O vello Apalpador, tamén chamado en zonas Apalpabarrigas, ou
Pandegueiro en partes do oriente ourensán, é unha figura lexendaria galega
que achega os agasallos ás nenas e nenos polas datas de Nadal. Até os
nosos días amósase como un xigante que baixaba das devesas e apalpaba as
súas barriguiñas. Se estaban cheas dicía: «Así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.
Os nenos e nenas de 5º de Infantil fixeron un traballo moi interesante
O Día dos Dereitos Humanos celébrase todos os anos o 10 de decembro. Conmemórase o día en que, en 1948, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
A historia dun poliño en busca da súa identidade, que nos leva a aprender os animais da granxa e o vocabulario en inglés e español. Ideal para lectores de educación infantil.
O gato deste conto emprenderá unha viaxe espacial e ensinaranos que a lúa ten diferentes fases. Unha historia divertida recomendada para educación infantil
Xa está rematado o calendario que fixemos para o ano 2017!!!
Este ano estamos a traballar a pintura e dentro dela o estilo impresionista; por iso pareceunos que sería interesante vincular o calendario ao proxecto. Entón cada páxina do mes contén un cadro co seu título e autor e como foto principal a representación do mesmo polo alumnado dos diferentes cursos.
Agora os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso están coa venta dos mesmos, polo que durante estas semanas, ata rematar o trimestre, poden pasar a recoller tanto os reservados como os non reservados ata que se acaben as existencias. Todo o recaudado empregarase para a excursión de fin de curso.
No mes de novembro tivemos a visita de moitas editoriais e distribuidores de libro:
ANAYA
CONSORCIO EDITORIAL GALEGO
BULULÚ
EDITORIAL NOVA GALICIA
TOP LIBROS
PORTA DA VILA
Trouxéronnos moitos libros para ollar e escollimos moitos deles para a Biblioteca. Agora toca rexistralos e catalogalos.
Pouco a pouco iremos expoñéndoos no rincón das exposicións para que os poidades ver, logo entrarán na biblioteca, colocarémolos nas súas respectivas estanterías, a partir dese momento xa os poderedes levar ás vosas casas.
O apadriñamento lector é un proxecto de
animación e fomento da lectura. Consiste en que alumnos e alumnas de
cursos diferentes se constitúen en padriños ou madriñas para compartir
momentos de lectura.
Con esta actividade preténdese principalmente a mellora dos diversos
contidos da lectura, pero ademais contribuirá a desenvolver as relacións
interpersoais dos alumnos do centro e o achegamento entre nenos de
idades diferentes.
Nesta ocasión son os nenos e nenas de 2º curso que, xunto á súa mestra Angélica, prepararon o conto: "A NENA SEN NOME" de Marina Chapman.
Ademais prepararon un audio conto no que se recollen os seus debuxos e voces.
Tamén visualizamos os vídeos que fixeron para conmemorar o DÍA DA INFANCIA
O luns, 21 de novembro, tivemos a oportunidade de contar coa psisóloga do CIM (Centro de Información á Muller), Ana María Abad, que impartiu unha charla informativa sobre AS EMOCIÓNS básicas (medo, rabia, alegría, tristeza e amor) ao alumnado de 6º curso de primaria.
Dividiu a sesión en tres partes:
1ª.- Recoñecemento das emocións: describiunos o que son cada unha delas a través do que nos pasa fisicamente cando temos rabia, por exempo, e de como reaccionamos cando nos pasa isto.
2ª.- Xestión de emocións: explicounos a técnica do semáforo e da tartaruga para manexar o que nos ocorre cando sentimos rabia.
3ª.- Amosounos técnicas de relaxación e de autocontros.
Todos os nenos e nenas de 6º curso estiveron moi atentos e interesados e fixeron unha foto todos xuntos amosando cada unha das emocións aprendidas.
Os xogos populares, como outros elementos culturais, conteñen diferentes concepcións que forman parte da sociedade, teñen unha dimensión lúdica e educativa, e son parte importante da convivencia e cooperación en grupo. Posúen un gran valor socio-cultural que sobrepasa os aspectos lúdicos, pois cada xogo presenta diferentes características dependendo da zona na que se practica.
Os xogos defínense como a actividade física ou mental que ten a finalidade de divertirse e entreterse.
Obxectivos:
Utilización axeitada e valoración das estratexias básicas do xogo: cooperación, oposición e cooperación/oposición.
Valoración do esforzo persoal e do colectivo nos diferentes tipos de xogos e actividades deportivas á marxe de preferencias e de prexuízos. Aprecio do xogo e do deporte como medio de desfrute, de relación, de saúde e de ocupación do tempo de lecer.
Pretendemos potenciar, mediante unha metodoloxía activa, que o neno/a coñezaa o seu propio corpo, as súas posibilidades e limitacións practicando xogos e, ó mesmo tempo, coñeza unha parte importante da súa cultura participando nos xogos populares.
Este curso xa comezaron as fases clasificatorias; e como sempre, o profesor Vicente Míguez, coordina os mesmos durante os recreos.
O 20 de novembro de 1959 aprobouse
a Declaración dos Dereitos do Neno. E desde entón, en todo o mundo,
celébrase nesta data o Día Universal dos Dereitos da Infancia.
No
noso centro o alumnado e profesorado, seguindo a programación recollida no proxecto da Biblioteca e no EDLG (Equipo de dinamización da Lingua Galega), traballamos sobre este tema durante esta quincena.
Para celebrar que estamos no tempo o outono os nenos e nenas de 2º curso fixeron un excelente traballo como escritores e ilustradores, despois gravaron o conto e o resultado final é este vídeo que vos deixamos nesta entrada.
O mércores, 9 de novembro, os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso tiveron unha charla informativa sobre a temática do acoso escolar e o ciberacoso, a cargo do policía nacional Pablo Rodríguez González, Delegado de Participación Ciudadana.
O Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta
Inspección de Educación, ofrece aos centros docentes a posibilidade de
solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso
escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas
xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e
Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade
educativa (alumnado, profesorado, familias)
Os contos ábrennos os ollos, axúdanos a comprender mellor o mundo que nos rodea, transpórtannos a outras realidades e permíten que viaxemos a outros países... sen saírmos da casa!
A escolma de contos populares e de autor baseada no fondo editorial de OQO, ábrenos tamén as orellas. A nova achega Máis contos en cantos mestura literatura, imaxe e estilos musicais diversos para que cativos, e non tan cativos, gocen da lectura, do son e da estética.
O venres, 28 de outubro, celebramos o Samaín no noso colexio.
Durante a semana fixemos actividades que nos axudaron a coñecer e aprender en que consiste esta celebración:
buscamos moita información
fixemos fichas para facer pequenos libros
debuxamos e escribimos contos
decoramos as portas e corredores
os nenos e nenas de infantil, coa axuda das súas mestras, elaboraron un gran castelo que encheron de figuras monstruosas que trouxeron das súas casas e elaboradas con materiais de refugallo
houbo sesión "de contos de medo" na Biblioteca a cargo das mestras Kare, Cristina e Angélica.
os nenos e nenas de infantil remataran o día xogando e bailando no ximnasio
O DOG de hoxe, 26 de outubro, publica a Orde de 13 de outubro pola
que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas
escolares en centros non universitarios sostidos con fondos públicos
para o curso 2016/2017. A resolución detalla as contías asignadas a cada
centro para este curso que para os centros con máis de dous anos de
permanencia no programa será só para fondos, e para os incluídos nesta
convocatoria e na correspondente ao curso anterior, será para fondos,
mobiliario e outros equipamentos imprescindibles, así como para gastos
de funcionamento.
Intégranse 38 centros públicos e 10 centros concertados, polo que o
total de centros integrados neste "Rede de Bibliotecas Escolares" que
constitúe o PLAMBE chega este ano a 615 centros.
Na aula de 6º de infantil traballouse o conto "El cazo de Lorenzo" de Isabelle Carrier.
Trátase dun conto que nos amosa en forma de metáfora os obstáculos que ten que superar un neno con dificultades. Esas dificultades represéntanse por medio dun cazo vermello que acompaña a Lourenzo a todas partes.
A través do conto, podemos observar como Lourenzo ten que esforzarse moito máis cos demais para conseguir o mesmo, precisamente por ese cazo que lle complica un pouco a vida.
Tamén nos amosa como Lourenzo ten moitísimas calidades; como hai persoas que só ven o cazo e atópano raro, e mesmo inquietante. Pero afortunadamente existen persoas extraordinarias (pais, mestres, terapeutas...) que axudan a Lourenzo a explotar os seus puntos fortes e a levar máis discretamente o seu cazo, o que lle facilita substancialmente a vida.
Como se traballou o conto?
Primeiro contóuselles o conto, sen explicarlles en ningún momento de que ía nin que significaba ese cazo, e logo viron varios vídeos que están en internet. Despois fixéronse preguntas para ver o que recolleran. Ningún entendera a metáfora, aínda que tampouco é de estranar, pois é difícil que a interpreten por si mesmos.
Entón explicóuselles que significaba ese cazo. Ese cazo eran distintas dificultades coas que se podían atopar as persoas. E fomos poñendo exemplos: ese cazo podía significar non ver, non oír, non poder camiñar, ter dificultades para comunicarse... E con cada un dos exemplos, iamos falando sobre como podía afectar ao noso día a día (como o cazo complicábanos un pouco a vida) e que podiamos facer para que ese cazo fose máis discreto (por seguir cun exemplo, no caso de ter unha discapacidade auditiva, como a lingua de signos, a lectura de beizos ou uns audífonos podían facer a nosa vida moito máis fácil).
Tradución do conto.
Como o libro que temos na biblioteca está escrito en castelán fixémoslle a tradución ao galego, así os nenos e nenas participan por igual das dúas linguas oficiais de Galicia.
Actividades que levamos a cabo.
Libro-Audio: que consistiu en reproducir as ilustracións, escribir e narrar o propio conto. Tomamos imaxes dos seus debuxos, gravamos as súas narracións e o resultado final foi o seguinte vídeo.
Dramatización para os demais compañeiros do cole. Fixémolo coa colaboración do alumnado de 6º curso. A representación tivo lugar no ximnasio o Día da Biblioteca Escolar, 24 de outubro. Gustou moito e o resultado final queda recollido tamén en vídeo.
Reflexións e Gran Mural. Finalmente fixemos un mural coa pancarta da dramatización, os debuxos e os textos do libro-audio.
Con motivo da celebración do Día da Biblioteca Escolar o luns, 24 de outubro, os equipos da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega preparamos unha chea de actividades que seguro vos van a gustar e coas que aprenderedes moitas cousas sobre a nosa biblioteca.
Este é un programa complementario de apoio e colaboración de profesorado nativo prioritariamente nos Centros Plurilingües, Seccións Bilingües e Escolas Oficiais de Idiomas para posibilitar a práctica da conversa oral, proporcionar un modelo de corrección lingüística e achegar o alumnado e profesorado á cultura do seu país.
O venres, 7 de outubro, saíaron da Biblioteca as Mochilas Viaxeiras.
A Mochila Viaxeira está pensada para que, desde a Biblioteca Escolar,
se poida organizar unha actividade que implique ás familias, e así
proporcionar un motivo de encontro entre os distintos membros desta,
tomando como motivo o mundo dos libros e da lectura.
A
mochila é o soporte que permite aos rapaces e rapazas levar á súa
casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo
entre familia e escola na súa labor común para a formación dos
lectores máis novos.
Hoxe, na TVG, emitirán o programa COS PÉS NA TERRA, onde sairán os nenos e nenas do noso centro, que participaron nas actividades do Horto o curso pasado. Que pasen un bo día!
Iniciamos un novo curso, o que supón un avance na vosa formación e preparación. Por iso, necesitaredes dedicación e esforzo persoal para alcanzar as metas que vos propoñades. Neste labor contaredes coa axuda dos vosos profesores. A nosa función é tentar formaros, pero tamén axudarvos para que cheguedes a conseguir esas metas.
