Durante o mes de maio son moitas e variadas as actividades que levamos a cabo todos os cursos do colexio:
- Exposición de libros dos autores homenaxeados
- Láminas sobre Manuel María
- Traballos dos alumnos e alumnas
- Dramatización "O bigote de Mimí" a cargo dos nenos e nenas de 1º curso
- Presentación en vídeo da canción "Depende de min", con letra, música e coreografía dos profesores do centro.
- Festival especial (venres, 20 de maio) coa participación dos alumnos e alumnas do colexio cantando a canción do MAIO e o coro "SONS DE CELEIRO" dirixido por Daniel Caxete.
- Seguimento da páxina especial adicada a Manuel María na que tamén se recollen as nosas actividades
- Participación no Proxecto da MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA, "Os soños de Manuel María"
No hay comentarios:
Publicar un comentario