Asistimos na actualidade a importantes
cambios na forma de presentar os textos
e de acceder á súa lectura, coa incorporación
de novos soportes e novos artefactos (lectores
electrónicos, tabletas, e
outros), que cómpre ir
introducindo na biblioteca escolar, co fin de que
o alumnado poida coñecer de primeira man, e
coa orientación do profesorado, os novos soportes.
Porén, a incorporación dos lectores electrónicos nas bibliotecas conleva certa
complexidade, pois a industria editorial e
a industria tecnolóxica está aínda probando soportes e formatos, e procurando
solucións a problemas que se presentan.
Unha das incógnitas por resolver é a mellor fórmula para realizar os préstamos
de lectores e de libros electrónicos no
contexto específico das bibliotecas dos
centros de ensino. Entre tanto, é desexable que o noso alumnado teña acceso a
estes soportes e que o profesorado poida
probar as posibilidades que ofrecen, na
mellora da competencia lectora e no de-
senvolvemento de hábitos de lectura,
ámbolos dous obxectivos do Proxecto
Lector de Centro.
Comezamos a nosa andaina poñendo en marcha este tipo de lectura nos cursos do 3º ciclo.
Na presentación podemos ver a información que recibirán os alumnos e alumnas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario