Hai 25 anos, Voz Natura chegaba ás aulas de centros educativos de toda Galicia. O programa de educación ambiental creado pola Voz e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e patrocinado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Deputación da Coruña, a Fundación Alcoa, O Corte Inglés e a Fundación Ramón Areces nacía con dúas premisas: concienciar aos máis pequenos sobre a importancia de preservar a natureza e levar a cabo acciones desde as aulas. Hoxe, un cuarto de século despois, esa misión segue máis presente que nunca e xa son 365 os centros adscritos ao programa. MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ
Este mes de novembro o eco reto proposto polo 25 aniversario de Voz Natura é o #RetoInvestigamos.Xa que o Proxecto Documental deste curso ten como obxectivo coñecer a nosa parroquia, Celeiro, os nenos e nenas de 4º de Primaria asumiron o reto facendo unha pequena investigación sobre a agricultura en tempos dos seus avós. Neste video podedes ver o resultado da mesma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario