No mes de abril celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril) e o Día do Libro (23 de abril); no mes de maio As Letras Galegas…
Por iso, dentro do proxecto da Biblioteca Escolar e
en colaboración coas bibliotecas doutros centros da Mariña, como en
cursos pasados (“Lembrando o pasado” e “Unha primavera de poemas”), propoñemos
ás familias a súa participación nunha actividade que leva por título:
“DE AQUELES CONTOS…NOVOS FINAIS”
Esta actividade ten como obxectivo a posta en valor
da LITERATURA CLÁSICA, importante na formación de hábitos lectores, no
desenvolvemento de valores, gustos literarios e tamén no desenrolo da
creatividade como elemento fundamental nunha sociedade en constante cambio.
Por iso enviámosvos o folio cun conto clásico
resumido para que sexa lido en familia e despois de comentado buscarlle un final
novo e diferente, que escribiredes pola parte de atrás xunto coa
realización dunha ilustración ou obra plástica a realizar con técnicas libres
(collage, debuxo, manualidade…).
Cada ano vides presentando
traballos ben bonitos !!!
O traballo entregarase ao titor ou titora á volta das vacacións de Semana Santa;
cos mesmos faremos unha exposición no colexio e na semana do 12 ao 16 de maio,
unha exposición conxunta de todos os centros participantes, na Sala de Usos
Múltiples do Concello de Viveiro. Esta exposición contará con actuacións
variadas dos alumnos e alumnas dos centros e poderá ser visitada polas familias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario