Fryderyk Franciszek Chopin (en francés Frédéric François Chopin), naceu o día 1 de marzo de 1810 e morreu o día 17 de outubro de 1849.
Foi un compositor e pianista polaco do romanticismo; está considerado coma un dos compositores para piano máis influintes, prolíficos e famosos.
Foi un compositor e pianista polaco do romanticismo; está considerado coma un dos compositores para piano máis influintes, prolíficos e famosos.
Chopin naceu na aldea de Zelazowa Wola en Polonia, de nai polaca e pai francés expatriado. Despois dunha infancia de neno prodixio en Polonia marchou a París con vinte anos, onde fixo carreira como intérprete, profesor e compositor e adoptou a versión francesa do seu nome Frédéric-François.
De 1837 a 1847 tivo unha tormentosa relación coa escritora francesa George Sand (Aurore Dudevant). Morreu aos 39 anos de tuberculose pulmonar.
A nosa pequena homenaxe a este gran compositor neste enlace
No hay comentarios:
Publicar un comentario