O equipo de traballo formado por Antía, María, Julia, Ana e Candela gravaron o PROGRAMA DE RADIO NA BIBLIO NÚMERO 4 co tema do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
No vídeo podemos ver "COMO O FIXEMOS" e tamén podemos escoitar o audio.
Recordade que atoparedes todo o relacionado coa RADIO NA BIBLIO na seguinte páxina especial
Durante esta semana, o alumnado de 3º curso de Primaria, nas sesión da Hora de Ler, realizou un Apadriñamento Lector que consistiu na dramatización do conto "Os nós da rede" de Sara Cone Bryant (adaptación de Xosé Lueiro).
Tamén cantaron a canción "O mariñeiro Malapata" (Letra de Gloria Fuertes e Música de Xosé Lueiro).
De luns a mércores foron polos cursos de Primaria e o xoves fixeron o apadriñamento para o alumnado de Infantil na Biblioteca.
A semana da Prensa na escola axuda aos alumnos a comprender o universo da prensa. Favorece o exercicio da lectura comparada das informacións e desenvolve o espírito crítico.
Tamén se contribúe ao reforzo da lectura e da escritura. Ao mesmo tempo, ao largo da semana, trátase de amosar a gran variedade dos medios de
información: prensa escrita, cotiá ou revistas,
estacións de radio públicas ou privadas, canles de televisión nacionais
ou rexionais, novas redes de información e a prensa realizada polos
mozos.
OBXECTIVOS A TRABALLAR
Fomentalo uso da prensa na aula.
Descubrir a diversidade dos medios de información.
Incitar aos alumnos a lela prensa utilizando varias fontes e soportes de información.
Saber de onde veñen as informacións producidas e difundidas polos medios.
Situar no espacio e no tempo, os acontecementos que marcan a actualidade.
O alumnado de 6º de Primaria, na área de Plástica coa profesora Rosa, está a traballar o diseño gráfico nos diferentes envases, por iso oportunamente, Vicente e Carlos, lles deron unha charla moi interesante:
Unha pouca de historia sobre a importancia das conservas ao longo da historia.
A chegada das conserveiras a Galicia e concretamente sobre a industria conserveira en Celeiro.
A historia sobre as latas de conservas, a súa decoración e simboloxía.
Amosáronlles diferentes follas de lata cos diferentes diseños ao longo do tempo.
Todo o alumnado participou con gran interese na pequena charla informativa e seguro que tomaron boas ideas para logo realizar os seus propios traballos de deseño gráfico na área de Plástica.
Dende o Centro queremos agradecer a Vicente e a Carlos a súa labor na charla informativa pois todo o alumnado disfrutou da "clase especial recibida".
O venres, 1 de marzo, celebramos a nosa tradicional festa de Entroido.
Desfile polas rúas do Chao (ás 11:30 horas)
con disfraces relacionados co mundo dos bosques e montes: flora e fauna
galega ou personaxes fantásticos (fadas, trasnos, santa compaña, ananos,
bruxas...), tamén houbo leñadores e corredoras da CAMOVI.
A continuación chocolatada con larpeiradas antroideiras no patio do colexio
O alumnado de Valores de 6º curso, Tábata, Julia, Carmen e Bryan, realizaron un programa especial adicado a Rosalía de Castro coas seguintes propostas:
Semblanza da poeta
Entrevista ás mestras Angélica, Patricia e Marta
Entrevista ao alumnado
Entrevista ás familias e veciños do Chao
Seguimos á espera do material técnico especial para poder traballar con máis recursos, pero non quixemos perder a oportunidade de dedicarlle este pequeno traballo a ROSALÍA DE CASTRO.
O alumnado de 6º curso convocou un concurso de ideas para buscar un nome e un logo para a RADIO NA BIBLIO.
O equipo encargado desta actividade colocou os traballos presentados e elixiron 3 semifinalistas en cada apartado. O seguinte paso será elixir un gañador ou gañadora.
Na seguinte presentación podemos ver todos os traballos.
Estamos a preparar as dúas celebracións inmediatas:
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO e o ENTROIDO
O venres, 22 de febreiro, como en anos anteriores, a partir das 12:00 horas, sairemos á Praza do Chao a celebrar o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro), faremos:
Desfile con pancartas, seguindo a proposta da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)
VIUDA DOS VIVOS VIUDA DOS MORTOS do libro Follas Novas
Na páxina especial de ROSALÍA DE CASTRO atoparemos moita máis información.
O venres, 1 de marzo, celebraremos a nosa tradicional festa de Entroido.
Desfile polas rúas do Chao (ás 11:30 horas) con disfraces relacionados co mundo dos bosques e montes: flora e fauna galega ou personaxes fantásticos (fadas, trasnos, santa compaña, ananos, bruxas...)
A continuación chocolatada con larpeiradas antroideiras
Bailes e cancións.
Durante a semana do luns 25 ata o xoves 28 seguiremos os mandatos do MECO.
No blog do ENTROIDO podemos ver moita máis información.
No ano 2013 a ONU aprobou a proclamación da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación de Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os
obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de
comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de
tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da
radio; así como mellorar as redes e a coperación internacional entre os
organismos de radiodifusión."
Este ano celébrase co lema: "Diálogo, tolerancia e paz".
No noso colexio, o grupo de traballo formado por Alejandro, Pablo A., Antía, Martina, Julia, María e Candela, foron os encargados da realización do programa de radio conmemorativo. Podemos velo na páxina especial da RADIO NA BIBLIO:
CLICA NA IMAXE
DURANTE A HORA DE LECER, NO PATIO DE RECREO, ESCOITAMOS OS PROGRAMAS DE RADIO NA BIBLIO
O 11 de febreiro é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. A iniciativa 11 de Febreiro promove a realización de actividades que, visibilizando o labor das científicas, conmemoren este día, fomenten vocacións científicas nas nenas e axuden a pechar a brecha de xénero en ciencia.
MÁIS INFORMACIÓN NO BLOG DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
O sábado, 9 de febreiro, no Concello de Viveiro, tivo lugar a entrega de premios de Poesía de NADAL, coas concelleiras de Cultura e Educación Isabel e Lara e o Teniente Alcalde Jesús Fdez.
O alumno do noso colexio, Diego Fernández Bermúdez de 4º de Primaria, foi premiado e por elo, dende a Bibliosoños, queremos felicitar á súa familia e tamén a el polo traballo e esforzo. NORABOA!!!
Na mañá do xoves, 7 de febreiro, alumnado de Infantil, 1º e 2º curso de Primaria, do noso colexio participou na gravación dunha sección do porgrama da TVG Fun polo aire, que se emite polas tardes.
Fixeron a gravación na Biblioteca do colexio coa reporteira Nuria Castro e o cámara Marcos Sarmiento.
O programa seguramente xa se emitirá na tarde do venres 8 de febreiro e tamén estará colgado na páxina da CRTVG.
Na páxina RADIO NA BIBLIO, que atoparedes na marxe esquerda do blog insertaremos todo o relacionado coa nosa Radio Escolar e outras seccións importantes da nosa biblioteca.
Estes días, o alumnado de 6º curso, están a gravar o PROGRAMA "0" que en breve subiremos tamén ao blog.
Cabe destacar deste programa que fan unha convocatoria de concurso de ideas para buscar un nome e un logo para a nosa RADIO.
As bases repartiranse polas aulas e tamén informarán o alumnado encargado desta sección.
Dende aquí avanzamos que se establecen 3 categorías:
Infantil
1º, 2º e 3º curso
4º, 5º e 6º curso
O nome e o logo terá que estar relacionado coa biblioteca e coa radio escolar.
O alumnado de 4º curso, na Hora de Ler e a través do proxecto de lectura dixital ELBE.2, están a ler o libro "Contos por palabras" de Agustín Fernández Paz.