As profesoras Rebeca, Rosa, Cristina e Sandra puxeron en escea o libro "A figueira de Pelostortos", fixéronno estupendamente e todos os nen@s e profesores/as do colexio aplaudimos moito despois de rirnos un montón e pasalo moi ben.
- Páxina principal
- Web CEIP de CELEIRO
- FORMACIÓN DE USUARIOS
- CANCIÓNS E CONTOS NA BIBLIOSOÑOS
- TRABALLOS DE CREACIÓN PROPIA
- APADRIÑAMENTOS LECTORES
- ITINERARIO LECTOR
- ACTIVIDADES DEPORTIVAS NO COLEXIO
- ACTIVIDADES MUSICAIS
- Páxina do colexio MICRORREDE A MARIÑA
- ACTIVIDADES EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL
- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
- ESPAZO ABALAR
- BIBLIOTECA VIRTUAL DA BIBLIOSOÑOS
- Rede Lectura Compartindo libros e lecturas
- ACTIVIDADES PARA O VERÁN
- EDUGA (Revista Galega do Ensino)
- BOLETÍN INFORMATIVO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
- Xornal "O PAPAGAIO"
- ESCRITORES VIVEIRENSES
- RECONMENDACIÓNS LECTORAS
- PÁXINAS DE RECURSOS DO COLEXIO
- VAI DE CONTOS...
- Proxecto: CONTOS E CANTOS
Visitas ao blog
328,376
29/4/12
26/4/12
Un día moi importante para as Bibliotecas Escolares
Xa inauguramos a Exposición "De onte a hoxe...lembrando o pasado"
24/4/12
Exposición en Viveiro
O mércores, 25 de abril, ás 20:00 horas inauguramos a Exposición dos traballos
"De onte a hoxe: lembrando o pasado"
Presentámosvos o programa de actos
23/4/12
Entrega do PREMIO CERVANTES
Hoxe, 23 de abril, terá lugar a entrega do Premio Cervantes 2011. A figura homenaxeada este ano é NICANOR PARRA.
21/4/12
23 DEL ABRIL, DÍA DO LIBRO
O Día do Libro (tamén denominado Día Internacional do Libro e Día Mundial do libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.
No noso colexio faremos actividades durante toda a semana:
- Temos unha páxina especial con moita información sobre Miguel de Cervantes, vídeos, xogos e outras actividades.
- Teremos unha sesión de contacontos, cunha posta en escea moi especial, do libro A figueira de Pelostortos.
- Participaremos na exposición conxunta que estamos a preparar todas as Bibliotecas Escolares que pertencemos ao PLAMBE dos concellos de Viveiro e Xove. a exposición leva por título "De onte a hoxe...lembrando o pasado". A inauguración será o vindeiro mércores, 25 de abril, ás 20:00 horas.
A esta exposición irán unha selección dos traballos que fixéchedes coas vosas familias (algúns deles xa están expostos no colexio), xa que por falta de espacio é imposible levalos todos. Dende a Bibliosoños felicitamos a todas as familias pola gran participación e o entusiasmo posto nos traballos.
Sen dúbida estamos no camiño de conquerir os obxectivos que nos marcabamos con esta actividade:
a recuperación da literatura infantil como fonte de pracer, fomentar hábitos de lectura, recuperación e lembranza dos libros que forman parte da memoria das familias.
18/4/12
11/4/12
Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011/2012
NO BLOG DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
PODEMOS LER:
Os vindeiros 19 e 20 de abril, o Palacio de Congresos de Santiago de Compostela reunirá a 315 asistentes nos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011/2012. Nesta ocasión danse cita en Santiago profesoras e profesores que coordinan os equipos de biblioteca de máis de 300 centros incluídos no programa nas últimas convocatorias (desde a 4ª á 7ª), asistindo así mesmo asesores e asesoras da Rede de formación do profesorado que colaboran neste ámbito.
PODEMOS LER:
Os vindeiros 19 e 20 de abril, o Palacio de Congresos de Santiago de Compostela reunirá a 315 asistentes nos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011/2012. Nesta ocasión danse cita en Santiago profesoras e profesores que coordinan os equipos de biblioteca de máis de 300 centros incluídos no programa nas últimas convocatorias (desde a 4ª á 7ª), asistindo así mesmo asesores e asesoras da Rede de formación do profesorado que colaboran neste ámbito.
Ademais das conferencias previstas (Casildo Macías, Elena Martín, Santiago Fernández, José Antonio Millán, entre outros), tamén haberá espazo para a difusión de experiencias de calidade, arredor dos proxectos interdisciplinares e as pequenas investigacións que, co apoio da biblioteca escolar e os seus recursos, permiten dotar ao alumnado de habilidades para o uso e produción da información, contribuíndo á adquisición de competencias básicas, especialmente as competencias de "tratamento da información e competencia dixital" e a de "aprender a aprender".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)