Nesta data queremos reclamar a atención da sociedade e dos gobernos sobre o feito de que a violencia contra as mulleres e as nenas é unha das formas de violencia máis estendida no mundo.
Asemade, queremos manifestar o noso compromiso de traballar para
previr a violencia contra as mulleres en todas as súas manifestacións e
combater calquera outro tipo de violencia:
- Facer respectar os dereitos das mulleres e das nenas.
- Opoñerse a todo tipo de violencia contra as mulleres tanto física como verbal.
- Aprender a relacionarnos respectuosa e solidariamente.
- Utilizar modelos e mensaxes cooperativos e dialogantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario