- Páxina principal
- Web CEIP de CELEIRO
- FORMACIÓN DE USUARIOS
- CANCIÓNS E CONTOS NA BIBLIOSOÑOS
- TRABALLOS DE CREACIÓN PROPIA
- APADRIÑAMENTOS LECTORES
- ITINERARIO LECTOR
- ACTIVIDADES DEPORTIVAS NO COLEXIO
- ACTIVIDADES MUSICAIS
- Páxina do colexio MICRORREDE A MARIÑA
- ACTIVIDADES EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL
- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
- ESPAZO ABALAR
- BIBLIOTECA VIRTUAL DA BIBLIOSOÑOS
- Rede Lectura Compartindo libros e lecturas
- ACTIVIDADES PARA O VERÁN
- EDUGA (Revista Galega do Ensino)
- BOLETÍN INFORMATIVO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
- Xornal "O PAPAGAIO"
- ESCRITORES VIVEIRENSES
- RECONMENDACIÓNS LECTORAS
- PÁXINAS DE RECURSOS DO COLEXIO
- VAI DE CONTOS...
- Proxecto: CONTOS E CANTOS
Visitas ao blog
26/3/21
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Hans Christian Andersen, foi o creador dalgúns dos contos clásicos infantís máis lidos en todo o mundo como o Patito Feo, Pulgarcita, o Soldado de Chumbo ou a Sirenita e que tamén foron levados ao teatro e á gran pantalla.
Para conmemorar esta data realizamos dous vídeos que recollen dous contos:
"Alicia no país das marabillas"de Lewis Carroll (Alumnado de 4º de Primaria)
"Os músicos de Bremen"dos Irmáns Grimm (Alumnado de 3º de Primaria)
Estes traballos forman parte do proxecto "CONTOS E CANTOS" que levamos a cabo dentro da dinamización da Biblioteca Escolar e da Lingua Galega coa colaboración especial das titoras Xulia e Rosa e a profesora de Música.
22/3/21
RADIO NA BIBLIO: Poesía, árbore e auga
Programa de RADIO NA BIBLIO realizado por: Patrik (técnico de son), Andrés, Angel, Yeray e Sara.
Trataremos os seguintes contidos:
• Andrés contaranos as últimas noticias sobre Marte
• Angel o Día da árbore
• Yeray o Día da auga
• Sara do Día da Poesía e de como o celebramos no colexio
• Escoitaremos as seguintes cancións:
- A margarida branca, cantada polo alumnado de 6º de Infantil
- Verdes, verdes, cantada polo alumnado de de 2º de Primaria
- Árbores da fraga, cantada polo alumnado de primaria.
19/3/21
TRABALLOS SOBRE AS ÁRBORES E A POESÍA
O 21 de marzo ten doble celebración: Día das Árbores e Día da Poesía, por iso no colexio sempre relacionamos ámbalas dúas temáticas.
Durante a semana todos os cursos traballaron a poesía relacionada coa chegada da primavera, as árbores, plantas e natureza en xeral.
A continuación presentamos o Mural Colectivo realizado con poemas ilustrados:
16/3/21
Preparando as seguintes celebracións
Os días 21 e 22 de marzo son unhas datas que no noso colexio temos sempre presente:
- O día 21 (domingo) será o DÍA DA ÁRBORE e tamén o DÍA MUNDIAL DA POESÍA
- O día 22 (luns) será o DÍA MUNDIAL DA AUGA
No colexio temos un blog especial dedicado á POESÍA:
Tamén temos unha páxina que recolle todo o que realizamos en torno ao día da árbore e da auga
Durante esta semana estamos levando a cabo actividades complementarias relacionadas con estas datas e que unha vez finalizadas publicaremos no blog.
EXPOSICIÓN DE LIBROS E TRABALLOS
9/3/21
MÁIS TRABALLOS PARA O DÍA DA MULLER
TRABALLOS DE INFANTIL
TRABALLOS DE PRIMARIA
4º, 5º e 6º
O alumnado de 6º de Primaria realizou un xogo de procura de información sobre varias Mulleres Trans que traballaron a prol da IGUALDADE.
4/3/21
TRABALLOS REALIZADOS PARA O DÍA DA MULLER
- Ampliación da páxina de recursos:
- Vídeo colectivo en homenaxe ás MATRIARCAS
1/3/21
Imos traballar o Día da Muller
Saímos de Rosalía e agora toca traballar o DÍA DA MULLER antes DÍA DA MULLER TRABALLADORA.
PREME NA IMAXE
PARA ENTRAR NA PÁXINA DEDICADA A ESTA TEMÁTICA
Este curso imos traballar a canción MATRIARCAS de Guadi Galego.
No seguinte vídeo temos a letra e música:
24/2/21
En homenaxe a Rosalía de Castro
Hoxe é o Día de Rosalía de Castro, un día moi especial nos colexios de toda Galicia, por iso deixamos nesta entrada do blog unha presentación que recolle todos os traballos que realizamos durante a semana para recordar a Rosalía e que foron propostos a través dos equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega.
Programa de Radio na Biblio: Especial Rosalía de Castro
A Radio da Biblioteca do CEIP de Celeiro
Con motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro, o alumnado de 6º curso preparou un programa especial dedicado á nosa gran escritora galega.
No programa participa o grupo formado por Nicolás F., Bruno, Helena, Alison e Lía.
Traballaron os seguintes contidos:
- Breve semblanza da súa vida e obra.
- Os poemas que musicamos e cantamos no colexio
- Os diferentes traballos que se realizaron nas aulas durante esta semana: murais, vídeo-libros, marcapáxinas, caligramas con distintos poemas da autora e tamén inventaron acrósticos no nome de Rosalía...
18/2/21
Preparando a Rosalía de Castro
24 de febreiro, Día de Rosalía,
nas Bibliotecas Escolares de Galicia
Na Bibliosoños temos unha páxina especial dedicada a ela
onde atopamos moita información e
tamén recollemos todos os traballos que realizamos por cursos:
PREME NA IMAXE PARA ENTRAR
Tamén cantamos moitos dos seus poemas:
13/2/21
DÍA MUNDIAL DA RADIO
PARA VER E ESCOITAR O PROGRAMA DE
RADIO NA BIBLIO DEDICADO AO
"DÍA MUNDIAL DA RADIO"
12/2/21
ENTROIDO 2021
Este ano non quixemos deixar de "celebrar" a tradicional FESTA DO ENTROIDO, por iso e como mellor puidemos, seguindo as normas de seguridade COVID, non nos faltaron as ganas para seguir os mandatos da MECA e disfrazarnos o venres antes das vacacións do Entroido.
NO BLOG DO ENTROIDO TEMOS MÁIS INFORMACIÓN
VÍDEO COAS FOTOS DO ENTROIDO 2021 NO COLEXIO
11/2/21
11 de febreiro: Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia
COMPARTIMOS O ARTIGO DO BLOG DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da Resolución A/RES/70/212. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas... SEGUIR LENDO
Tamén vos convidamos a entrar na seguinte páxina #NoMoreMatildas e visualizar o seguinte vídeo:
7/2/21
MANDATOS DO MECO
5/2/21
MANDATOS DO MECO PARA O ENTROIDO 2021
Na entrada do cole xa temos preparada a MECA deste ano que nos irá "mandando" o que temos que traer na semana do Entroido.
E ollo ao máis importante!!!: temos que seguir cumprindo as normas sanitarias porque a COVID-19 segue aí...PREPARANDO O ENTROIDO
Os días 15, 16 e 17 de febreiro son as datas do NON Entroido deste ano.
No colexio sempre celebramos estas festas tan populares e pronto vos informaremos dos mandatos do MECO.
Para ir buscando información sobre estas festas fixemos a seguinte presentación:
PREME NA IMAXE
4/2/21
MAIS ACTIVIDADES NA SEMANA PARA A PAZ
A semana pasada non poidemos gravar esta fermosa canción Irmaus do poema de Celso Emilio Ferreiro, interpretada polos nosos nenos e nenas de 6º de Ed. Infantil coa axuda do seu mestre Mario, pero si o fixemos hoxe aproveitando esta fermosa mañá na que nos acompañou o sol.
























