- Páxina principal
- Web CEIP de CELEIRO
- FORMACIÓN DE USUARIOS
- CANCIÓNS E CONTOS NA BIBLIOSOÑOS
- TRABALLOS DE CREACIÓN PROPIA
- APADRIÑAMENTOS LECTORES
- ITINERARIO LECTOR
- ACTIVIDADES DEPORTIVAS NO COLEXIO
- ACTIVIDADES MUSICAIS
- Páxina do colexio MICRORREDE A MARIÑA
- ACTIVIDADES EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL
- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
- ESPAZO ABALAR
- BIBLIOTECA VIRTUAL DA BIBLIOSOÑOS
- Rede Lectura Compartindo libros e lecturas
- ACTIVIDADES PARA O VERÁN
- EDUGA (Revista Galega do Ensino)
- BOLETÍN INFORMATIVO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
- Xornal "O PAPAGAIO"
- ESCRITORES VIVEIRENSES
- RECONMENDACIÓNS LECTORAS
- PÁXINAS DE RECURSOS DO COLEXIO
- VAI DE CONTOS...
- Proxecto: CONTOS E CANTOS
Visitas ao blog
25/8/11
31/7/11
22/7/11
22/6/11
Sesión de Teatro
Os alumnos e alumnas do Obradoiro de Teatro puxeron en escea a obra que estiron a preparar durante este curso; E por riba, o sol, do autor e director Vicente Míguez.
A sesión tivo lugar o martes, 21 de xuño no Centro socio-Cultural de Celeiro, Carlos Adrán Cambón (Casa do Forno).
Asistiron os alumnos e alumnas do colexio, as familias e moito público que aplaudiu aos actores e actrices polo ben que o fixeron.
A continuación podemos ver as fotos da representación,
20/6/11
Clausura das actividades de coro e teatro
Nos blogs de Actividades Complementarias e de Educación Musical podemos ver reportaxe de fotos da clausura do Obradoiro de Teatro e de Coro.
Dende o Colexio queremos agradecer a ANPA toda a colaboración prestada ao longo do curso
Dende o Colexio queremos agradecer a ANPA toda a colaboración prestada ao longo do curso
7/6/11
Día Mundial do Medio Ambiente
O Día mundial do Medio Ambiente celébrase cada 5 de xuño.
Poderíase dicir que é un vehículo polo que a Organización de Nacións Unidas sensibiliza a opinión mundial en relación a temas ambientais, intensificando a atención e a acción política e co obxectivo principal de darlle un contexto humano, motivando ás persoas para que se transformen en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo; promover o papel fundamental das comunidade no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, pois esta garantirá que tódalas nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.
O Día mundial do Medio Ambiente é un evento no que se realizan múltiples actividades: concentracións en rúas, concertos ecolóxicos, ensaios e competencias en escolas, plantacións de árbores, campañas de reciclaxe e de limpeza, entre outras. En moitos países esta celebración é unha oportunidade de asinar ou ratificar convenios internacionais e, algunhas veces, establecer estruturas gobernamentais permanentes relacionadas co manexo ambiental e a planificación económica.
NO BLOG DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
PODEMOS VER UNHA REPORTAXE DA CELEBRACIÓN
NO COLEXIO
29/5/11
2011 : ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES
O 20 de decembro de 2006, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a resolución (A/RES/61/193) pola que se declaraba 2011 Ano Internacional dos Bosques. Esta celebración resultará útil para tomar maior conciencia de que os bosques son parte integrante do desenvolvemento sustentable do planeta debido aos beneficios económicos, socioculturais e ambientais que proporcionan. Con este fin, promoverase a acción internacional en pos da ordenación sustentable, a conservación e o desenvolvemento de todo tipo de bosques, incluídos as árbores fóra deles.
Entre as actividades conmemorativas do Ano Internacional dos Bosques figura o intercambio de coñecementos sobre estratexias prácticas que favorezan a ordenación forestal sustentable e o retroceso da deforestación e a degradación dos bosques. Con obxecto de facilitar a organización destas actividades, aléntase aos gobernos a que establezan comités nacionais e centros de coordinación nos seus países respectivos, e a que aúnen os seus esforzos aos das organizacións rexionais e internacionais e as organizacións da sociedade civil.
20/5/11
Festa dos Maios no colexio
Este ano celebramos a Festa dos Maios o mércores, 18 de maio, fixémola no ximnasio porque estaba a chover. Pasámolo moi ben !.
- Os nen@s de 5º curso fixeron unha exposición do que se celebra nesta festa e tamén presentaron as distintas actuacións.
- Todos os cursos bailaron unha muiñeira.
- O coro do colexio cantou tres cancións
- E para rematar bailamos todos xuntos
13/5/11
Letras Galegas no colexio
- 6º fixo a presentación do autor homenaxeado, LOIS PEREIRO, e tamén un recitado de fermosas poesías.
- Os nenos e nenas de Infantil cantaron IMAXÍNATE.
- 1º curso recitaron poesías de Rosalía de Castro, Que ben o fixeron¡
- 2º curso dramatizaron O HOME DE PAPEL. Un traballo estupendo¡
- 3º e 4º curso cantaron e escenificaron a canción de Mamá Cabra. IMOS BAILAR.
- 5º curso fixo unha esposición sobre as Institucións Galegas e cantaron o himno galego.
29/4/11
Actividades para conmemorar o Día do Libro
Para Conmemorar este día tan importante todos os ciclos fixemos actividades nas aulas e tamén na Bibliosoños.
Fixemos dous libros, un de Infantil e outro de Primaria,
coas fichas dos libros que limos nas vacacións.
coas fichas dos libros que limos nas vacacións.
26/4/11
23 de abril, DÍA DO LIBRO
O pasado sábado, 23 de Abril, tivemos unha cita co mundo do libro, colleunos en plenas vacacións de Semana Santa por iso, agora que voltamos ás clases, faremos actividades para celebrar esta data tan importante.
Mañá mércores, 27 de abril, farase a entrega do Premio Cervantes 2010 á escritora Ana María Matute, tal e como xa o comentamos neste blog.
11/4/11
A Bibliosoños nos Encontros do PLAMBE
O pasado venres, como coordinadora da Biblioteca, asistín aos Encontros do Plan de Melloras de Bibliotecas Escolares (PLAMBE).
Comenzaron coa exposición de Teresa Maña e Mónica Baró sobre""Avaliar para avanzar. Prácticas de autoavaliación na biblioteca escolar"
Comenzaron coa exposición de Teresa Maña e Mónica Baró sobre""Avaliar para avanzar. Prácticas de autoavaliación na biblioteca escolar"
Pola tarde xuntámonos por zonas. Na zona de Lugo somos unhas 30 Bibliotecas Escolares as que pertencemos ao PLAMBE.

Máis estes Encontros estarán sempre marcados por un peche moi especial, un peche extraordinario a cargo de D. Xosé Neira Vilas, quen, en palabras de Pilar Sampedro na súa presentacion é "o único clásico que aínda queda vivo" quen, "sempre amosou o seu compromiso con Galicia e a súa mocidade" e que grazas a xente como el "Galicia ten un lugar no mundo".
E que se pode engadir sobre un dos grandes do noso país que non se dixera xa?
Foi un verdadeiro placer escoitar a súa lembranza daquela escola rural a 8 km. da casa e cunha biblioteca chea de "vidas de santos". Do seu gosto dende ben neno pola lectura. Dos libros agochados baixo as tellas. Dos cartos gañados "honradamente" para mercar máis libros. Daqueles libros mercados contra rembolso e do consello do seu pai "pide libros, pero con moderación"...
Da emigración a Arxentina, "emigro, en certo sentido, para achegarme aos libros", e a súa primeira relación alí coas bibliotecas escolares ás que lles doaba os libros que mercaba nas librerías da Praza de Maio. O seu apadriñamento en Cuba do Colexio Concepción Arenal.
A súa labor á fronte da Editorial Follas Novas cuxo obxectivo era o de difundir a Literatura Galega. A publicación da revista "Zunzún" e a súa relación tan estreita e persoal cos lectores. As actividades de fomento da lectura que levaban a cabo e segue a levar dende a súa Fundación...
Neira Vilas falou as súas "experiencias persoais arredor do libro e a lectura" e coa presencia constante da súa compañeira Anisia con quen compartiu vida, soños e proxectos. Unha lembranza que nos fixo emocionar fondamente acompañada pola figura de Balbino " Memorias dun neno labrego" do que se está a celebrar o cincuentenario da súa publicación e que supuxo o comezo da literatura xuvenil en galego, "aínda que non fora escrita para nenos".
Con este grande das nosas letras rimos e choramos, compartimos lembranzas e o seu amor pola nosa terra, a nosa cultura e a nosa lingua.
Grazas Don Xosé!!
Os materiais sobre as distintas exposicións pódense atopar AQUI. Entrade como convidado. Tamén están os vídeos das conferencias.
5/4/11
Convocatoria Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011/2012
O DOG do 5 de abril fai pública a Orde do 17 de marzo de 2011 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación e O. Universitaria, para o curso 2011/2012. Seleccionaranse 75 novos centros e, así mesmo, poderán continuar no programa aqueles centros xa integrados que presenten a documentación oportuna e acaden valoración positiva na memoria do presente curso 10/11. Esta actuación está cofinanciada polo Ministerio de Educación, en virtude do Convenio de colaboración para a mellora das bibliotecas escolares, un programa de cooperación entre as dúas administracións educativas, iniciado en 2005. O prazo de presentación de solicitudes e de documentación é de un mes, rematando pois o cinco de maio.
Quentando motores.... o vindeiro 7 e 8 de abril reunirase en Santiago de Compostela o profesorado responsable das bibliotecas integradas actualmente no Plan de mellora de bibliotecas escolares, un programa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, iniciado en 2005, e que inclúe neste curso un total de 374 centros públicos de distintos niveis educativos.
Será ocasión para profundizar no modelo da biblioteca escolar que se está a estender, como centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe. Incidirase nos instrumentos que Internet pon a disposición das bibliotecas para o exercicio das súas funcións e facilitar a formación da competencia informacional do alumnado, e falarase de lectura e de poesía: cine e banda deseñanda centrarán as experiencias dos centros, que se presentarán en mesas simultáneas. Tamén será oportunidade para o encontro entre os membros dun colectivo que están a facer realidade as pequenas utopías que son todas e cada unha das bibliotecas escolares galegas.
30/3/11
2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil
O libro lembra. Este é o título do texto da escritora estonia Aino Pervik que serve para conmemorar a data do nacemento de Hans Christian Andersen, o 2 de abril, e que desde hai xa anos (1967), a IBBY (International Board on Books for Young people) promove como Día Internacional do Libro Infantil, co fin de estimular a creación e difusión de libros de calidade para nen@s e moz@s, e promover a lectura entre a xente máis nova.
Novo libro na Bibliosoños
Acaba de chegar á Bibliosoños este libro:
Ola, ola, la! . Un conto de Gloria Sánchez con ilustracións de Kristina Sabaite.
Contén tamén 12 cancións interpretadas por Mamá Cabra en formato CD e DVD.
O libro forma parte do proxecto BOCABERTA, un programa de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.
25/3/11
Obradoiro de Monicreques no cole
Ángeles de Prado Díaz, escultora e pintora de profesión, estivo no noso centro impartindo un obradoiro de MONICREQUES para os alumnos e alumnas do 3º ciclo.
Nos tres días desta actividade tiveron a oportunidade de realizar dous monicreques cada un:
- Unha marioneta con cucurucho móbil, un pau, a cabeza feita co tubo do papel hixiénico e un traxe de tea.
- Un monicreque con cabeza feita en papel maché e vestido de tea, tamén feito por eles mesmos.
O resultado quedou ben bonito e pasaron un tempo moi entretido aprendendo e xogando.
22/3/11
Día Mundial da Poesía
Co comezo da primavera chega tamén a celebración do Día Mundial da Poesía .
50 poemas populares para el Día Mundial de la Poesía.
18/3/11
Entrevista a Xaneco
Xoán Manuel Tubio Fernández, coñecido por XANECO é un Luthier de Outeiro de Rei .
Esta semana estivo no noso colexio para impartir o Obradoiro de Instrumentos Musicais.
O Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de LUGO leva a cabo estes obradoiros para facer chegar ás escolas o coñecemento dos oficios artesanais, neste caso o da elaboración de instrumentos musicais tradicionais galegos.
- Xaneco, como foi o resultado deste obradoiro no colexio de Celeiro?
--Moi positivo, os nenos e nenas traballaron con ilusión e pasaron uns momentos moi entretidos. Cada un fixo unha ferreña que van poder levar para as súas casas.
-Cal é a túa especialidade?
--O que máis fago son instrumentos de percusión tradicional galega e tamén zanfonas, que son as que máis traballo levan, cada unha pode levar arredor de mes e medio de traballo.
Quen solicita este tipo de instrumentos?
--Traballo moito por encargos de músicos profesionais, asociacións culturais e agrupacións folclóricas.
17/3/11
Hoxe faleceu Josefina Aldecoa
Nacida o 8 de Marzo de 1926, Josefina Aldecoa foi unha escritora española cuxa labor profesional, e gran parte da súa carreira literaria, centrouse no mundo da infancia e a pedagoxía.
Durante os seus estudos universitarios, é Licenciada en Pedagoxía, moveuse en círculos literarios enmarcados na que logo sería chamada Xeración dos 50. Foi alí onde coñeceu ao seu marido, tamén escritor, Ignacio Aldecoa.
Un dos puntos crave na súa traxectoria profesional é, sen dúbida, a creación do Colexio Estilo en 1959, onde envorcou todas as súas ideas sobre a nova pedagoxía, uns principios que chocaban coas técnicas de ensino propias do franquismo.
En 1961 publicou A ningunha parte, colección de contos que, até 1983, cos fillos da guerra, sería a súa única produción narrativa. Posteriormente publicou diversos libros, desde a perspectiva máis autobiográfica, Historia dunha mestra (1990) ou de recuperación da memoria, A enredadera (1984), até sobre temas pedagóxicos, A eduación dos nosos fillos (2001)
No ano 2004 recibiu o Premio Castela e León das letras a toda a súa carreira literaria.
Durante os seus estudos universitarios, é Licenciada en Pedagoxía, moveuse en círculos literarios enmarcados na que logo sería chamada Xeración dos 50. Foi alí onde coñeceu ao seu marido, tamén escritor, Ignacio Aldecoa.
Un dos puntos crave na súa traxectoria profesional é, sen dúbida, a creación do Colexio Estilo en 1959, onde envorcou todas as súas ideas sobre a nova pedagoxía, uns principios que chocaban coas técnicas de ensino propias do franquismo.
En 1961 publicou A ningunha parte, colección de contos que, até 1983, cos fillos da guerra, sería a súa única produción narrativa. Posteriormente publicou diversos libros, desde a perspectiva máis autobiográfica, Historia dunha mestra (1990) ou de recuperación da memoria, A enredadera (1984), até sobre temas pedagóxicos, A eduación dos nosos fillos (2001)
No ano 2004 recibiu o Premio Castela e León das letras a toda a súa carreira literaria.
15/3/11
Cumpreanos feliz! para Paco Ibáñez
Francisco Ibáñez Talavera, nado en Barcelona o 15 de marzo de 1936, é un autor de cómics catalán, un dos máis coñecidos en lingua castelá.
Comezou a súa vida profesional traballando no Banco Español de Crédito, pasando a dedicarse xa plenamente ao comic no ano 1957, cando entra na Editorial Bruguera.
Os seus personaxes máis populares son, sen dúbida, Mortadelo e Filemón, dos que leva máis de corenta anos escribindo historietas. Outros tamén moi coñecidos son O Botóns Sacarino, Pepe Gotera e Otilio, Rompetechos ou 13, Rue do Percebe.


Suscribirse a:
Entradas (Atom)