Fai uns días recibimos a visita de Lucas Requejo e Iván Fernández para regalarlle a cada neno/a do noso cole, unha postal co lema de "Viveiro Sostible". Trátase dunha iniciativa educativa creada para facer de Viveiro unha escola de vida sostible para os nenos/as viveirenses.
Aproveitando a visita, deixáronos uns paneis expositivos sobre o coidado do mar.....que nos recorda o importante que é non tirar lixo ao mar e coidar as augas da nosa vila mariñeira.
O alumnado de segundo de primaria, aproveitado estas postais, decidiu envialas por correo as súas familias con mensaxes de gratitude por habelos ensinado a coidar o noso entorno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario