Hoxe é o día en que se recoñece ao medio ambiente, que grazas a este podemos gozar do que nos brinda. Nesta celebración fanse campañas de limpeza en praias, bosques, estradas; trátase de facer unha conciencia para coidar a nosa contorna, xa que a algunhas persoas non lles interesa no mais mínimo.
O Día Mundial do Medio Ambiente foi establecido pola Organización das Nacións Unidas (ONU). Celébrase desde 1974 o 5 de xuño de cada ano.
Ao igual que o ano pasado a OPP 77 PUERTO DE CELEIRO, S.A., en colaboración co noso coloxio, organiza unha serie de actividades dirixidas ao alumnado de 5º e 6º curso:
-
Taller educativo do
medio ambiente mariño
Desenvolvemento da actividadePresenta a actividade Jesús Lourido en representación de PUERTO DE CELEIRO, S.A.Saúdo da Directora do CEIP de Celeiro, Rita Lamas11:45 horas: Ofrece a súa conferencia Zeltia López12:05 horas: Resposta as preguntas do alumnado12:15 horas: Inicio da conferencia de Isabel Riveiro, Montserrat Pérez e Maria Carmen Sainza12:50 horas: Respostan as preguntas do alumnado13:00 horas: Remata a videoconferencia
- CONCURSO ESCOLAR MEDIO AMBIENTE MARIÑO (Edición 2020)
- LER BEN AS BASES
- Requisitos e mecánica de participación.
A participación no concurso é gratuíta, voluntaria e require do cumprimento dos seguintes
requisitos:
✓ Acceder a videoconferencia do 5 de xuño
✓ Inscribirse co profesorado de cada aula
✓ Aceptar as bases do concurso
✓ Entregar en prazo o traballo co que se pretende participar - O alumnado que desexe participar deberá presentar un traballo con mensaxes de coidado do medio mariño e da pesca sostible, en técnica e formatos libres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario