21/1/15

Charla informativa no colexio


CHARLA INFORMATIVA PARA PAIS, NAIS E ALUMN@S
Día: xoves, 22 de Xaneiro
Hora:19:00
Centro:CEIP Antonio Pedrosa Latas
A Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser. 
Pais, nais e profesores son esenciais para axudar a emprender unha navegación responsable e útil, por iso son necesarias as suxestións e consellos dirixidos aos maiores.
O Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo inclúe unha serie de guías dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás nais e pais, ademais desta web específica e un programa de visitas aos centros escolares onde colexiad@s do CPEIG expoñen aquelas recomendacións e consellos necesarios para navegar con rumbo polo ciberespazo.

No hay comentarios: