O DOG do 20 de setembro publica a Orde de 10 de
setembro de 2018 pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora
de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios, de
titularidade desta consellería, para o curso 2018/19.
O documento conta de catro anexos, segundo os diversos apartados contemplados na convocatoria inicial:
- Anexo I: Centros integrados no PLAMBE en convocatorias de 2005 a 2007, e de convocatorias de 2011 a 2016, que reciben asignacións para ampliar e renovar os fondos da colección.
- Anexo II: Centros integrados no PLAMBE nas convocatorias de 2008 a 2010, que reciben, igualmente, asignacións para renovar os fondos. Neste caso tamén reciben asignación para renovar e ampliar mobiliario e equipamento imprescindible para o funcionamento da biblioteca como centro creativo de aprendizaxes.
- Anexo III:Centros integrados no PLAMBE na convocatoria 2017, que reciben asignación para fondos, mobiliario/equipamento e gastos de funcionamento da biblioteca escolar.
- Anexo IV: Centros públicos que se incorporan ao Plan de mellora de bibliotecas nesta última convocatoria de 2018 e que igualmente reciben asignación para fondos, mobiliario/equipamento e gastos de funcionamento da biblioteca escolar.
Ademais de asinarnos orzamento para libros (1400 €) tamén nos asinaron orzamento para mobiliario e equipamentos (1200 €). En total 2600 € que empregaremos na mellora da nosa BIBLIOSOÑOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario