Na mañá de hoxe o equipo formado por Carla, Mireya, Pedro G., Nicolás e Mateo gravaron o Programa da Radio na Biblio número 3. Tivo como contidos:
- Dereitos da Infancia
- Contra a Violencia de Xénero
O alumnado de 1º curso, xunto coa súa titora Rita e a mestra Lucía, prepararon unha presentación sobre os Dereitos da Infancia:
Dentro das actividades organizadas pola ANPA do colexio, no PROXECTO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO, na mañá do martes 19 de novembro estaba programada unha saída ao teatro, para todo o alumnado do centro.
A base do proxecto é concienciar ás futuras xeracións da importancia da
protección e recuperación da biodiversidade mariña para o consumo futuro
de peixe; como podemos conservar os recursos biolóxicos; como o sector e
as administracións traballan unidas para a limitación do impacto da
pesca e a adaptación da mesma á protección das especies, todo iso sen
deixar para comer peixe, é máis, dando unhas pautas de como se debe
consumir este produto, e explicando o marco de control pesqueiro e
protección do medio ambiente europeo.