28/1/22

CELEBRAMOS O DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

Hoxe venres, celebramos no cole,  o día escolar da paz , e por iso fixemos as seguintes actividades:

- Os nenos e nenas prepararon un precioso mural con desexos, onde colocaron as súas pombas.

- Unha coreografía que prepararon na clase de Ed. Física, coa súa mestra María e, interpretaron a canción "Paz, paz, paz" de Juanes, que prepararon coa mestra Marta, na clase de música.

Presentamos a continuación un vídeo resumo das mesmas.

Esperamos que vos gusten!





25/1/22

ENTREVISTA A MARÍA PRIETO

 O alumnado de 6º de primaria participou na gravación dun novo programa de RADIO NA BIBLIO, cunha entrevista a María Prieto (avoa de Nerea Pigueiras), traballadora na fábrica de conservas ALBO de Celeiro.

Esta entrevista está enmarcada dentro do proxecto "Coñecemos Celeiro". Nesta ocasión mergullámonos no mundo das conserveiras e en especial no traballo que en elas se realiza.



24/1/22

DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

O domingo, 30 de xaneiro, celebramos o día escolar da paz e non violencia e por iso esta semana xa estamos traballando nesta data tan importante.
O alumnado de 2º de Ed. Primaria elaborou este fermoso poema redactado e debuxado por eles. 
Un fermoso traballo dirixido pola súa mestra Anxélica.





18/1/22

Actividade de Educación Afectivo Sexual

 

O alumnado de 5º e 6º de Primaria participa no programa de Educación Afectivo Sexual, organizado polo profesorado do centro e impartido pola sexóloga e psicóloga Raquel Braña.

A charla/formación consiste en dúas sesións de hora e media (luns e xoves) e ten como obxectivos o coñecemento, a aceptación e a relación.

9/1/22

COMEZAMOS O ANO CO NOSO CALENDARIO

Este ano 2022 elaboramos un calendario onde os protagonistas son os nenos e nenas do noso centro.
Este curso o noso Proxecto Documental é "Coñecemos Celeiro" e por iso quisemos dar a coñecer algúns lugares representativos do noso pobo.
Esperamos que vos guste e que fagades uso del.
 



21/12/21

BO NADAL E FELIZ ANINOVO

Hoxe comezamos as vacacións con esta felicitación:




E onte disfrutamos dun final de trimetre con xogos, cine e bailes


Chega o tempo de descansar e estar en familia. 

Coidádevos moito e disfrutade 
Vémonos o vindeiro ano!

20/12/21

OS NOSOS TRABALLOS POLO NADAL

 Na seguinte presentación podemos ver todos os vídeos cos traballos realizados polo alumnado para ambientar o Nadal; as panxoliñas cantadas e bailadas e a dramatización do alumnado de 6º de Infantil "Cando os Grinch roubaron o Nadal".




19/12/21

POSTAIS E AGASALLOS

Nestas datas estamos a recibir varios agasallos e destacamos os recibidos polo centro de Alzheimer de Celeiro. 

Os nenos de 3º e 4º de Ed. Primaria levaron a cabo un intercambio de postais e eles recibiron unha fermosa estrela realizada polos usuarios do Centro de Día.


 

 

Tamén, recibimos unha postal do CEP Lois Tobío, cuns adornos feitos polos nenos  para colgar na nosa árbore de Nadal.



17/12/21

AS NOSAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL

Velaiquí tedes as nosas recomendacións lectoras para este Nadal



14/12/21

Entrevista a Vicente Míguez Salgueiro

 

Na mañá do luns, 13 de decembro, o exprofesor do noso colexio, Vicente Míguez Salgueiro, fíxonos unha visita pois o alumnado de 6º curso de Primaria realizoulle unha entrevista na Radio "Rufosoños".

Esta actividade está enmarcarda dentro do proxecto "Coñecemos Celeiro"

Vicente, ademais de mestre, é un gran coñecedor do noso pobo pois participou é particia na vida social e cultural de Celeiro formando parte de diversas asociacións locais. Tamén é escritor:

  • Coñece Celeiro, porto punteiro, Conto. Coautor con Xoán Neira.
  • De azul olvido (1998), Novela.
  • A lúa deitada en Porto Norte (2011), Novela.

Ámbalas dúas obras vencelladas á pesca nos portos do norte lugués.

  • Un alpendre de sombra e luar. A escola literaria da Diocese de Mondoñedo-Ferrol. Participa en esta obra colectiva coordinada por Félix Villares Mouteira.
  • Corredactor de  Galicia, un país de paisaxes. (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia).
  • Coautor con Andrés Díaz Ferro.
  • Conserveiras de Celeiro, Vicedo, Bares e Barqueiro (a xénese industrial). Obra de investigación sobre as fábricas da conserva ao longo do século XX nas rías de Viveiro e do Barqueiro, 2018. Coautor con  Carlos Nuevos Cal.

Dende 1994, director e autor de once obras de teatro escolar.

No día de hoxe o alumnado de 6º curso fíxolle a unha entrevista que queda recollida  no seguinte vídeo




10/12/21

TEATRO POLO NADAL invitados pola ANPA do colexio

 

Na mañá do venres, 10 de decembro, todo o colexio acudiu ao Teatro Pastor Díaz de Viveiro para ver  o espectáculo da compañía MOC MOC, invitados pola ANPA do cole.

A actuación fíxonos reflexionar sobre  a cantidade de  agasallos que soemos pedir polo Nadal e que compartir é moito mellor.

Despois do teatro fumos visitar o gran Belén e fixemos un percorrido polas rúas de Viveiro, aproveitando un pouco de bo tempo.


Pasámolo moi ben! 

Dámoslles as grazas a ANPA por ofrecernos este agasallo tan especial.




8/12/21

O OUTONO

Cando o outono fai a súa aparición con el adoitan chegar as primeiras choivas, os ventos e as temperaturas máis frías.
É entón cando comezan a resultarnos irresistibles os pratos de alimentos propios desta época (cabaza, cogomelos, etc...) ademais dos pratos de culler ben quentiños.
Por isto e para dar a coñecer os alimentos propios desta estación, os nosos nenos/as pasaron a ser cociñeiros/as e elaboraron as súas receitas do outono, que recopilamos nun libro que quedará exposto na nosa biblioteca.
No seguinte vídeo, podedes ver: unha pequena mostra destas receitas tan apetitosas (pero temos moitísimas mais) e os murais tan bonitos que elaboraron, acompañados pola canción do "Outono" do poema de Xóan Neira, interpretada tamén polos nenos/as do noso cole.




3/12/21

3 de decembro, DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Biblioteca Inclusiva, todos os días do ano

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os seus dereitos e o seu benestar en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural. Asegurar que poidan exercer os seus dereitos, sen ningún tipo de discriminación, é a nosa prioridade.

E para concienciar ó noso alumnado, durante esta semana fixemos as seguintes actividades:

 

  • Exposición de libros inclusivos.
  • Lectura do conto "Supernenos"
  • Elaboración de dous cadros-murais dos alfabetos: Dactilolóxico e Braille.
  • Canción "Bos Dias" na linguaxe de signos.



CHARLA INFORMATIVA SOBRE O ALZHEIMER

 

Na mañá do venres, 3 de decembro, persoal do Centro de Día Alzheimer Celeiro (a enfermeira, Rocío e o psicólogo sanitario, Carlos) impartiron unha charla informativa para o noso alumnado de 5º e 6º curso de Primaria.

Esta actividade forma parte do Programa Interxeracional entre o Centro de Día de Celeiro e o no colexio que se desenvolverá durante o presente curso.

As nenas e nenos responderon a cuestións previas que lles fixeron tanto Rocío como Carlos e despois da charla informativa poideron realizar preguntas sobre o tema, do cal están moi sensibilizados, pois a maioría tiveron ou teñen familiares afectados polo Alzheimer.




2/12/21

SUPERNENOS

Nesta semana dedicada a diversidade funcional, presentámosvos o conto de "Supernenos" narrado en galego polos nenos do noso cole. Esta é unha bonita historia que axuda a concienciar aos máis pequenos de que as diferenzas non nos separan, senón que nos unen. O conto pretende cambiar a forma de ver a discapacidade e lanzar unha mensaxe de respecto, integración e tolerancia cara aos nenos e as nenas con diversidade funcional. Esperamos que vos guste tanto coma a nós!


30/11/21

SUPERARTE con Charo Pita

 Hoxe tivemos a visita no noso cole de Charo Pita, escritora galega de moitísimas obras, dentro da iniciativa do Concello de Viveiro "Superarte"

Os alumnos/as de 3º e 4º puideron disfrutar do relato do seu conto "A carreira", que nos conta a historia dun neno con TEA.

O próximo venres, 3 de decembro, celebramos o Día Internacional da Discapacidade e son varias a actividades que estamos realizando esta semana, sendo esta unha máis, co fin de concienciar ó noso alumnado da diversidade do ser humano e igualdade de oportunidades.



25/11/21

25N, NO CEIP DE CELEIRO

O día 25 de novembro, a comunidade educativa deste centro escolar conmemora o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Nesta data queremos reclamar a atención da sociedade e dos gobernos sobre o feito de que a violencia contra as mulleres e as nenas é unha das formas de violencia máis estendida no mundo. 

Asemade, queremos manifestar o noso compromiso de traballar para previr a violencia contra as mulleres en todas as súas manifestacións e combater calquera outro tipo de violencia:

  • Facer respectar os dereitos das mulleres e das nenas. 
  • Opoñerse a todo tipo de violencia contra as mulleres tanto física como verbal. 
  • Aprender a relacionarnos respectuosa e solidariamente. 
  • Utilizar modelos e mensaxes cooperativos e dialogantes.

 

22/11/21

#retoinvestigamos #Accion25VozNatura

 Hai 25 anos, Voz Natura chegaba ás aulas de centros educativos de toda Galicia. O programa de educación ambiental creado pola Voz e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e patrocinado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e  Vivenda, a Deputación da Coruña, a Fundación Alcoa, O Corte Inglés e a Fundación Ramón Areces nacía con dúas premisas: concienciar aos máis pequenos sobre a importancia de preservar a natureza e levar a cabo acciones desde as aulas. Hoxe, un cuarto de século despois, esa misión segue máis presente que nunca e xa son 365 os centros adscritos ao programa.  MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ

Este mes de novembro o eco reto proposto polo 25 aniversario de Voz Natura é o #RetoInvestigamos.Xa que o Proxecto Documental deste curso ten como obxectivo coñecer a nosa parroquia, Celeiro, os nenos e nenas de 4º de Primaria asumiron o reto facendo unha pequena investigación sobre a agricultura en tempos dos seus avós. Neste video podedes ver o resultado da mesma.


 

18/11/21

20 de novembro DÍA DOS DEREITOS DO NENO

O 20 de novembro, é O Día Universal do Neno.

É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo, é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos e para dar a coñecer os dereitos da infancia co fin de concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

Presentamos a continuación, un resume explicado para todos os nenos/as,  de cales son os seus dereitos e os seus deberes.




17/11/21

EXPERIMENTAMOS...

 Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas - 2021

Esta semana os nosos nenos/as están a experimentar nas súas aulas.

Están a aprender moitas cousas, xogando, gozando e experimentando.

Nos seguintes vídeos, podedes ver unha pequena mostra dos seus experimentos.




Nenos/as de 1º  Ed.Primaria



Nenos/as de 2º  Ed.Primaria



Nenos/as de 4º  Ed.Primaria