9/10/14

Poñemos en marcha as MOCHILAS VIAXEIRAS


Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura.
A mochila viaxeira permitirá levar libros á casa para compartilos coa familia: ese conto que tanto nos gustou, ese libro de poemas que ten palabras fermosas, as imaxes dun libro que tanto me abraiaron, esa música que fai bailar ás pedras, unha película, un libro que fala do tema que andamos a estudar...

A mochila viaxeira está pensada para que, desde a Biblioteca Escolar, se poida organizar unha actividade que implique ás familias, e así proporcionar un motivo de encontro entre os distintos membros desta, tomando como motivo o mundo dos libros e da lectura.
A mochila é o soporte que permite aos rapaces e rapazas levar á súa casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola na súa labor común para a formación dos lectores máis novos.

A fórmula para decidir quen se leva a mochila para a casa será variada: unhas veces por orde alfabética outras por sorteo ou por orde de petición...
En canto á periodicidade non sobrepasará dunha semana, tamén dependerá do número de alumnos e alumnas do curso.

No que solicitamos a colaboración das familias para expresar o que observan con respecto aos hábitos de lectura dos seus fillos ou fillas, a súa opinión sobre a actividade, as súas propostas de mellora..

No hay comentarios: