos finais".

15/5/14

Actividades durante a Exposición en Viveiro

A Exposición conxunta dos Centros Educativos do PLAMBE A Mariña está tendo un gran éxito con moita asistencia a todas as actividades que podemos seguilas 

12/5/14

Érase unha vez...

Rematamos o noso Gran Libro dos contos clásicos.
Este traballo pertence ao proxecto das Bibliotecas do PLAMBE A Mariña.
Por terceiro ano consecutivo levamos a cabo esta actividade en común, nesta ocasión baixo o título:
"De aqueles contos...a novos finais"
No noso centro traballamos seis contos clásicos:
  • Os lobo e os tres porquiños
  • Os fabóns máxicos
  • Carapuchiña Vermella
  • Os músicos de Bremen
  • A casiña de chocolate
  • O Mago de Oz
  • O traxe novo do Emperador
Primeiramente cada neno ou nena prepararon en familia a lectura do conto seleccionado, buscáronlle un novo final e fixéronlle unha ilustración.
Posteriormente nas aulas preparáronse unhas portadas e follas de presentación para...
Finalmente presentar todos os traballos nun GRAN LIBRO que levaremos á Exposición conxunta no Concello de Viveiro.
No seguinte vídeo podemos ver estes traballos:

8/5/14

Xa se acercan as LETRAS GALEGAS

No rincón das Exposicións xa temos a unidade didáctica e as láminas-carteis que nos envía a Secretaría Xeral de Política Lingüística con ocasión do Día das Letras Galegas 2014, que este ano se lle adican a XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO.
Os gañadores deste ano foron:
  • "Esmeralda" do CEIP Plurilingüe de Lagostelle de Guitiriz, na categoría de Infantil e Primaria.
  • "Sombras radiantes" do IES Perdouro de Burela, na categoría de Educación Secundaria e Bacharelato.

5/5/14

Outra actividade sobre o Proxecto Ríos

O venres, 2 de maio, os alumnos e alumnas de 3º e 4º curso, xunto coas profesoras Beatriz, Rosa, Virginia e o profesor Paco, subiron á Serra do Xistral chegando á  parroquia do Viveiró no Concello de Muras en busca no nacemento do Río Landro.

Nas seguintes presentacións podemos ver fotos que nos amosan unha magnífica paisaxe e son recordo da aprendizaxe deste día tan estupendo!




2/5/14

Actividade de Voz Natura e Proxecto Ríos

Esta actividade estaba programada para o 23 de abril pero co mal tempo non poidemos facela ata o día de hoxe.
Visitamos o Souto da Retorta en Chavín e vimos o Río Landro.
Participaron o alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria, xunto co profesorado dos diferentes cursos: Ana, Maricarmen, Cristina, Eduardo, Angélica e as especialistas Eva, Lupe, Alicia e Marta.
Tivemos unha mañá con moi bo tempo e aprendimos moitas cousas. Pasámolo estupendamente!!!

30/4/14

Traballos de creación propia

Para traballar sobre o Proxecto Ríos, o profesorado de Educación Infantil preparaou uns libriños especiais no que Rufo, a mascota da Biblioteca, é o fío conductor.

28/4/14

Participantes no Encontro Fotográfico

No mes de febreiro convocamos un Encontro Fotográfico sobre o RÍO LANDRO, ao mesmo presentáronse os seguintes participantes:
  • Antonella Danut e Ana Rodríguez de 4º Infantil
  • Diego Fernández de 5º Infantil
  • Mar Vale, Iker Díaz, Pedro Gil, Cristina Pérez e Carla Rodríguez de 6º Infantil
  • María Lago, Candela Villarmea, Tábata Fernández, Elena Serrano, Julia García e Brais Álvares de 1º curso
  • Luis Fernández e Antón Martínez de 2º curso
  • Ainhoa Riveira, Iago Leal, Carlota Fernández e Cristina Martínez de 3º curso
  • Ainhoa Villarmea de 4º curso
  • Álvaro Fernández, Ana Otero, Laura Ventura e Diego Martínez de 5º

23/4/14

Entrega do Premio Miguel de Cervantes

Elena Poniatowska recibe no Día do Libro o Premio  Miguel de Cervantes 2013.

El Premio de Literatura en Lengua Castellana Miguel de Cervantes es el máximo reconocimiento a la labor creadora de escritores españoles e hispanoamericanos cuya obra haya contribuido a enriquecer de forma notable el patrimonio literario en lengua española.


Discurso íntegro de Elena Poniatowska al recoger el Premio CERVANTES

Actividades na Bibliosoños

Con motivo da Celebración do Día do Libro, na Bibliosoños fixemos a "LECTURA DEL QUIJOTE", un proxecto que está levando a cabo José Antonio Abella, avó da alumna Iria Basanta de 6º curso, baixo o título:

 Alumnos e alumnas de 3º, 4º , 5º e 6º curso leron parte do Capítulo VII da 2ª parte de "El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha" de Miguel de Cervantes Saavedra.
José Antonio Abella Albo é veciño de Celeiro, gran colaborador no eido cultural tanto no Concello de Viveiro coma en toda A Mariña.
Os seus vídeos podémolos visualizar a través da súa páxina en YOUTUBE.

Tamén pasaron pola Bibliosoños os alumnos e alumnas de Infantil para ter unha Sesión de Formación de Usuarios, na que se lles explicou a función da Biblioteca no Centro, a situación dos seus libros preferidos, as partes dun libro... para rematar coa visualización da selección duns vídeos especiais para eles.

Celebración moi importante

Cada 23 de abril celebramos o DÍA DO LIBRO.
NESTE ENLACE TEMOS MÁIS INFORMACIÓN

O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes e Shakespeare. Tamén nun 23 de abril naceron - ou morreron - outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a insubstituíble contribución dos creadores ao progreso social e cultural.

A idea orixinal da celebración do Día do Libro partiu de Cataluña, do escritor valenciano Vicente Clavel Andrés, propoñéndoa á Cámara Oficial do Libro de Barcelona en 1923 e aprobada polo rei Alfonso XIII de España en 1926. O 7 de Outubro de 1926 foi o primeiro Día do Libro, pouco despois, en 1930, instáurase definitivamente a data do 23 de abril como Día do Libro, onde este día coincide con Sant Jordi - San Jorge, patrón de Alemaña, Aragón, Bulgaria, Cataluña, Etiopía, Xeorxia, Grecia, Inglaterra, Líbano, Lituania, Países Baixos, Portugal, Eslovenia e México, e é tradicional que os namorados e persoas queridas se intercambien unha rosa e un libro.

22/4/14

En homenaxe a Gabriel García Márquez

http://cvc.cervantes.es/actcult/garcia_marquez/default.htm
O xoves, 17 de abril, falecía GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ.

Nós, dende a Bibliosoños queremos rendirlle a nosa máis humilde homenaxe.

10/4/14

Viaxe Cultural do 2º ciclo

O mércores, 9 de abril, os alumnos e alumnas de 3º e 4º curso, acompañados dos seus profesores Paco e Beatriz,  fixeron a viaxe cultural programada para este curso: Visita á capital da provincia, LUGO.
A primeira parada foi ao nacemento do RÍO MIÑO.
Visitamos tamén o MUSEO PROVINCIAL.
Paseamos pola MURRALLA.
Percorrimos as rúas ata chegar á CATEDRAL.
Comida e tempo de xogo no PARQUE ROSALÍA DE CASTRO.
De volta á casa paramos a merendar no PASEO FLUVIAL DE VILALBA.

Aprendemos moitas cousas e pasámolo moi ben!

8/4/14

Un día moi especial

Esta actividade estaba programada para o  mércores, 21 de marzo para celebrar o Día da Árbore e da Poesía, pero como estivo moi mal tempo non poidemos saír a carón das nosas árbores  ata o día de hoxe.
Cada curso apadriñou unha árbore e lle adicou unha poesía. Os traballos feitos podémolos ver no seguinte enlace:

APADRIÑAMOS AS NOSAS ÁRBORES

7/4/14

Visita especial

No día de hoxe tivemos a sorte de poder contar coa visita especial de Juan Antonio Fernández Vázquez, membro da Asociación "OS NEGATIVOS".
http://osnegativosviveiro.blogspot.com.es/

Deunos unha charla informativa sobre como facer fotos e compoñer as mesmas para sacarlles o mellor resultado.
A actividade está relacionada co Encontro Fotográfico que imos realizar a través do Proxecto Ríos: "O Río Landro no Concello de Viveiro" e tamén coa "Semana da Arte na Mariña"

2/4/14

No Día do Libro Infantil e Xuvenil

Había unha vez unha sirenita, un patito feo, un emperador que camiñaba nu ante os seus súbditos. E unha vez, hai douscentos nove anos, naceu en Odense, Dinamarca, un escritor de nome Hans Christian Andersen.

Viaxeiro empedernido, dunha imaxinación desbocada e unha orixe humilde, creou poemas, obras de teatro e novelas, pero foron os seus contos infantís os que lle deron recoñecemento mundial.

Comezo do artículo escrito por  MARIO A. DUQUE CARDOZO