29/10/15

O Samaín no noso colexio

Durante esta semana estivemos a traballar diferentes aspectos sobre o SAMAÍN.
O seguinte vídeo recolle algúns destes traballos.

No seguinte ENLACE podemos ver máis traballos

26/10/15

Noticia sobre o CIBES

Hoxe da comezo o Congreso Iberoamericano das Bibliotecas Escolares CIBES.
http://www.cibes2015.info/
Baixo o lema "Educación por competencias: reto del milenio para la interculturalidad y la inclusión social", celébrase en Getafe (Madrid), do 26 ao 28 de outubro, na Universidade Carlos III de Madrid, o I Congreso Iberoamericano de Bibliotecas Escolares (CIBES), froito da colaboración entre esta Universidade, o Concello de Getafe e a Universidade Estatal Paulista de Brasil. 

O colectivo de profesionais vinculados ás bibliotecas escolares poderán presentar comunicacións asociadas a algún dos catro eixos temáticos previstos:
  1. A biblioteca escolar no proceso educativo: ensinanza e aprendizaxe
  2. Comprensión lecto-escritora como factor de inclusión
  3. As alfabetizacións na Biblioteca Escolar  
  4. Contidos para o desenvolvemento de competencias naBiblioteca Escolar

    O proxecto que levamos a cabo dentro da Microrrede A MARIÑA estará presente no mesmo coas representantes:
    María Rolle Insua, coordinadora da biblioteca do CEIP de Covas
    M.ª Luz Iglesias López, integrante do grupo de biblioteca do CEIP Pedro Caselles Rollán.
    No blog da MICRORREDE podemos seguir todas as noticias.

23/10/15

Finalizamos as Sesións de Formación de Usuarios

Hoxe rematamos coas actividades de celebración na Bibliosoños
No seguinte vídeo recollemos imaxes dos grupos.
Tamén, NESTE ENLACE podemos ver os traballos que que utilizamos para as Sesións de Formación de Usuarios.

1º venres lector

O venres, 23 de outubro, os nenos e nenas de Infantil, xunto cunha alumna e un alumno de 6º curso (Alba e David), participaron no 1º venres lector deste curso.
Contáronlles o conto O vello castiñeiro, todos os nenos e nenas disfrutaron moita desta primeira sesión lectora.

19/10/15

Semana de celebración

Durante toda a semana levaremos a cabo diferentes actividades para celebrar o
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
 (24 de outubro)
  • Elaboración e exposición de marcapáxinas.
  • Entrega de Bolsiñas para Infantil, dentro do Programa "Libros e van e veñen"
  • Sesións de Formación de Usuarios na Biblioteca:  
  • Visualización dun vídeo especial:
    • Conto dramatizado "O vello castiñeiro" a cargo dos alumnos e alumnas de 6º Infantil, finalizando coa Canción O Castiñeiriño de Susa Herrera, cantada por alumnos e alumnas do colexio.
  • Comezo do Programa "VENRES LECTORES".
  • Páxina Site con información para traballar o Proxecto Ducumental sobre o  


8/10/15

Na Bibliosoños

Hoxe os nenos e nenas de 6º de Infantil foron á Bibliosoños a escoller o seu libro para levar á casa e ler coas súas familias.



7/10/15

Poñemos en marcha as Mochilas Viaxeiras

Hoxe puxemos en marcha as Mochilas Viaxeiras que tanto gustan aos nenos e nenas do colexio.


A mochila viaxeira está pensada para que, desde a Biblioteca Escolar, se poida organizar unha actividade que implique ás familias, e así proporcionar un motivo de encontro entre os distintos membros desta, tomando como motivo o mundo dos libros e da lectura.

A mochila é o soporte que permite aos rapaces e rapazas levar á súa casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola no seu labor común para a formación dos lectores máis novos.


25/9/15

HORA DE LER

Na súa HORA DE LER, os alumnos e alumnas de 5º curso de Primaria están a ler A coroneliña.
Este fermoso título é o resultado de traducir, por primeira vez ao galego, a sonada obra de Annie Fellows Johnston (1863-1931), unha escritora estadounidense nacida en Indiana.
O argumento de The little Colonel, obra escrita no 1895, está inspirado nunha personaxe real, Cochran Hattie, que a autora coñeceu en Pewee Valley (Kentucky). A historia, que transcorre na época da Guerra Civil americana, trata do afastamento entre un vello coronel e a súa filla, e dos esforzos da pequena “coroneliña” para que se reconcilien.


24/9/15

A Bibliosoños comeza a súa actividade cos nenos e nenas de infantil

Os nenos e nenas de 5º de Infantil xa pasaron pola Bibliosoños para ler e escoller un libro para levar as súas casas e ler en familia.


23/9/15

Comezamos coas exposicións de libros

No rincón das Exposicións xa podemos ollar as suxerencias da BIBLIOSOÑOS.
  • Libros novos (Adquisición de fondos)
  • Comeza o outono
  • Unha colección interesante

22/9/15

Entrada extraída do Blog das Bibliotecas Escolares de Galicia

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/802
"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elixido este curso para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, enviará en breve a todos os centros públicos como reforzo das actuacións da biblioteca escolar e para apoiar a visibilidade dos seus recursos e das súas oportunidades de aprendizaxe. 
A imaxe do cartel responde á interpretación que deste lema fixo o ilustrador e autor de cómic FRAN BUENO,  e ten suficiente carga simbólica e información como para espertar o interese do alumnado.
En efecto, a biblioteca escolar pode ser a base desde a que explorar o mundo real, pero tamén os mundos imaxinarios; os materiais impresos e os recursos electrónicos achégannos informacións sobre todo aquelo que queremos coñecer e comprender; é un espazo para a investigación individual e para o traballo en equipo; é un espazo integrador cheo de oportunidades de aprendizaxe.
O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido. 

10/9/15

Comeza un novo curso no colexio de Celeiro!

Comeza un novo curso!
O primeiro día está cheo de moitos e diversos sentimentos tanto para os nenos e nenas como para os papás e mamás.
Este vídeo que presentamos recolle a chegada ás novas aulas. 
Feliz curso tanto para ás familias como ao profesorado!

9/9/15

Resolución definitva da convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares - PLAMBE 2015/2016

O DOhttp://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/G de hoxe, 9 de setembro, publica a Orde de 1 de setembro de 2015 coa resolución definitiva da convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos de titularidade da consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, para o curso 2015/2016. 
O PLAMBE é un programa iniciado en 2005 que está a impulsar a transformación das bibliotecas escolares en centros de recursos de lectura, información e aprendizaxe. Pero máis aló dos recursos, as bibliotecas son un instrumento esencial para a innovación educativa na medida en que propician e lideran a utilización de metodoloxías activas, a integracións das TIC en contextos reais de aprendizaxe e o traballo por proxectos.
 
As bibliotecas  facilitan oportunidades de aprendizaxe en moi distintos ámbitos e son un espazo de encontro entre os diferentes membros da comunidade escolar. O seu funcionamento é esencial para o desenvolvemento do currículo pois apoia a todas as áreas e materias, non só cos recursos informativos que proporciona, senón tamén coas actividades que organiza en beneficio de toda a comunidade escolar. A lectura, entendida en sentido amplo, como alfabetización múltiple, a lectura do século XXI, é a base de todas as actuacións da biblioteca, pero tamén son fundamentais as actividades relacionadas co mundo da información. O alumnado precisa de forma urxente ser formado no uso, tratamento, aproveitamento e produción da información, nos múltiples formatos e soportes nos que hoxe se presenta na sociedade.
 
O Plan de mellora de bibliotecas escolares facilita recursos, formación e obxectivos comúns a un profesorado interesado en facer da súa biblioteca un espazo de aprendizaxe, en liña coas esixencias da normativa educativa vixente. Un total de 575 centros públicos forman parte desta "rede de bibliotecas escolares" de Galicia. 

28/8/15

As sete competencias clave da LOMCE explicadas en sete infografías

A implantación da LOMCE implicou moitos cambios. Un deles é a modificación das oito competencias básicas do currículo, que pasan a ser sete e a denominarse competencias clave. A nova lei renomea lixeiramente algunhas das anteriores, xunta as relativas ao mundo científico e matemático, e elimina a autonomía persoal para substituíla por sentido de iniciativa e espírito emprendedor. Deste modo, axústase ao marco de referencia europeo. Con motivo das xornadas Competencias crave e ordenación académica, o Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa realizou unha serie de infografías para explicar cada unha delas. Recompilámolas a continuación.

1. Competencia en comunicación lingüística. Refírese á habilidade para utilizar a lingua, expresar ideas e interactuar con outras persoas de xeito oral ou escrito.

 2. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía. A primeira alude ás capacidades para aplicar o razoamento matemático para resolver cuestións da vida cotiá; a competencia en ciencia céntrase nas habilidades para utilizar os coñecementos e metodoloxía científicos para explicar a realidade que nos rodea; e a competencia tecnolóxica, en como aplicar estes coñecementos e métodos para dar resposta aos desexos e necesidades humanos.

3. Competencia dixital. Implica o uso seguro e crítico das TIC para obter, analizar, producir e intercambiar información.

4. Aprender a aprender. É unha das principais competencias, xa que implica que o alumno desenvolva a súa capacidade para iniciar a aprendizaxe e persistir nel, organizar as súas tarefas e tempo, e traballar de xeito individual ou colaborador para conseguir un obxectivo.

5. Competencias sociais e cívicas. Fan referencia ás capacidades para relacionarse coas persoas e participar de xeito activo, participativo e democrático na vida social e cívica.

6. Sentido da iniciativa e espírito emprendedor. Implica as habilidades necesarias para converter as ideas en actos, como a creatividade ou as capacidades para asumir riscos e planificar e xestionar proxectos.

7. Conciencia e expresións culturais. Fai referencia á capacidade para apreciar a importancia da expresión a través da música, as artes plásticas e escénicas ou a literatura.


17/6/15

Graduación dos alumnos e alumnas de 6º de Infantil

Foi un acto moi emotivo: 
  • Primeiro visualizamos un "Vídeo Memoria" dos tres anos de infantil.
  • Recolleron o seu diploma de graduación das mans da súa titora Ana.
  • Adicaron unhas fermosas palabras a todos os seus profesores.
  • E como non, bicos, abrazos, choros e alegrías...
VÍDEO MEMORIA


VÍDEO DO ACTO DA GRADUACIÓN


 

16/6/15

Estamos rematando o curso escolar

Nesta última semana do curso aínda quedan moitas actividades que levar a cabo conxuntamente:

8/6/15

Un traballo moi especial

Os alumnos e alumnas de 5º curso, xunto coa súa titora Marta Pérez González, elaboraron un pequeno TELEXORNAL que presentamos no seguinte vídeo:

6/6/15

Celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente














Como cada ano o 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente.
Preparamos unhas actividades especiais:
  • Os alumnos de Infantil plantaron no invernadoiro
  • Los alumnos de 1º e 2º curso visitaron o Parque Natural de Marcelle
  • E os demais cursos fixeron unha actividade de limpeza da praia de Celeiro

NESTE ENLACE 

PODEMOS VER OS VÍDEOS

5/6/15

Actuacións no Teatro Pastor Díaz de Viveiro

 Podemos ver os vídeos das diferentes actuacións

4/6/15

Excursións fin de curso


podemos ver os vídeos e fotos das diferentes excursións realizadas neste final de curso