Neste Centro son moitos os compañeiros e compañeiras que queren aprender e formarse como persoas. Para conseguilo, é preciso ter en conta unhas normas de comportamento que deben basearse no respecto aos compañeiros, aos profesores e ao persoal non docente.
Durante o curso vades ter unha persoa que vos guiará nas vosas dúbidas e problemas: o voso titor ou titora. Pero a cambio, pedímosvos que os axudedes no seu labor contribuíndo a crear un clima agradable de convivencia na clase. Tentade resolver os vosos conflitos cos compañeiros dialogando e razoando con eles; as voces, os insultos, os berros... só demostran unha falta de educación e non resolven nada.
Pedímosvos tamén a vosa colaboración en manter a orde nas aulas e corredores. Durante o tempo entre clase e clase debedes permanecer na vosa aula esperando ao profesor. Non están permitidos os berros e os saltos. Utiliza as papeleiras que están repartidas por todo o Centro.
E por último recordamos que tedes á vosa disposición unha Biblioteca ben dotada para que poidades retirar e devolver os libros que necesitedes. Coidádeos, pois teñen que ser utilizados por todos os alumnos e alumnas do Centro. O voso profesorado guiaravos nesta tarefa.
"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.
A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.
Nos últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do coñecemento. Os materiais de divulgación científica, os xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da exploración física ou simbólica foron temática de traballo e son xa parte esencial das programacións e dos proxectos coordinados desde as bibliotecas. Cómpre agora facer visible esa parte do coñecemento humano que conecta directamente coa creatividade: as Artes todas teñen cabida na biblioteca escolar e así o demostran as múltiples actividades programadas anualmente con está temática.
O Portal Educativo publica as INSTRUCCIÓNS de 1 de setembro de 2016,
da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos en relación coa
organización e o funcionamento das bibliotecas escolares, durante o
curso 2016/2017, e que serán de apliación en todos os centros públicos
de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e O.U. que imparten
ensinanzas de nivel non universitario, coa adaptación pertinente ás
diferentes tipoloxías de centros. Acompañan ás Instrucións propiamente
ditas, un Anexo I de Anotacións, e un Anexo XI de Orientacións (este
último correspondente á última convocatoria PLAMBE).
Luisa e Marta estiveron no colexio para
compartir o seu tempo ensinando aos alumnos de 5º e 6º curso como
reutilizar bolsas de plástico de supermercado e papeis de revistas para
elaborar bolsos e pulseiras. O seu traballo pódese seguir na páxina do
seu FACEBOOK.
O xurado outorgou os premios da convocatoria do CARTEL INFANTIL DA FESTA DA MERUZA. O primeiro premio foi para un traballo conxunto da aula de 4º de Primaria do CEIP Santa Rita de Galdo; o segundo foi para Inés Cachón e o terceiro para Inés Alonso, alumnas do noso Centro.
No noso colexio gústanos moito ver e observar os traballos realizados por outros coles e así foi como chegamos ao COLE DA ARMENTEIRA.
Para traballar as Letras Galegas ilustraron varios poemas de Manuel María, engadíronlle música e efectos de vídeo. O resultado final podemos velo
Os nenos e nenas de 6º de Infantil do CEIP Pedrosa Latas felicitaron o traballo realizado enviándolles uns debuxos e eles en agradecemento fixeron este bonito vídeo
Todo o cole queremos agradecer este fermoso vídeo que nos dedicaron. Moitas grazas e novamente noraboa polos vosos traballos!
É a rede de proxectos de innovación educativa co obxectivo de ofrecer ideas e ferramentas científicas e pedagóxicas que potencien o traballo colaborativo, as metodoloxías activas e o desenvolvemento do talento persoal e colectivo.
PITEAS foi un navegante, explorador e científico grego do século IV a. C., a quen se atribúen importantes descubrimentos: entre eles, o de que a nosa Hispania era unha península.
Durante o mes de maio son moitas e variadas as actividades que levamos a cabo todos os cursos do colexio:
Exposición de libros dos autores homenaxeados
Láminas sobre Manuel María
Traballos dos alumnos e alumnas
Dramatización "O bigote de Mimí" a cargo dos nenos e nenas de 1º curso
Presentación en vídeo da canción "Depende de min", con letra, música e coreografía dos profesores do centro.
Festival especial (venres, 20 de maio) coa participación dos alumnos e alumnas do colexio cantando a canción do MAIO e o coro "SONS DE CELEIRO" dirixido por Daniel Caxete.
O martes, 10 de maio, tivo lugar a inauguración da Exposición "Os soños de Manuel María".
Asistiron a Xefa Territorial de Educación Maricarmen Gueimunde, o asesor do CEFORE Manuel Sánchez, a concelleira de Cultura Lara Fdez, as coordinadoras das bibliotecas escolares que integran a microrrede, así como as comunidades educativas dos diferentes centros.
A continuación sucedéronse as diversas actividades dinamizadoras correspondentes a este día.
CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo con "Os soños non poden estar engaiolados"
IES María Sarmiento de Viveiro con varias actuacións de alumnos e alumnas
IES Perdouro de Burela co recitado de varios poemas.
Na tarde do luns, 9 de maio, o profesorado e colaboradores dos centros educativos da MICRORREDE realizamos a montaxe da exposición "OS SOÑOS DE MANUEL MARÍA".
Xa están rematados o cartel e o díptico da actividade colaborativa das bibliotecas escolares da Mariña, pertencentes ao PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares).
Nas seguintes presentación podemos velos.
Do martes, 10 ao venres, 13 de maio, en horario de 18:00 a 20:00 horas poderemos ver a exposición conxunta e as actividades dinamizadoras, este ano no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
O noso centro actuará o xoves, 12 de maio e participarán todo o noso alumnada, dende 4º infantil ata 6º de primaria.
A tripulación do helicóptero: piloto e rescatadores, explicáronlles os elementos que utilizan para facer os rescates e tamén lles deron bos consellos para acudir ao mar; foron izados pola grúa e subiron ao helicóptero.
Aprenderon moitas cousas e pasáronno estupendamente, remataron a xornada tomando a media mañá no parque de Lavandeiras.
Dentro
dun proxecto escolar de concienciación con respecto ao medio, o
alumnado de sexto curso do colexio de Celeiro asistiu a unha charla de
recollida de lixo e verquidos nun mercante.
Foron acompañados por Andrés
Díaz, Práctico dos Portos de Cariño, Celeiro e Burela, e recepcionados
polo Capitán do Cape Cee, mercante con base en Tenerife e que cargaba
seixo rumbo a Santander, aínda que o destino máis habitual é francés, un
porto preto de Marsella. O
Primeiro Piloto desenvolveu as veces de guía abordo, mostrando as
distintas dependencias do buque: ponte de mando, cuberta, máquinas,
cociña...
Na mañá do día 21 de abril, os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso de primaria participamos na plantación de novas árbores na fachada do paseo marítimo de Viveiro.
O acto estivo organizado polo Seminario de Estudos "Terra de Viveiro" en colaboración co Concello de Viveiro.
Esta actividade estaba aplazada dende o día da árbore, o 21 de marzo, debido ás inclemencias meteorolóxicas. NOTICIA NA PRENSA LOCAL
Os 23 nenos e nenas do grupo de teatro escolar do Pedrosa Latas de
Celeiro participarán nos actos conmemorativos que organizan os Aventados
en San Cibrao.
Será o próximo sábado día 23, xusto o día no que se
cumpren 400 anos do pasamento de Miguel de Cervantes, en cuxo homenaxe
se celebran múltiples actividades en todo o mundo para honrar ao gran
personaxe universal, autor da primeia novela, Don Quijote de la Mancha.
Ademais da representación teatral actuará a Orquestra de Corda do Conservatorio de Viveiro.
Co título "El legado de Cervantes. Teatro y música" o acto celebrarase no Auditorio da Casa de Cultura, a partir das 8 da tarde.
O 23 de abril é unha data simbólica para o mundo da literatura. Nese día, en 1616, morreu Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o poeta Garcilaso de la Vega.
É por este motivo polo que a UNESCO elixiu esta data durante a súa Conferencia Xeral para render homenaxe ao libro e aos autores, animando a todo o mundo, e en especial aos mozos, a descubrir o pracer da lectura e a respectar a insubstituíble contribución dos autores ao progreso social e cultural.
A orixe desta celebración atópase en Cataluña (España) onde é tradición regalar unha rosa e un libro o 23 de abril, data que coincide con Sant Jordi.
Todo o que fixemos para conmemorar esta data atopámolo na
Exposición: "Os soños de Manuel María", do proxecto Microrrede PLAMBE A Mariña.
Despois de traballar en familia a tarxeta adicada a Manuel María, agora toca expoñer os traballos no colexio para celebrar o Día do Libro. Posteriormente faremos unha exposición conxunta todos os centros que formamos a Microrrede, será polas Letras Galegas, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
Achégase o Día Mundial do Libro, o 23 de abril, unha das datas máis significativas do calendario civil nas bibliotecas escolares galegas. Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita un pequeno díptico cun texto orixinal agasallo dun autor ou autora galega. Desta vez, o texto co que celebramos o Día do Libro é de Pedro Feijoo, un dos creadores galegos máis lidos nos clubs de lectura dos centros de ensino, quen afirma con rotundidade no seu texto Os libros son para valentes: "... eu tamén sei que para cada un de nós hai un libro. Un que nos explicará como é que funciona isto de vivir, como se sae adiante, como se avanza. Ou polo menos como poñerlle o rabo ás cereizas..."
Dentro das actividades da SEMANA DAS ARTES PLÁSTICAS NA MARIÑA fumos ver a exposición no CENIMA en Foz, o mércores, 13 de abril, os cursos 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.
O venres, 8 de abril, os alumnos e alumnas de 1º e 2º curso visitaron as instalacións do complexo Regal/Xunqueira
na que levaron a cabo as seguintes actividades:
Visita guiada á fábrica.
Coñecer o proceso da elaboración dos distintos obxectos e escuturas do ceramista Otero Regal.
Xa remataron as xornadas do PLAMBE, os días 7 e 8 de abril, no Palacio de Congresos en Santiago.
Como todos os anos, a organización das mesmas resultaron de gran éxito de asistencia por parte dos colexios, de calidade nas conferencias, relatorios así como as mesas de experiencias e recursos. Despois do xantar, as compoñentes da MICRORREDE A MARIÑA, tivemos a oportunidade de compartir novas experiencias e ademais reunirnos para ultimar moitos dos preparativos do novo proxecto deste ano "OS SOÑOS DE MANUEL MARÍA".
Os traballos xa están nas casas do noso alumnado e pronto realizaremos as exposicións nos colexios.
Son moitos os detalles que temos que ter presentes para a exposición no Teatro Pastor Díaz de Viveiro (este é o primeiro ano que cambiamos a ubicación, anteriormente expoñiamos no Salón Multiusos do Concello).
Tamén as actividades dinamizadoras requiren unha atención importante pois cada vez son máis numerosas.
Os días 7 e 8 de abril próximos celebraranse en Compostela os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares
do curso 2015/2016, coa asistencia de 145 responsables de bibliotecas
integradas no programa, na primeira xornada, e representantes da
totalidade dos centros (575) xa na segunda xornada. Este encontro anual
do profesorado que xestiona e coordina as bibliotecas integradas no
PLAMBE, serve para avanzar na formación deste colectivo e constitúe un
espazo de reflexión, intercambio de experiencias e propostas arredor dos
ámbitos de actuación da biblioteca escolar: a lectura, a información, a
aprendizaxe.
Mentres nas casas estades a preparar as tarxetas para Manuel María, no colexio preparamos a actividade dinamizadora que nos corresponde levar a cabo o xoves, 12 de maio, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
Participaremos todo o colexio cantando baixo o título: