Hoxe, día 31 de xaneiro, no colexio celebramos o Día Escolar da Paz e Non Violencia.
As dúas semanas anteriores nas clases fixemos moitos traballos:
- Exposición dos debuxos e lemas para a Paz.
- Concurso de debuxo e lema para as pegatinas conmemorativas.
- Búsqueda de información para os de 2º ciclo.
- Unha Web-Quest os do 3º ciclo.
- Nas clases de música aprendimos dúas cancións: A Muralla e Viva a Xente!
- Elaboración dun Powert-Point e un Vídeo especial explicando que é a Paz según os nenos e as familias.
Por fin, xuntámonos no ximnasio e visualizamos, na páxina especial do blog da Bibliosoños, todos os traballos. Cantamos todos xuntos e pasamos un bo rato aprendendo moitas cousas sobre A PAZ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario