O luns, 24 de febreiro, celebramos o día de Rosalía de Castro. Ese día pasaremos pola Bibliosoños para facer unha celebración máis especial pero, xa levamos días preparando os traballos como este vídeo especial do poema "Pasa, río, pasa, río" do seu libro Cantares Gallegos.
- Páxina principal
- Web CEIP de CELEIRO
- FORMACIÓN DE USUARIOS
- CANCIÓNS E CONTOS NA BIBLIOSOÑOS
- TRABALLOS DE CREACIÓN PROPIA
- APADRIÑAMENTOS LECTORES
- ITINERARIO LECTOR
- ACTIVIDADES DEPORTIVAS NO COLEXIO
- ACTIVIDADES MUSICAIS
- Páxina do colexio MICRORREDE A MARIÑA
- ACTIVIDADES EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL
- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
- ESPAZO ABALAR
- BIBLIOTECA VIRTUAL DA BIBLIOSOÑOS
- Rede Lectura Compartindo libros e lecturas
- ACTIVIDADES PARA O VERÁN
- EDUGA (Revista Galega do Ensino)
- BOLETÍN INFORMATIVO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
- Xornal "O PAPAGAIO"
- ESCRITORES VIVEIRENSES
- RECONMENDACIÓNS LECTORAS
- PÁXINAS DE RECURSOS DO COLEXIO
- VAI DE CONTOS...
- Proxecto: CONTOS E CANTOS
Visitas ao blog
21/2/14
19/2/14
Centenario de Xosé María Díaz Castro
O
mércores 19 de febreiro celébrase o centenario do nacemento do
poeta Xosé María Díaz Castro, a quen este ano se lle adica o Día das
Letras Galegas.
Na Bibliosoños xa temos unha páxina adicada a súa figura e obra, podemos vela neste enlace:
18/2/14
Teatro no colexio
Rincón das Celebracións
Na seguinte presentación de fotos podemos ver o Rincón das Calebracións:
- 21 de febreiro, DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA
- 24 de febreiro, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
- 28 de febreiro, Festa de Entroido no Colexio.
17/2/14
Día Internacional da LINGUA MATERNA
Un ano máis, a Xunta de Galicia e a RDL súmanse á celebración do Día
Internacional da Lingua Materna. Unha celebración que busca lembrarnos o
valor das linguas, independentemente do número de falantes que teñan,
para asegurar a diversidade cultural, contribuír ao coñecemento humano e
potenciar a participación de todas as persoas na construción de
sociedades democráticas.
Cada 21 de febreiro, a UNESCO chama a nosa atención sobre a
importancia de usarmos e transmitírmoslles ás novas xeracións as linguas
autóctonas de cada lugar e, este ano, destaca o seu papel como medios
de acceso ao saber e de produción de coñecemento científico.
A mensaxe do Día Internacional da Lingua Materna 2014 é que todas as
linguas humanas, e por suposto o galego, teñen o mesmo potencial para
seren vehículo de investigación e de divulgación científica.
16/2/14
DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA
Dende o 21 de febreiro de 1952 celébrase o Día Internacional da Lingua Materna, coincidindo coa demanda dun grupo de estudantes en Bangladesh que reclamaba que a súa lingua materna, o Bangla, fose recoñecida como lingua oficial.
Para lembrar a importancia desta data presentámosvos este vídeo de Manuel Bermúdez Blanco, do Equipo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago.
11/2/14
Xuntos podemos facer unha internet mellor
Para traballar en familia
Clica na imaxe para ter máis información
Clica na imaxe para ter máis información
O Día Internacional do Internet Seguro
é un evento que se realiza cada ano no mes de febreiro, co obxectivo de
promover en todo o mundo un uso máis responsable e seguro das
tecnoloxías. Este ano é o 11 de febreiro de 2014.
Debemos reflexionar sobre a relevancia que o Internet ten na nosa vida.
Para logralo, hai varias configuracións e opcións de seguridade que garanten que a información e identidade dixital están no noso dominio.
Debemos reflexionar sobre a relevancia que o Internet ten na nosa vida.
Para logralo, hai varias configuracións e opcións de seguridade que garanten que a información e identidade dixital están no noso dominio.
10/2/14
30/1/14
Vídeos das actividades no Día da Paz
VÍDEO DE FOTOS NA BIBLIOSOÑOS E NO XIMNASIO
VÍDEOS DAS CANCIÓNS E DANZAS
SOLTA DE POMBAS
28/1/14
27/1/14
Mariñeiros por un día
Singradura para escolares
(Crónica de Vicente Míguez)
Dentro da campaña que desenvolve a Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo para achegar o mundo mariñeiro a escolares, este xoves 34 alumn@s do colexio de Celeiro, acompañados de dous profesores, asistiron a unha serie de actividades que lles ocuparon toda a mañá. Inciaron esta particular singradura nas oficiñas de Puerto Celeiro onde un operario da lonxa presentoulles as instalacións e dependencias da rula, detallándolles todo o proceso de comercialización do peixe, dende a descarga ata que se vende. Así mesmo, impartiu un clase práctica de distinción das especies mariñas máis comúns nos portos galegos, unha experiencia que viviron coa entrada no peirao da lancha “Playa de Cillero” que botou as capturas dunha boa marea diante do alumnado; o patrón atendeu ás preguntas plantexadas por algún neno explicándolles o arte de miños e trasmallos cos que faenan algunhas embarcacións de baixura.
Dentro da programación establecida visitaron a planta de viveiros onde gardan o marisco, asistiron a dúas charlas impartidas por Ignacio, que lles presentou o sublift, máquina para izar embarcacións de tonelaxe da baixura cando precisan reparación ou para servizo de mantemento.
Finalmente, no Centro Vicente Gradaílle, dous profesores de Salvamento Marítimo describiron cunha clase práctica as medidas de seguridade abordo así como a secuenciación nos casos de salvamento dunha embarcación.
A Confraría de Celeiro agasallou aos participantes con camisetas, material escolar ademais de información relativa ao mundo do mar,específicamente ao sector pesqueiro.
24/1/14
Pegatina para A PAZ
O xoves, 23 de xaneiro, rematou o prazo de presentación de traballos (debuxos e lema) para o concurso da pegatina que todos os anos facemos para conmemorar o "Día da Paz e Non Violencia".
Houbo moita participación e a elección foi moi difícil. Despois dunha dura deliberación a elexida foi a de Daniela Escudeiro, alumna de 2º curso. NORABOA!!!
Con todos os traballos fixemos unha exposición na entrada do colexio.
22/1/14
Poesía para a Paz
Na seguinte presentación podemos ver e ler algunhas das poesías máis fermosas que nos falan da PAZ E NON VIOLENCIA.
21/1/14
Traballo especial na Bibliosoños
Os alumnos e alumnas de 6º curso cantan e bailan a canción elexida para conmemorar o "Día da Paz e Non Violencia": SIYAHAMBA.
20/1/14
Novas páxinas de recursos
Para traballar nas aulas "A PAZ" elaboramos as nosas propias páxinas de recursos para poder acceder dun xeito máis sinxelo á información que precisamos.
Este curso engadimos unha páxina especial a NELSON MANDELA, e tamén a páxinas das "nosas cancións 2014"
18/1/14
Vídeo conmemorativo
Dende a Bibliosoños elaboramos este pequeno vídeo conmemorativo para o Día da Paz e Non Violencia, esperamos que vos guste
17/1/14
Preparando as actividades "Día da PAZ"
a estamos moi animados preparando as actividades para conmemorar o "Día da Paz e Non Violencia", que celebraremos todos xuntos o xoves, 30 de xaneiro.
Na seguinte presentación podemos ver todo o que faremos:
Tamén vos deixamos as bases para a elaboración da pegatina
10/1/14
Máis libros novos para a Bibliosoños
No rincón das exposicións xa están os últimos libros que mercamos para a Bibliosoños.
Pronto estarán preparados para que os levedes ás vosas casas para ler e disfrutar deles.
Pronto estarán preparados para que os levedes ás vosas casas para ler e disfrutar deles.
9/1/14
Comezamos o 2º trimestre
Rematadas as vacacións de Nadal voltamos ás clases con moita ilusión e ganas de traballar...
Este 2º tremistre comeza o xoves, 9 de xaneiro e remata o venres, 11 de abril. Recordamos que o venres, 14 de febreiro é un dos días elexidos de libre disposición.
Durante este tempo faremos moitas actividades complementarias, saídas culturais, celebracións...
- 30 de xaneiro, Día da Paz e Non Violencia.
- 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro.
- 3, 4 e 5 de marzo, Tempo de Entroido.
- 8 de marzo, día da Muller Traballadora.
- Do 10 ao 14 de marzo, Semana da Prensa na Escola.
- 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, Da Árbore e Da Auga.
21/12/13
O noso colexio na revista EDUGA
ACABA DE PUBLICARSE O
Boletín Informativo curso 2013/14 nº 16 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no mesmo ven publicado o noso proxecto traballado o curso pasado: "O MAR"
"Proxecto O Mar aposta por un modelo de escola empírica e interactiva que
non só involucra a toda a comunidade educativa senón que logra unha
viva inmersión no tecido social da vila, colaborando con asociacións
culturais e de ocio, ademais de facer partícipe a cidadanía do porto de
Celeiro".
20/12/13
E agora a descansar. Felices Vacacións!!!
Rematamos as clases do 1º trimestre e chegan as vacacións do Nadal, agora toca descansar para vir con novas forzas para seguir traballando moito.
Non vos olvidedes de visitar os blogs do colexio onde poderedes ver todo o que fixemos.
Aquí vos deixamos o último vídeo coas fotos das actuacións do Festival de Nadal e a chegada de Papá Noel.
17/12/13
Acto de Nadal na Casa do Forno
O luns, 16 de decembro, celebramos o Acto de Nadal coma todos os anos.
A ANPA do colexio fixo a entrega dos premios de Postais e Poesías do Nadal. Os premiados foron os seguintes:4º Infantil, Nicholas Gibson Tostón.
5º Infantil, Noa Fernández Abad.
6º Infantil, Mar Vale López.
1º Primaria, Martina Gil Alfaro.
2º Primaria, Luis Fernández Lázaro.
3º Primaria, Nerea Salgueiro Rapa.
4º Primaria, Miriam Orbe Díaz (Postal) e Alba Rouco Iglesias (Poesía).
5º Primaria, Álvaro Fernández Lázaro (Postal) e Lia Sui Balseiro Otero (Poesía).
6º Primaria, Icía Míguez Infante (Postal) e Iria Basanta Abella (Poesía).
Noraboa a todos os participante e en especial aos gañadores. O esforzo sempre ten recompensa!
No acto tamén actuou o Coro do Colexio.
Etiquetas:
Celebracións,
concurso de postais e poesías
13/12/13
Para fomentar a lectura en familia
Ler un conto aos nenos e nenas cada día
ou regalarlles un libro nas ocasións especiais son algúns dos primeiros
pasos que os pais poden dar para inculcar nos seus fillos pequenos o
amor e o gusto pola lectura. Esta actividade estimularaos e axudaralles a
desenvolver as súas competencias lingüísticas, pero tamén lles servirá
de fonte para adquirir novos coñecementos e como ferramenta para
progresar en todas as súas aprendizaxes.
Na seguinte presentación podemos ler sete pautas para fomentar a lectura
10/12/13
"Calendario Especial"
"Días de Mar" é o calendario para o 2014 editado polo Colexio, no que se reproducen imaxes e textos que resumen o Proxecto Integrado de Dinamizacións do curso pasado "O MAR".
O calendario recolle memoria con estampas retrospectivas das transformacións sufridas na ría e no porto ao longo dos últimos cen anos; asemade inclúe unha homenaxe ao rol esencial das mulleres nas conserveiras, un repaso ás embarcacións que se usaron ao longo do século XX e tamén ás tripulacións dos barcos do porto Celeirense.
27/11/13
O son da nosa fala na BIBLIOSOÑOS
Radio Lugo-Cadena Ser estará durante a mañá do mércores, 27 de novembro, na nosa Biblioteca gravando as voces dos nosos alumnos e alumnas, a través do programa "O Son da Nosa Fala".
Esta idea orixinaria de Paco Nieto e Tania Lombao naceu no ano 2012 no que se celebrou o centenario do poeta de Celenova, Celso Emilio Ferreiro.
Este ano 2013 está adicado a Manuel María, finado hai xa 10 anos, e con elo queren apoiar a candidatura do poeta chairego para o Día das Letras Galegas do ano 2015.
Os poemas que van recitar son do libro Soños na Gaiola.
O programa emítese ás 13:55 e para poder escoitar aos nosos alumnos e alumnas podemos mirar na axenda do xornal El Progreso que nos dirá que colexio vai participar cada día.
Ao finalizar este proxecto editarase un Audio Libro no que se incluirán fotografías e as gravación dos poemas de todos os participantes.
22/11/13
25 de novembro
O 25 de novembro é o Día Internacional contra la Violencia de Xénero.
No colexio fixemos unha actividade que nos propuxo o CIM (Centro de Información á Muller) do Concello de Viveiro.
CIM de Viveiro. Páxina da Xunta (Mulleres de Galicia)
Claustro de San Francisco - Avenida de Cervantes, s/n
27850 Viveiro
Telf. 982 550 421
Correo electrónico: cim@viveiro.es
Claustro de San Francisco - Avenida de Cervantes, s/n
27850 Viveiro
Telf. 982 550 421
Correo electrónico: cim@viveiro.es
A actividade consistía en colocar nunha árbore follas cunha palabra, frase, lema, debuxo... en contra da VIOLENCIA DE XÉNERO. Participamos todos os ciclos.
Así de ben quedou a nosa árbore!!!
20/11/13
Hoxe celebramos o Día dos Dereitos da Infancia
Na Bibliosoños estamos de celebración pois hoxe é 20 de novembro, Día dos Dereitos dos Nenos e Nenas.
Preparamos unhas actividades especiais para os alumnos e alumnas de Infantil e tamén para o 1º ciclo de Primaria, nas que repasamos os Dereitos e tamén falamos dos nosos Deberes.
Aprendimos moito! e para rematar a sesión cantamos todos xuntos a Canción dos Dereitos.
19/11/13
Premio de Literatura en Lengua Castellana Miguel de Cervantes
Elena Poniatowska, escritora mexicana nacida en París, foi galardoada co premio Cervantes 2013. É a cuarta muller que recibe o premio, o máis prestixioso das letras hispanas. Antes conseguírono as españolas María Zambrano (1988) e Ana María Matute (2010) e a cubana Dulce María Loynaz (1992).
Elena Poniatowska naceu en Francia pero ao estalar a Segunda Guerra Mundial trasladouse coa súa nai a México mentres o seu pai participaba no desembarco de Normandía. A escritora incorporouse á vida mexicana sorprendéndose «pola pobreza que en Francia non vira». Comezou a escribir para un xornal nos cincuenta e, dende entón, non deixou de escribir en dous sentidos, no literario e no xornalístico. Consolidou a súa carreira ligada a este periodismo literario con obras como La noche de Tlatelolco (1971), sobre a matanza estudantil en Cidade de México.
O premio, considerado o Nobel das letras hispanas e creado en 1975 polo Ministerio de Cultura, está dotado con 125.000 euros e recoñece a figura dun escritor que co conxunto da súa obra contribuíse a enriquecer o legado literario hispano.
Aínda que non figura nas bases do premio, habitualmente cúmprese unha lei non escrita que reparte alternativamente, cada ano, o galardón entre Latinoamérica e España. Prevíase que no 2013 debería outorgarse o Cervantes a un escritor latinoamericano. Na pasada edición recaeu no escritor español José Manuel Caballero Bonald.
Elena Poniatowska naceu en Francia pero ao estalar a Segunda Guerra Mundial trasladouse coa súa nai a México mentres o seu pai participaba no desembarco de Normandía. A escritora incorporouse á vida mexicana sorprendéndose «pola pobreza que en Francia non vira». Comezou a escribir para un xornal nos cincuenta e, dende entón, non deixou de escribir en dous sentidos, no literario e no xornalístico. Consolidou a súa carreira ligada a este periodismo literario con obras como La noche de Tlatelolco (1971), sobre a matanza estudantil en Cidade de México.
O premio, considerado o Nobel das letras hispanas e creado en 1975 polo Ministerio de Cultura, está dotado con 125.000 euros e recoñece a figura dun escritor que co conxunto da súa obra contribuíse a enriquecer o legado literario hispano.
Aínda que non figura nas bases do premio, habitualmente cúmprese unha lei non escrita que reparte alternativamente, cada ano, o galardón entre Latinoamérica e España. Prevíase que no 2013 debería outorgarse o Cervantes a un escritor latinoamericano. Na pasada edición recaeu no escritor español José Manuel Caballero Bonald.
13/11/13
Máis sobre os Dereitos dos Nenos
Na Bibliosoños preparamos este GLOSTER que recolle os recursos que podemos utilizar para traballar estes días previos á Celebración do Día dos Dereitos da Infancia.
12/11/13
Libros para celebrar o Día dos Dereitos dos Nen@s
No rincón expositor hai libros que nos falan dos dereitos e deberes dos NEN@.
Durante estes días previos ao 20 de novembro, Día dos dereitos da Infancia, poderemos coller estes libros para utilizalos nas aulas e na hora de ler.5/11/13
Libros novos na Bibliosoños
Da colección "O" de OQO editora vimos de recibir estes tres fermosos libros.
Clica nas imaxes para ter máis información:
2/11/13
Premio Nacional do Cómic 2013
O autor Miguelanxo Prado foi galardoado co Premio Nacional do Cómic 2013 pola súa obra 'Ardalén',
publicado por Norma en 2012 tanto en castelán coma en galego. O xurado
destacou o carácter poético da súa obra, que mestura a realidade co
sono, a memoria e o esquecemento, e a súa mestría técnica no uso da cor.
O premio concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte está
dotado con 20.000 euros e ten como obxecto distinguir a mellor obra
desta especialidade publicada en calquera das linguas do Estado durante o
ano 2012.
29/10/13
E polo Samaín...
Coma en anos anteriores, fixemos dúas exposicións de cabazas disfrazadas, unha de Infantil e outra de Primaria.
Este ano as cabazas foron ata o Antigo Exipto e convertéronse en faraóns, momias, deuses...
Rematamos o mes de outubro celebrando a
FESTA DO MAGOSTO
FESTA DO MAGOSTO
25/10/13
Premio Nacional de Narrativa, 2013
O
escritor José María Merino (A Coruña, 5 de marzo de 1941- ), obtivo o Premio Nacional de Literatura na
modalidade de Narrativa coa obra «El río del Edén» (Alfaguara).
24/10/13
Libros novos para a Bibliosoños
Neste día tan especial:
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
a nosa Biblioteca recibe libros novos para todos os ciclos e cursos do colexio.
E os alumnos fan Marcapáxinas Especiais.
22/10/13
Celebramos o Día das Bibliotecas Escolares
Vídeos das actividades que levamos a cabo nos diferentes ciclos:
18/10/13
Bolsiñas para levar o libro á casa
Na semana do 21 ao 25 de outubro, levaremos a cabo moitas actividades na BIBLIOSOÑOS, con motivo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares (24 de outubro). Unha delas é a entrega das bolsiñas para levar o libro á casa.
As nenas e os nenos de infantil van encher rúas e corredoiras de cores vivas, as destas pequenas mochilas para gardar o libro que escollen na biblioteca escolar para ler na casa, e cos da casa. "Libros que van e veñen" é unha iniciativa encadrada no programa "Hora de Ler" para o fomento da lectura, que busca apoiar ao profesorado no seu labor de implicación das familias nas actividades da biblioteca, e no empeño por conseguir que as nenas e os nenos desenvolvan hábitos de lectura.
Destinado ás familias, edítase un tríptico con orientacións e posibilidades de colaboración na casa e na escola, a través das actividades deseñadas pola biblioteca escolar.
As Mochilas Viaxeiras xa están preparadas
Os
libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos
expositores por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a
maxia da lectura.
A
mochila viaxeira está pensada para que, desde a Biblioteca Escolar,
se poida organizar unha actividade que implique ás familias, e así
proporcionar un motivo de encontro entre os distintos membros desta,
tomando como motivo o mundo dos libros e da lectura.
A
mochila é o soporte que permite aos rapaces e rapazas levar á súa
casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo
entre familia e escola na súa labor común para a formación dos
lectores máis novos.
A
fórmula para decidir quen se leva a mochila para a casa será
variada: unhas veces por orde alfabética outras por sorteo ou por
orde de petición...
En
canto á periodicidade non sobrepasará dunha semana, tamén
dependerá do número de alumnos e alumnas do curso.
Etiquetas:
Fomento da lectura,
hora de ler,
mochilas viaxeiras
17/10/13
Preparando as actividades para celebrar o Día da Biblioteca Escolar
O xoves, 24 de outubro, é o Día da Biblioteca Escolar, por iso, na BIBLIOSOÑOS estamos a preparar moitas actividades que podedes ler na seguinte presentación:
10/10/13
Xa hai Premio Nobel de Literatura 2013
A escritora canadense Alice Munro, considerada unha das voces máis importantes da literatura en lingua inglesa, converteuse na gañadora do Premio Nobel de Literatura 2013.
A Academia Sueca, ao anunciar o seu fallo, definiu a Munro como a "mestra do relato curto contemporáneo" e destacou que é aclamada polo seu "harmonioso estilo de relatar, que se caracteriza pola súa claridade e realismo psicolóxico".
Munro convértese na primeira escitora (ou escritor) canadense que gaña o máis importante galardón das letras mundiais dende a súa creación en 1901. Munro sucede no palmarés ao chinés Mo Yan.
Munro, de 82 anos e nacida en Wingham (Ontario), recibiu en 2009 o Man Brooker e foi finalista do Premio Príncipe de Asturias das Letras en 2011.
OBRAS:
A Academia Sueca, ao anunciar o seu fallo, definiu a Munro como a "mestra do relato curto contemporáneo" e destacou que é aclamada polo seu "harmonioso estilo de relatar, que se caracteriza pola súa claridade e realismo psicolóxico".
Munro convértese na primeira escitora (ou escritor) canadense que gaña o máis importante galardón das letras mundiais dende a súa creación en 1901. Munro sucede no palmarés ao chinés Mo Yan.
Munro, de 82 anos e nacida en Wingham (Ontario), recibiu en 2009 o Man Brooker e foi finalista do Premio Príncipe de Asturias das Letras en 2011.
OBRAS:
- Dance of the Happy Shades, 1968, cuentos.
- Lives of Girls and Women, 1971, novela. Las vidas de las mujeres, Lumen, 2011.
- Something I’ve Been Meaning to Tell You, 1974, relatos entrelazados
- The Beggar Maid (aparecido antes como Who Do You Think You Are?), 1978, cuentos.
- The Moons of Jupiter, 1982. Tr.: Las lunas de Júpiter, De Bolsillo, 2010, cuentos.
- The Progress of Love, 1986. Tr.: El progreso del amor, RBA, 2009, cuentos.
- Friend of My Youth, 1990. Tr.: Amistad de juventud, De Bolsillo, 2010, cuentos.
- Open Secrets, 1994. Tr.: Secretos a voces, RBA, 2008, cuentos.
- The Love of a Good Woman, 1998. Tr.: El amor de una mujer generosa, RBA, 2009, cuentos.
- Hateship, Friendship, Courtship, Loveship, Marriage, 2001. Tr.: Odio, amistad, noviazgo, amor, matrimonio, RBA, 2007, cuentos.
- Runaway, 2004. Tr.: Escapada, RBA, 2005, cuentos.
- The View from Castle Rock, 2006. Tr.: La vista desde Castle Rock, RBA, 2008, relatos enlazados sobre su familia.
- Too Much Happiness, 2009. Tr.: Demasiada felicidad, Lumen, 2010, cuentos.
- Dear Life, 2012. Tr.: Mi vida querida, Lumen, 2013, cuentos.
8/10/13
Manuel Álvarez Torneiro, Premio Nacional de Poesía 2013
O poeta galego, Manuel Álvarez Torneiro, foi galardoado co Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía pola obra Os
ángulos dá brasa. O premio concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e
Deporte para distinguir a obra de autor español escrita en calquera das
linguas oficiais do Estado e editada en 2012. Está dotado con 20.000
euros.
Manuel Álvarez Torneiro (A Coruña, 1932) traballou durante moitos anos no ámbito do periodismo. Escritor vinculado ao diario La Voz de Galicia, mantivo unha actividade poética ininterrompida dende o seu debut tardío coa obra Memoria dun silencio (1982).
A súa traxectoria inclúe os títulos Rigorosamente humano (1995, Premio Esquío); Luz de facer memoria (1999, Premio González Garcés e Premio da Crítica); Campo segado (2001); Epicentro (2003); Setembro Stradivarius (2004); Parábola do incrédulo (2006) e Os ángulos da brasa, publicado en 2012 na colección Tambo de Factoria K da editorial viguesa Kalandraka. Este poemario obtivo o Premio da crítica de poesía en lingua galega e o Premio Ánxel Casal.
Manuel Álvarez Torneiro (A Coruña, 1932) traballou durante moitos anos no ámbito do periodismo. Escritor vinculado ao diario La Voz de Galicia, mantivo unha actividade poética ininterrompida dende o seu debut tardío coa obra Memoria dun silencio (1982).
A súa traxectoria inclúe os títulos Rigorosamente humano (1995, Premio Esquío); Luz de facer memoria (1999, Premio González Garcés e Premio da Crítica); Campo segado (2001); Epicentro (2003); Setembro Stradivarius (2004); Parábola do incrédulo (2006) e Os ángulos da brasa, publicado en 2012 na colección Tambo de Factoria K da editorial viguesa Kalandraka. Este poemario obtivo o Premio da crítica de poesía en lingua galega e o Premio Ánxel Casal.
1/10/13
Ler ciencia na Biblioteca Escolar
En breve chegará aos centros o cartel que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita todo os anos para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro) e participar da celebración do mes da biblioteca escolar que propón a IASL (Internatioanl Association of School Librarianship). A biblioteca escolar é unha biblioteca específica e así se recolle na actual Lei de bibliotecas de Galicia, no seu artigo 31. Polos seus obxectivos, polos serivzos que presta á comunidade educativa, polo seu funcionamento, a biblioteca escolar, concebida como un centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe, xenera contextos educativos fértiles para a adquisición de competencias clave para o alumnado que medra na sociedade da información e contribúe á adquisición de todas as competencias básicas do currículo.
O lema elixido para este ano, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é de PATRICIA CASTELAO.
Por outra parte, a incorporación do profesorado dos departamentos de ciencias aos equipos de biblioteca, diversifica as posibilidades de intervención da mesma e favorece o deseño de actividades plurais en contidos e imprescindibles para o desenvolvemento de todas as competencias básicas.
23/9/13
20/9/13
Proxecto E-LBE, lectores electrónicos na nosa biblioteca.
O noso centro está incluído no proxecto E-LBE, polo que contará cun equipamento de 3 dispositivos de lectura electrónica que utilizaremos en función dos obxectivos do Proxecto Lector de Centro e coa orientación que o equipo de biblioteca crea máis oportuno.
Achégase:
- un díptico informativo e
- unha relación máis ampla de recursos electrónicos relacionados coa lectura dixital e o libro electrónico.
18/9/13
Resolución do PLAMBE
Que é o PLAMBE?
PLAMBE: PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES.
Co obxectivo de facer realidade unha rede de bibliotecas escolares activa, a Consellería de Educación vén realizando desde o curso 2005/2006 unha convocatoria anual para incentivar o deseño e posta en marcha de novos proxectos educativos para a organización e dinamización da biblioteca escolar.
Os centros incluídos no Plan reciben orzamentos especiais para dotación de fondos, equipamentos informáticos e audiovisuais, mobiliario e gastos de funcionamento da biblioteca; ademáis pasan a formar parte dunha lista de correos PLAMBE a través da que reciben información e asesoramento, comparten materiais e recursos, intercambian opinións; reciben unha formación específica e nalgunha das zonas reúnense periodicamente para poder manterse coordinadas.
Na actualidade e despois da novena convocatorio son 524 os centros incluidos no PLAMBE.
O noso centro incorporouse no curso 2009-2010, na V convocatoria, e dende entón vimos recibindo uns orzamentos moi importantes que fixeron dar un impulso de mellora na nosa biblioteca que como todos sabedes ten o nome de BIBLIOSOÑOS.
Hoxe saiu no DOG a resolución definitiva:
Todos os centros incluídos neste programa reciben axudas para renovar
os fondos da colección (sexa en formato impreso ou electrónico); á súa
vez, os centros que se incorporan nesta convocatoria e os centros da
convocatoria 2012 reciben axudas significativas para mellorar os
equipamentos necesarios de cara á ofrecer servizos e realizar
actividades propias das funcións que lle corresponden á biblioteca
escolar: apoiar o desenvolvemento dos currículos en todas as áreas de
aprendizaxe, formar lectores competentes, espertar o gusto pola lectura
en todos os sectores da comunidade educativa (é dicir, servir de recurso
fundamental ao desenvolvemento dos Proxectos Lectores de Centro);
contribuír a adquisición de competencias clave para o alumnado, como son
a competencia de aprender a aprender ou a competencia mediática e
informacional.
Todas estas funcións están recollidas no artigo
113 da LOE e na normativa curricular vixente.
17/9/13
Preparando o curso escolar
Estes primeiros días do curso son de preparativos, así na Biblioteca estamos revisando e preparando o PROXECTO LECTOR DE CENTRO E O PLAN ANUAL DE LECTURA.
Para unha maior información podedes ler a seguinte información:
Para unha maior información podedes ler a seguinte información:
13/9/13
Xa comezamos o novo curso
Xa comezamos o novo curso, reencontrámonos cos nosos compañeiros, coñecemos a outros novos, os nosos profesores e profesoras ensínannos as novas clases...estamos moi ledos, sobre todo na hora do recreo!.
Esperamos que sexa un bo curso!, teremos tamén moitas actividades na BIBLIOSOÑOS.
O tema para o Proxecto Integrado de Dinamizacións (P.I.D.) tratará sobre as Primeiras civilizacións: EXIPTO.
Esperamos que sexa un bo curso!, teremos tamén moitas actividades na BIBLIOSOÑOS.
O tema para o Proxecto Integrado de Dinamizacións (P.I.D.) tratará sobre as Primeiras civilizacións: EXIPTO.
2/9/13
21/6/13
Actividade de Fin de Curso
Para rematar o curso o venres, 21 de xuño, todos a correr na III Milla "Pedrosa Latas".
Obra de teatro no colexio
O xoves, 20 de xuño, o Obradoiro de Teatro do Colexio, dirixido por Vicente Míguez, puxo en escea a obra "Casa Macho".
No seguinte vídeo podemos ver unha reportaxe de fotos.
13/6/13
Actuación do grupo de teatro do colexio
O grupo de teatro do colexio, despois de moitos ensaios e posta a punto dos decorados, vestiario e outras necesidades para a representación, farán dúas actuacións:
- O xoves, 20 de xuño, no salón de actos do colexio.
- O domingo, 23 de xuño, no Centro Social e Cultural "Carlos Adrán Cambón" (Casa do Forno de Celeiro, con entrada libre para todo o público que desexe asistir.
MÁIS INFORMACIÓN NESTE ENLACE
10/6/13
Un premio no noso colexio
MEMBROS DO XURADO, DO COLECTIVO CHILINDRÍN E GAÑADORES
A Asociación Cultural Penalba e o Colectivo Chilindrín presentaron o sábado, 8 de xuño, os carteis para a FESTA DA MERLUZA que se celebrará o vindeiro mes de xullo; ademáis entregaron os premios que recaeron en:
- Andrea Chao Ramos (autora do cartel anunciador), exalumna do noso colexio.
- Alumnos e alumnas de 1º de Primaria, xunto coa súa profesora Rebeca Palmeiro Chao, do CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro, que levaron o premio na categoría de Infantil.
7/6/13
Un libro moi especial!
A profesora Rebeca fixo este fermoso libro do poema de Gloria Fuertes " Doña Pitu Piturra".
3/6/13
ACTIVIDADES ESPECIAIS NO FIN DE TRIMESTRE
Estamos a rematar o 3º trimestre e con el tamén remataremos o curso, por iso estamos inmersos en multitude de actividades especiais que podemos ir vendo na páxina do
17/5/13
LETRAS GALEGAS no colexio
O xoves, 16 de maio celebramos no colexio os Maios e Letras Galegas coas actividades que xa temos comentado:
- Actuación dos mariñeiros cantando cancións populares
- Actuación do novo coro de Celeiro, dirixido por Daniel Caxete
- Actuación do coro do Colexio estreando a canción "Amar o mar"
16/5/13
Clausura da Exposición
O xoves, 16 de maio, pola tarde, clausuramos a Exposición "Unha primavera de poemas".
As actividades para este día correron a cargo do coro do noso colexio. Cantámoslle a Rosalía de Castro e tamén unhas Cantigas Populares Mariñeiras.
15/5/13
Sesión de contacontos
O mércores, 15 de maio, na sala multiusos do Concello de Viveiro, lugar onde temos a exposición conxunta as bibliotecas Escolares da Mariña, houbo contacontos a cargo das mestras Angélica Novo e Rebeca Palmeira do CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro.
Pasamos unha velada moi entretida e divertida!
Pasamos unha velada moi entretida e divertida!
14/5/13
Inauguramos a Exposición "Unha primavera de poemas"
E, por fín, chegou o día da inauguración.
Os nenos e nenas dos diferentes colexios poideron ver os seus traballos e os doutros compañeiros.
Os nenos e nenas dos diferentes colexios poideron ver os seus traballos e os doutros compañeiros.
A esta cita acudiron as comunidades educativas dos centros participartes e poidemos contar coa participación de Marta Coira, asesora do CFR de Burela, a Tenente de Alcalde, María Loureiro e como mestra de ceremonias, Carmen Ferreiro.
Os alumnos e alumnas do CEP Lois Tobío prepararon uns poemas de Rosalía de Castro e outros autores e recitáronnos acompañados por diversos instrumentos musicais. Fixéronno moi ben!
13/5/13
Semana das Letras Galegas
Durante o mes de maio estamos a levar a cabo moitas actividades relacionadas coas Letras Galegas.
Na Biblioteca comezamos coas sesións de FORMACIÓN DE USUARIOS que nos serven para coñecer e aprender a manexar a páxina sobre ROBERTO VIDAL BOLAÑO e todo sobre as LETRAS GALEGAS.
O día principal de celebración será o xoves, 16 de maio, pois celebraremos conxuntamente a FESTA DO MAIO E LETRAS GALEGAS. Na seguinte presentación podemos ver o programa de actuacións.
Etiquetas:
Celebracións,
Festa dos Maios,
Letras Galegas
9/5/13
Exposición en Viveiro
Dentro
do proxecto da Biblioteca Escolar e en colaboración coas bibliotecas doutros
centros da Mariña, levamos a cabo o proxecto:
“UNHA PRIMAVERA DE POEMAS:
apadriña unha poesía”
Esta
actividade ten como obxectivo a posta en valor da poesía como unha forma máis
de literatura e moi importante na formación de hábitos lectores.
Unha vez que rematamos as diferentes exposicións nos centros o seguinte paso é facer unha exposición conxunta de todos os traballos, neste caso vaise facer en Viveiro, na Sala de Usos Múltiples da Casa do Concello.
O mércores, 8 de maio, preparamos a mesma e ultimamos as actividades que imos levar a cabo durante os días que vai estar aberta ao público (do 13 ao 16 de maio).
A inauguración será o luns, 13 e a clausura o xoves, 16 de maio, estará aberta en horario de 18:30 a 20:00 horas. Neses días tamén faremos sesións de contacontos, recitados de poemas dos "Cantares Galegos" de Rosalía de Castro (con motivo do 150 aniversario da súa publicación) e remataremos cantando xunto co Coro do CEIP Pedrosa Latas de Celeiro.
Etiquetas:
exposicións,
Fomento da lectura,
PLAMBE
1/5/13
Entramos no mes das LETRAS GALEGAS
Unha vez rematado o MES DOS LIBROS (Abril) xa entramos no MES DAS LETRAS (Maio).
Imos facer moitas actividades e teremos unha páxina especial onde atopar moitos recursos que nos axudarán a coñecer ao homenaxeado deste ano ROBERTO VIDAL BOLAÑO.
26/4/13
Vai vir á nosa Biblioteca: Abraham Carreiro
BIOGRAFÍA:
Abraham Carreiro
Fernández. Vigo 1981.
Cursei catro anos de estudos en Artes Gráficas na escola
Joso de Barcelona e un ano de especialización en ilustración de libros na
escola Massana.
Actualmente traballo como debuxante, ilustrador e deseñador
gráfico. Ademais de Xoeliki as aventuras dun ciberpirata, teño publicados: A
colección Contos que len outros nenos do mundo; A fortuna de Bartolomeu ;
Un sol de Mascota; Xanardán e a becha ; Grandes contra pequenos ; O corvo do chapapote; Os
pequenos Barbanzóns ( Ed. Toxosoutos); a mascota Lepi, para a biblioteca do
concello de Ames; a revista dixital de humor gráfico “kkrak rebélase o
galiñeiro”; debuxos para o cómic da revista Podem; viñeta mensual para a revista
Tempos Novos e a historia de cómic Juppy que Vicio premiada no salón
de Historias em Quadrinhos de Sao Paulo.
O conto infantil As espiñas do porco espiño da colección Contos que len outros nenos do mundo, foi premiado polos nenos e nenas na oitava edición do Premio Literario Frei Martín Sarmiento na categoría infantil.
23/4/13
Celebramos o DÍA DO LIBRO
Na BIBLIOSOÑOS fixemos unhas sesións de Formación de Usuarios por ciclos. Dentro do blog hai unha páxina especial na que podemos atopar moita información sobre o Día do Libro, de Miguel de Cervantes, vídeos, xogos...
Todas as actividades realizadas nas aulas tamén as podemos ver neste enlace.
Todas as actividades realizadas nas aulas tamén as podemos ver neste enlace.
18/4/13
23 de abril. Día Mundial do Libro
"Este
día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre o mellor xeito de
difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes,
mulleres e nenos, accedan a ela, mediante a aprendizaxe da lectura e o
apoio ao oficio da edición, as librarías, as bibliotecas e as escolas.
Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a
cultura e a información en todo o mundo".
(Mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO co gallo da celebración do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, o 23 de abril de 2013)
Coma en anos anteriores, e para celebrar este Día Mundial do Libro o vindeiro 23 de abril de 2013, edítase un marcapáxinas cun texto orixinal co que unha autora, neste caso PAULA CARBALLEIRA (narradora oral, escritora, actriz, directora de teatro),
agasalla ás Bibliotecas Escolares de Galicia. Paula escribiu un texto
no que destaca as potencialidades do libro para atraer aos lectores máis
novos, mesmo a aqueles que (en principio) ofrecen máis resistencias.
Esta edición conta coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura e
Deporte e foi distribuído entre as bibliotecas do Plan de mellora de
bibliotecas escolares. Pódese descargar AQUÍ
Texto recollido do blog BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
16/4/13
Un libro moi interesante
Temos un novo libro na Biblioteca
TASTARABÁS
A memoria dos xoguetes: facer un bazar coa natureza. Reportaxe de Otero Ricart sobre «Tastarabás, de Antón Cortiza.
O xornal Faro de Vigo publicou no suplemento Estela unha reportaxe de J. A. Otero Ricart sobre Tastarabás, de Antón Cortizas, a enciclopedia dos xoguetes e brinquedos tradicionais
"Agora os nenos non saen á rúa a xogar de forma natural, como sucedía fai unhas décadas, por iso estanse a perder moitos dos nosos xoguetes de enxeño tradicionais".
O profesor ferrolano Antón Cortizas, que se considera "un neno grande", recompilou máis de mil deses brinquedos galegos nun libro que constitúe toda unha enciclopedia. "Afortunadamente non está todo perdido", sinala; "aínda quedan pícaros, por exemplo, que saben facer avións de papel".
Etiquetas:
Fomento da lectura,
hora de ler,
Novidades
8/4/13
Nova colección dos BOLECHAS
Esta semana entrou na nosa Biblioteca esta fermosa colección sobre OS BOLECHAS, da editorial BOLANDA.
Son 12 libros con pictogramas de fácil lectura para facilitar unha rápida comprensión do texto, sendo moi axeitados para lectores noveis ou para persoas con dificultades para accederen á lectura.
2/4/13
Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil
Desde 1967, ao redor do 2 de abril, día do natalicio de Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil co ánimo de
inspirar o amor polos libros e para chamar a atención da comunidade
sobre os libros para nenos.
Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser o patrocinador internacional do día do libro infantil. Esa Sección elixe un tema e invita a un autor importante do país a escribir unha mensaxe para os nenos do mundo e a un recoñecido ilustrador para o deseño dun póster. Estes úsanse de diferentes xeitos para a promoción dos libros e a lectura. Moitas Seccións de IBBY promueven o día do libro infantil a través dos medios e organizan actividades en colexios e bibliotecas públicas.
Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser o patrocinador internacional do día do libro infantil. Esa Sección elixe un tema e invita a un autor importante do país a escribir unha mensaxe para os nenos do mundo e a un recoñecido ilustrador para o deseño dun póster. Estes úsanse de diferentes xeitos para a promoción dos libros e a lectura. Moitas Seccións de IBBY promueven o día do libro infantil a través dos medios e organizan actividades en colexios e bibliotecas públicas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







