Dende 1981 celébrase o Día Mundial da Alimentación o 16 de outubro, data que se escolleu por ser o día en que se fundou a FAO, Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación, en 1945.
A
alimentación é a base sobre a que se sustenta o noso organismo e polo
tanto a nosa saúde, non debemos descoidar os nosos hábitos, comer 5
veces ao día, equilibradamente, sen esquecer as 5 porcións entre froitas
e hortalizas. É importante que a poboación teña unha educación en
materia de nutrición, por iso "5 ao día" céntrase nos máis pequenos,
para que dende unha idade temperá coñezan as bondades das froitas e as
hortalizas.
Sendo hoxe o Día Mundial da Alimentación
temos que tomar conciencia da importancia que ten esta na nosa saúde. A
Organización Mundial da Saúde (OMS)
advirte que todos os países deben actuar de forma máis decidida,
fomentando a actividade física e unha alimentación sa, incluíndo as 5
porcións entre froitas e hortalizas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario