Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se dá a coñecer a relación dos 30 centros que se integran no programa Radio na Biblio no presente curso 2021/22, así como a relación de centros de continuidade (108). En total forman parte deste programa 138 bibliotecas escolares, distribuídas por todo o territorio galego.
O programa Radio na biblio pretende o reforzo das competencias en comunicación lingüística e medios de comunicación do alumnado, mediante a creación dunha emisora ou laboratorio de radio vinculado á biblioteca escolar e contribúe á consecución dos obxectivos do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario