26/5/16

Unha dedicatoria moi especial

No noso colexio gústanos moito ver e observar os traballos realizados por outros coles e así foi como chegamos ao COLE DA ARMENTEIRA.
Para traballar as Letras Galegas ilustraron varios poemas de Manuel María, engadíronlle música e efectos de vídeo. O resultado final podemos velo
Os nenos e nenas de 6º de Infantil do CEIP Pedrosa Latas felicitaron o traballo realizado enviándolles uns debuxos e eles en agradecemento fixeron este bonito vídeo


Todo o cole queremos agradecer este fermoso vídeo que nos dedicaron. Moitas grazas e novamente noraboa polos vosos traballos!

1 comentario:

Anónimo dijo...

OLA DENDE CEIP.ARMENTEIRA, ESPERAMOS VEROS POR AQUÍ ALGÚN DÍA, PARA VISITAR O MOSTEIRO, OU FACER A RUTA DA PEDRA E DA AUGA.
SAÚDOS DENDE AS RÍAS BAIXAS