CLICA NA IMAXE
- Páxina principal
- Web CEIP de CELEIRO
- FORMACIÓN DE USUARIOS
- CANCIÓNS E CONTOS NA BIBLIOSOÑOS
- TRABALLOS DE CREACIÓN PROPIA
- APADRIÑAMENTOS LECTORES
- ITINERARIO LECTOR
- ACTIVIDADES DEPORTIVAS NO COLEXIO
- ACTIVIDADES MUSICAIS
- Páxina do colexio MICRORREDE A MARIÑA
- ACTIVIDADES EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL
- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
- ESPAZO ABALAR
- BIBLIOTECA VIRTUAL DA BIBLIOSOÑOS
- Rede Lectura Compartindo libros e lecturas
- ACTIVIDADES PARA O VERÁN
- EDUGA (Revista Galega do Ensino)
- BOLETÍN INFORMATIVO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
- Xornal "O PAPAGAIO"
- ESCRITORES VIVEIRENSES
- RECONMENDACIÓNS LECTORAS
- PÁXINAS DE RECURSOS DO COLEXIO
- VAI DE CONTOS...
- Proxecto: CONTOS E CANTOS
Visitas ao blog
328,375
28/4/15
27/4/15
Visita de Abraham Carreiro
BIOGRAFÍA:
Abraham Carreiro
Fernández. Vigo 1981.
Cursei catro anos de estudos en Artes Gráficas na escola
Joso de Barcelona e un ano de especialización en ilustración de libros na
escola Massana.
Actualmente traballo como debuxante, ilustrador e deseñador
gráfico. Ademais de Xoeliki as aventuras dun ciberpirata, teño publicados: A
colección Contos que len outros nenos do mundo; A fortuna de Bartolomeu ;
Un sol de Mascota; Xanardán e a becha ; Grandes contra pequenos ; O corvo do chapapote; Os
pequenos Barbanzóns ( Ed. Toxosoutos); a mascota Lepi, para a biblioteca do
concello de Ames; a revista dixital de humor gráfico “kkrak rebélase o
galiñeiro”; debuxos para o cómic da revista Podem; viñeta mensual para a revista
Tempos Novos e a historia de cómic Juppy que Vicio premiada no salón
de Historias em Quadrinhos de Sao Paulo.
24/4/15
SEMANA DAS ARTES PLÁSTICAS NA MARIÑA
FOTO: Pepa Losada
Presentación na fábrica de Sargadelos da Semana das Artes Plásticas
Durante toda esta semana tiveron lugar as visitas dos Centros Educativos á Exposición das Artes Plásticas na Mariña. Do noso centro, os alumnos de 3º e 4º curso foron o mércores, 22 e os alumnos de 5º e 6º o xoves, 23.
Os artistas mariñáns que exporán as súas obras
no Centro de Interpretación da Mariña Lucense (CENIMA) de Foz dende o
10 ao 30 de abril dentro da Semana das Artes Plásticas da Mariña son:
Xosé Blanco, Daniel Caxigueiro, Celso Dourado, Mauro
Leivas, Ernesto G. Torterolo, Laly Santos, J. María P. Rielo, Antonio
Rodríguez, Pili Rei, Lucía Catuxo, Zili Katova, Cris Basanta, Lucía
Vila, Xoán Guerreiro, Eva Rivas, Patricia Arellano, Martín Lestao, Neira
Brochs, Alberto Pena, Juanel Ponte, Carmen Llonín, Otero Regal, Ignacio
Castro, David Catá, Ana Sánchez, Julián Bouza, Balbina López Santos,
Alvaro Trincado e Manuel Villagordo.
23/4/15
FELIZ DÍA DO LIBRO
O xoves, 23 de abril de 2015, celebramos nas Bibliotecas Escolares o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DEREITOS DO AUTOR.
Todas as actividades que levamos a cabo quedan recollidas nesta
22/4/15
Traballos especiais para celebrar o día do Libro
Os alumnos e alumnas de 2º curso, xunto co seu titor Eduardo, acaban de rematar o libro que leva por título "AVENTURA ESPACIAL".
O vindeiro 23 de abril, con motivo do DÍA DO LIBRO, faremos a súa presentación.
Powered by
Issuu
Publish for Free
21/4/15
Moitas actividades para o DÍA DO LIBRO
Estamos inmersos na conmemoración do DÍA DO LIBRO
coa realización de moitas actividades.
NESTA PÁXINA TEMOS
TODA A INFORMACIÓN
coa realización de moitas actividades.
NESTA PÁXINA TEMOS
TODA A INFORMACIÓN
Exposicións:
·
Rincón
da biblioteca:
o
Información
sobre o Día do Libro
o
Exemplares
do libro: “Don Quijote de la Mancha”
·
Entrada
do colexio:
o
Traballos
da convocatoria do PLAMBE A MARIÑA
“O refraneiro de Cervo a
Viveiro”
·
Mércores,
22 de abril:
o
Obradoiro
para o 3º ciclo “Como se fai un libro”
·
Xoves,
23 de abril:
o
Formación
de usuarios na bibliosoños.
o
Presentación
do libro de 2º curso
“Aventura
espacial”
·
Martes,
28 de abril:
o
Visita
do escritor e ilustrador Abraham Carreiro.
·
Elaboración
de traballos especiais nas aulas
20/4/15
Noticias medioambientais
Estes días no colexio estamos levando a cabo traballos no horto escolar.
Na seguinte PÁXINA podemos ver máis información
Estas actividades forman parte dos proxectos deste curso:
13/4/15
Preparando a celebración do Día Mundial do Libro
Coma en
anos anteriores, as Bibliotecas Escolares de Galicia celebran o Día Mundial do Libro coa edición dun pequeno marcapáxinas en forma de díptico que acolle un texto inédito, neste caso da escritora María Solar,
sobre a maxia dos libros, con referencias literarias evocadoras de
aventuras e viaxes. Agradecemos a María Solar a súa xenerosidade e a súa
recomendación para este día: "Ás veces o destino está no libro que tes ao lado. Só tes que abrilo e gozar"

7/4/15
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE
Hoxe celébrase o
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE
Como este curso estamos a traballar sobre A ALIMENTACIÓN é importante ter en conta o seguinte artigo que recollemos na páxina do proxecto ALIMÉNTATE BEN.
2/4/15
DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor
danés Hans Christian Andersen, o IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) promove a celebración do Día
Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros
infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Todos os anos unha Sección Nacional é a encargada de elaborar unha
mensaxe para todos os nenos e nenas do mundo. Compartimos con vós a
difundida neste 2015 polos Emiratos Árabes Unidos, da man da escritora
emiratí Marwa Al Aqroubi e a ilustradora Nasism Abaeian.
"Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, mais compartimos as mesmas historias"
Historias internacionais… historias tradicionais
É a mesma historia que se nos conta a todos
En diferentes voces
En diferentes cores
Pero permanece inmutábel…
Comezo…
Argumento…
E fin…
É a mesma historia que todos sabemos e amamos
Todos a escoitamos
En diferentes versións de diferentes voces
Mais sempre é a mesma
Hai un heroe… unha princesa… e un vilán
Non importa a súa lingua, nin os seus nomes,
Nin as súas caras
É sempre o mesmo comezo,
Argumento
E fin
Sempre ese heroe… esa princesa e ese vilán
Inmutábeis durante séculos
Acompáñannos
Murmúrannos nos nosos soños
Arrólannos para durmir
As súas voces marcharon hai tempo
Pero viven nos nosos corazóns para sempre
Pois únennos nun mundo de misterio e imaxinación
Para que todas as culturas se fundan nunha única historia."
Marwa Al Aqroubi
Suscribirse a:
Entradas (Atom)