Na mañá do 11 de novembro, DÍA DE SAN MARTIÑO, celebramos o xa tradicional MAGOSTO que por estas datas adoitamos facer no noso colexio. Foi un día estupendo e pasámolo moi ben!!!
- Participamos no circuito de xogos que nos preparou a profesora de Educación Física, Mª José.
- O alumnado de 6º curso de Primaria, xunto coa súa titora Susana, preparou unha coreografía.
- Tamén nos acompañaron dous gaiteiros, o profesor de 5º, José Antonio e o pai e Antón, David.
- Eles foron, coa súa música, os encargados de amenizar a degustación das castañas asadas, que aínda que estaban un pouquiño duras o sabor era moi bo. Grazas ás familias pola súa aportación.
A continuación tedes a coreografía do alumnado de 6º Ed. Primaria
No hay comentarios:
Publicar un comentario