Bota unha ollada ás nosas novidades!!
Estes días estamos a recibir novos libros na nosa biblioteca, así que vos animamos a que disfrutedes da lectura facendo uso deles.
Seguro que vos gustarán moito!
Bota unha ollada ás nosas novidades!!
Estes días estamos a recibir novos libros na nosa biblioteca, así que vos animamos a que disfrutedes da lectura facendo uso deles.
Seguro que vos gustarán moito!
Comezamos as actividades complementarias neste novo curso no que imos levar a cabo un proxecto documental que nos vai axudar a coñecer moito máis o noso pobo: CELEIRO.
O alumnado de 5º e 6º de Primaria, xunto cos seus mestres, participaron na actividade programada pola Confraría de Celeiro: MARIÑEIROS POR UN DÍA.
PREME NA IMAXE PARA VISUALIZAR O VÍDEO
TRÍPTICO
Fai uns anos, antes da COVID-19, convocamos un concurso de debuxo e deseño para elaborar unha figuras de recordo para entregar como agasallo aos persoeiros que pasaran polo noso centro e nos viñeran a facer algunha actividade.
Os gañadores e gañadoras daquel concurso foron:
Sara Arias, Nuno Besada e Luis Fernández.
Encargamos a realización das figuras a ASPANANE que nos fixeron varios deseños ata chegar ao resultado final: tres pezas ben bonitas e moi traballadas.
O pasado día 16 de setembro fumos recollelas e agora presentámolas neste blog
O lema elixido, A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA, quere poñer o foco na palabra e a oralidade. A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2021-2022 é obra do ilustrador, escritor, deseñador e artista visual Pablo Otero, que leva xa un tempo colaborando coas bibliotecas escolares en formacións e obradoiros.
Helena Goás, de 6º de primaria, e Daniel García, de 5º de primaria, son os gañadores do concurso de fotografía. Unha cita que versou, este ano, sobre a restauración de ecosistemas, temática protagonista do día do Medio Ambiente neste 2021. Un concurso organizado, como cada ano, polo Puerto de Celeiro.
O xurado estivo conformado por Ana Feáns, Eduardo Míguez e Jesús Lourido do Puerto de Celeiro, Rita Lamas, Marta Pérez e Bibiana Santos do CEIP Celeiro e Carolina Docampo, Natalia García, Sonia Martínez da ANPA do centro.
O prazo de inscrición abriuse o 5 de xuño e pechouse o venres 18, Día da Gastronomía Sostible. Durante este tempo foron 44 os escolares que presentaron os seus traballos, de eles 18 alumnas e alumnos, de 5º e 6º de primaria, foron os que entraron no concurso de maneira oficial. O premio ao mellor traballo recaeu en Helena Goás, de 6º de primaria, o segundo premio foi para David Paleo e o terceiro para Nerea Pigueiras. Na categoría de mellor formato o primeiro premio é para Daniel García, de 5º de primaria, o segundo para Andrés Adam e o terceiro para Sara Asmerón. As rapazas e rapaces gañadores recibirán libros sobre temática ambiental e mariña. O centro será premiado ademais cunha pantalla interactiva valorada en preto de 2000 euros.
Neste concurso participaron 44 nenas e nenos de 3º,4º, 5º e 6º de primaria, pese a que na sección oficial formaron parte 18 escolares de 5º e 6º. Un concurso onde puideron deixar voar a súa imaxinación e creatividade coa presentación dunha fotografía vencellada coa temática deste ano do Día Mundial do Medio Ambiente, a reconstrución de ecosistemas. Asemade, todo o alumnado que participou presentou esta fotografía nun marco realizado con materiais de refugallo. Trátase dunha actividade onde quedou patente a vea artística destas pequenas e pequenos.
O acto de entrega dos premios tivo lugar o venres 25 de xuño, Día da xente do mar, ás 12:30 no salón de actos do Puerto de Celeiro.
Esta iniciativa é froito do acordo de colaboración entre o CEIP de Celeiro e PUERTO de CELEIRO S.A OPP-77, para promover actividades que contribúan a concienciar ao alumnado de Celeiro sobre o medio ambiente mariño, e o coñecemento da realidade económica e social da súa contorna e dos produtos de pesca e está financiada polos fondos FEMP a través do PPeC 2021 da OPP77.
Co remate deste curso o alumnado de 6º de Primaria
tamén remata a súa escolaridade no colexio de Celeiro.
As experiencias vividas nestes anos son innumerables, e estamos seguros que o chegar hoxe aquí para moitos non foi fácil, estes anos requiriron de moito esforzo e dedicación e hoxe non é máis que o resultado de todo o seu empeño.Tocoulles vivir nunha época difícil en todos os sentidos, pero amosaron ser fortes e con ganas de superación.
Deron un paso esencial no seu camiño da educación pero aínda teñen moitos que dar e por iso lles pedimos que sigan esforzándose para chegar a lograr todo o que desexen.
A vosa titora, Eva e todos os demais profesores,
deséxanvos moitos éxitos na vosa vindeira etapa!
Hoxe, último día do curso, celebramos o comezo das vacacións de verán cun divertido circuíto de xogos no que participou todo o alumnado do colexio.
As nenas e nenos de sexto curso, como veteranos que son, foron os encargados de dirixir as diferentes actividades: xogos de persecucións, de equilibrio, de coordinación... poñendo sempre por diante a colaboración e a diversión.
Pasáronno estupendamente! e despois, para repoñer forzas, unha boa merenda saudable: brochetas de froitas variadas, estaban requísimas!
Hoxe foi un día moi emotivo para as nenas e nenos da aula de 6º de Infantil e a súa titora Inés.
Despedíronse da etapa de Infantil e para o vindeiro curso comezarán Primaria.
VÍDEO DA PROMOCIÓN
O alumnado de 1º de Primaria, xunto coa súa titora Angélica Novo, realizaron un proxecto sobre:
O ESPAZO
Unha vez rematado fixeron un vídeo de presentación que podemos ver premendo na imaxe
Outro bonito proxecto do alumnado de 2º curso
Nesta oacasión están enviando correspondencia aos usuarios do Centro de Día de Alzheimer de Celeiro.
Hoxe enviaron unhas postais nas que se presentaron e cada neno/nena ten asignado un señor ou señora que lles contestarán con outra carta.
Están moi ilusionados! aprenderon que é o servizo de correos e a maxia da correspondencia escrita.
Os usuarios e usuarias responderon con agasallos e un vídeo de agradecemento:
Estes son os agasallos que recibiron as nenas e nenos de 2º de Primaria
Estamos chegando ao final do curso 20-21 e facémolo con actividades diferentes, nesta ocasión a ANPA do colexio organizou un concerto do grupo de rock GRAMOLA GOMINOLA:
A Gramola Gominola é unha banda de
auténtico Rock&Roll en galego para público cativo. Eles son Paco
Cerdeira (Pakolas, Zenzar), Paula Romero (De Vacas, Coro Encaixe),
Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe) e Rodrigo Muñoz (Di elas, Lacón
con Grelos). O grupo naceu no ano 2015 e dende entón deron centos de
concertos poñendo ao público en pé cos cornos en man!
Premio
Martin Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil. Teñen
tres libros-CD no mercado publicados pola Editorial Galaxia.
AGRADECEMOS Á ANPA DO COLEXIO A ORGANIZACIÓN DESTE CONCERTO
O alumnado de 5º de Infantil pasaron un día estupendo na praia de Area!!!.
Foi unha xornada de despedida do curso
Na mañá do xoves, 10 de xuño o alumnado de Infantil e 1º e 2º curso de Primaria realizaron unha saída polo núcleo urbano de Celeiro para ter un maior coñecemento do noso entorno.
Foi unha visita guiada a través do proxecto "Camiño do Mar" do Concello de Viveiro.
Na mañá do xoves 10 de xuño, o equipo formado por: Arón, Aurora, Coral, Lucas e Diego, realizaron o programa nº 9 dedicado ao MEDIO AMBIENTE.
Primeiramente buscaron a información sobre o tema do medioambiente, dos acéanos e tamén lle fixeron unha pequena entrevista á coordinadora do Programa Voz Natura, Cristina Freán.
Como música recordamos a canción "Voz Natura" e que foi gravada polo coro do colexio en maio de 2017 e coa que fixemos un vídeo especial no que participou todo o colexio. VER AQUÍ
Ao finalizar o programa o alumnado de 6º curso despídese pois xa marchan para o Instituto e danlles moito ánimo aos compañeiros e compañeiras que os sucederán nesta labor.
Durante toda a mañá do martes 8 de xuño, todo o alumnado do colexio e o profesorado participamos dunha xornada especial para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño) e o Día Mundial dos Océanos (8 de xuño). Divididos en grupos fumos pasando por diferentes actividades:
Tod@s levamos un premio, unha botella reutilizable para levar auga e non ter que usar tanto plástico; tamén entregáronnos unha pequena planta para cada aula e que teremos que coidar.
Estas actividades foron organizadas a través de Puerto de Celeiro en colaboración co colexio:
Bos días: xente cativa e non tan cativa!
O día 7 de xuño de 2021, o alumnado de sexto curso dirixíuse cara a Galdo e San Roque (Viveiro) para emprender unha aventura moi especial: disfrutaron dun día de paintball e adentráronse en "RoqSort", tirándose por unhas grandes e non tan grandes tirolinas, entre outros obstáculos. Pasárono moi ben!
HELENA GOÁS REGO de 6º de Primaria.
Xornada de lecer, a modo de despedida do curso tan difícil que tivemos. O alumnado de 6º curso acompañado das profesoras Eva e Rita, pasaron unha xornada no campo de Paintball de Galdo e no Parque de Aventuras de San Roque, da empresa RockSport de Viveiro
A mestra de 2º de Primaria, Alba Rodríguez, propuxo o todo o alumnado un RETO LECTOR.
Participaron todas as nenas e nenos do curso e xa conseguiron rematar este reto a alumna, Paula Gil e o alumno Iago Gil-Carcedo. Noraboa aos dous!!!
CONCURSO ESCOLAR
RESTAURACIÓN DE ECOSISTEMAS NO MUNDO MARIÑO Edición 2021
E
DÍA 8 DE XUÑO UNHA XORNADA DE ACTIVIDADES