Este fermoso título é o resultado de traducir, por primeira vez ao
galego, a sonada obra de Annie Fellows Johnston (1863-1931), unha
escritora estadounidense nacida en Indiana.
O argumento de The little Colonel, obra escrita no 1895, está
inspirado nunha personaxe real, Cochran Hattie, que a autora coñeceu en
Pewee Valley (Kentucky). A historia, que transcorre na época da Guerra
Civil americana, trata do afastamento entre un vello coronel e a súa
filla, e dos esforzos da pequena “coroneliña” para que se reconcilien.
No hay comentarios:
Publicar un comentario