28/11/15

Adeus a Xosé Neira Vilas.

https://sites.google.com/site/50anosmemoriasdunnenolabrego/
Clica na imaxe e poderás ver e ler máis cousas sobre Neira Vilas. A páxina fixémola no 50 aniversario da publicación Memorias dun neno labrego (1961-2011).


O escritor Xosé Neira Vilas finou na súa casa de Gres, Vila de Cruces. Tiña 87 anos e foi autor dun libro esencial nas letras galegas, Memorias dun neno labrego.
 No mes de xullo Memorias dun neno labrego, publicado orixinalmente en 1961 levaba vendidos 600.000 exemplares. As súas primeiras verbas pasarán a historia: «Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre». A historia de Balbino é o testemuño da vida rural en Galicia nun tempo pasado. Durante décadas foi unha lectura cotiá para os alumnos en moitas escolas galegas. Foi traducida ao castelán, inglés, francés, alemán, checo, ruso e outros idiomas.
Na nosa Biblioteca temos tamén este libro e todos os nenos e nenas cando chegan a 5º ou 6º curso téñeno como lectura obligada e colectiva. 
Tamén recordamos que o 20 de novembro, os nenos e nenas de 5º curso dramatizaron unha pequena obra da súa dona Anisia Miranda, Que lle pasou a coelliño?.

No hay comentarios: