21/4/20

Lembrando a Dona Luz Pozo Garza

A Real Academia Galega expresa o seu fondo pesar polo pasamento de Luz Pozo Garza
A decana da poesía galega, nada en Ribadeo en 1922, finou hoxe na Coruña, a cidade na que residía dende finais dos anos 80. 
A poeta, ensaísta e catedrática de literatura de ensino medio formaba parte da RAG dende 1950, cando con só 28 anos foi nomeada membro correspondente, e dende 1996 era académica de número.
A súa é unha das voces esenciais das letras galegas da segunda metade do século XX, renovadora tanto na forma como na temática abordada. 
O amor e a sensualidade foron dúas constantes na súa obra, caracterizada por un fondo lirismo e o diálogo intertextual íntimo coa tradición poética galega e universal. 
A luz como elemento simbólico central é outro sinal de identidade dunha autora que nunca deixou de escribir. 
En 2019 publicou o seu último libro, Pazo de Tor, un libro de homenaxe ás raíces familiares pola vía materna. 

LUZ POZO GARZA, filla adoptiva de Viveiro

No hay comentarios: