11/3/18

IV CONCURSO ROSALÍA SEMPRE VIVA

Na mañá do sábado, 10 de marzo, celebrouse a IV edición do concurso escolar de recitado poético ROSALÍA SEMPRE VIVA, na Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei.

Centrado no recitado de versos da obra en galego de Rosalía de Castro ou da ampla produción poética de Manuel María, o concurso escolar está dirixido a todo o alumnado galego de ensino non universitario, desde Primaria a Ciclos Formativos Superiores.
A actividade ten por obxectivo potenciar a expresión oral e a creatividade do alumnado a través do coñecemento e o recitado da poesía de dúas das voces máis importantes e populares da nosa literatura.
Despois de realizar no colexio a fase clasificatoria quedaron clasificados para a gran final as seguintes alumnas e alumnos:
Sara Asmerón e Lucas Fernández de 3º curso, Pedro Gil de 4º curso e Inés Cachón de 6º curso.
Fixéronno moi ben! Noraboa polo seu esforzo 
e por representar ao noso colexio!

Máis información no seguinte enlace: 
Aquí deixamos o vídeo cos momentos da súa actuación

No hay comentarios: