- 6º fixo a presentación do autor homenaxeado, LOIS PEREIRO, e tamén un recitado de fermosas poesías.
- Os nenos e nenas de Infantil cantaron IMAXÍNATE.
- 1º curso recitaron poesías de Rosalía de Castro, Que ben o fixeron¡
- 2º curso dramatizaron O HOME DE PAPEL. Un traballo estupendo¡
- 3º e 4º curso cantaron e escenificaron a canción de Mamá Cabra. IMOS BAILAR.
- 5º curso fixo unha esposición sobre as Institucións Galegas e cantaron o himno galego.
- Páxina principal
- Web CEIP de CELEIRO
- FORMACIÓN DE USUARIOS
- CANCIÓNS E CONTOS NA BIBLIOSOÑOS
- TRABALLOS DE CREACIÓN PROPIA
- APADRIÑAMENTOS LECTORES
- ITINERARIO LECTOR
- ACTIVIDADES DEPORTIVAS NO COLEXIO
- ACTIVIDADES MUSICAIS
- Páxina do colexio MICRORREDE A MARIÑA
- ACTIVIDADES EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL
- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
- ESPAZO ABALAR
- BIBLIOTECA VIRTUAL DA BIBLIOSOÑOS
- Rede Lectura Compartindo libros e lecturas
- ACTIVIDADES PARA O VERÁN
- EDUGA (Revista Galega do Ensino)
- BOLETÍN INFORMATIVO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
- Xornal "O PAPAGAIO"
- ESCRITORES VIVEIRENSES
- RECONMENDACIÓNS LECTORAS
- PÁXINAS DE RECURSOS DO COLEXIO
- VAI DE CONTOS...
- Proxecto: CONTOS E CANTOS
Visitas ao blog
13/5/11
Letras Galegas no colexio
29/4/11
Actividades para conmemorar o Día do Libro
Para Conmemorar este día tan importante todos os ciclos fixemos actividades nas aulas e tamén na Bibliosoños.
Fixemos dous libros, un de Infantil e outro de Primaria,
coas fichas dos libros que limos nas vacacións.
coas fichas dos libros que limos nas vacacións.
26/4/11
23 de abril, DÍA DO LIBRO
O pasado sábado, 23 de Abril, tivemos unha cita co mundo do libro, colleunos en plenas vacacións de Semana Santa por iso, agora que voltamos ás clases, faremos actividades para celebrar esta data tan importante.
Mañá mércores, 27 de abril, farase a entrega do Premio Cervantes 2010 á escritora Ana María Matute, tal e como xa o comentamos neste blog.
11/4/11
A Bibliosoños nos Encontros do PLAMBE
O pasado venres, como coordinadora da Biblioteca, asistín aos Encontros do Plan de Melloras de Bibliotecas Escolares (PLAMBE).
Comenzaron coa exposición de Teresa Maña e Mónica Baró sobre""Avaliar para avanzar. Prácticas de autoavaliación na biblioteca escolar"
Comenzaron coa exposición de Teresa Maña e Mónica Baró sobre""Avaliar para avanzar. Prácticas de autoavaliación na biblioteca escolar"
Pola tarde xuntámonos por zonas. Na zona de Lugo somos unhas 30 Bibliotecas Escolares as que pertencemos ao PLAMBE.

Máis estes Encontros estarán sempre marcados por un peche moi especial, un peche extraordinario a cargo de D. Xosé Neira Vilas, quen, en palabras de Pilar Sampedro na súa presentacion é "o único clásico que aínda queda vivo" quen, "sempre amosou o seu compromiso con Galicia e a súa mocidade" e que grazas a xente como el "Galicia ten un lugar no mundo".
E que se pode engadir sobre un dos grandes do noso país que non se dixera xa?
Foi un verdadeiro placer escoitar a súa lembranza daquela escola rural a 8 km. da casa e cunha biblioteca chea de "vidas de santos". Do seu gosto dende ben neno pola lectura. Dos libros agochados baixo as tellas. Dos cartos gañados "honradamente" para mercar máis libros. Daqueles libros mercados contra rembolso e do consello do seu pai "pide libros, pero con moderación"...
Da emigración a Arxentina, "emigro, en certo sentido, para achegarme aos libros", e a súa primeira relación alí coas bibliotecas escolares ás que lles doaba os libros que mercaba nas librerías da Praza de Maio. O seu apadriñamento en Cuba do Colexio Concepción Arenal.
A súa labor á fronte da Editorial Follas Novas cuxo obxectivo era o de difundir a Literatura Galega. A publicación da revista "Zunzún" e a súa relación tan estreita e persoal cos lectores. As actividades de fomento da lectura que levaban a cabo e segue a levar dende a súa Fundación...
Neira Vilas falou as súas "experiencias persoais arredor do libro e a lectura" e coa presencia constante da súa compañeira Anisia con quen compartiu vida, soños e proxectos. Unha lembranza que nos fixo emocionar fondamente acompañada pola figura de Balbino " Memorias dun neno labrego" do que se está a celebrar o cincuentenario da súa publicación e que supuxo o comezo da literatura xuvenil en galego, "aínda que non fora escrita para nenos".
Con este grande das nosas letras rimos e choramos, compartimos lembranzas e o seu amor pola nosa terra, a nosa cultura e a nosa lingua.
Grazas Don Xosé!!
Os materiais sobre as distintas exposicións pódense atopar AQUI. Entrade como convidado. Tamén están os vídeos das conferencias.
5/4/11
Convocatoria Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011/2012
O DOG do 5 de abril fai pública a Orde do 17 de marzo de 2011 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación e O. Universitaria, para o curso 2011/2012. Seleccionaranse 75 novos centros e, así mesmo, poderán continuar no programa aqueles centros xa integrados que presenten a documentación oportuna e acaden valoración positiva na memoria do presente curso 10/11. Esta actuación está cofinanciada polo Ministerio de Educación, en virtude do Convenio de colaboración para a mellora das bibliotecas escolares, un programa de cooperación entre as dúas administracións educativas, iniciado en 2005. O prazo de presentación de solicitudes e de documentación é de un mes, rematando pois o cinco de maio.
Quentando motores.... o vindeiro 7 e 8 de abril reunirase en Santiago de Compostela o profesorado responsable das bibliotecas integradas actualmente no Plan de mellora de bibliotecas escolares, un programa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, iniciado en 2005, e que inclúe neste curso un total de 374 centros públicos de distintos niveis educativos.
Será ocasión para profundizar no modelo da biblioteca escolar que se está a estender, como centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe. Incidirase nos instrumentos que Internet pon a disposición das bibliotecas para o exercicio das súas funcións e facilitar a formación da competencia informacional do alumnado, e falarase de lectura e de poesía: cine e banda deseñanda centrarán as experiencias dos centros, que se presentarán en mesas simultáneas. Tamén será oportunidade para o encontro entre os membros dun colectivo que están a facer realidade as pequenas utopías que son todas e cada unha das bibliotecas escolares galegas.
30/3/11
2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil
O libro lembra. Este é o título do texto da escritora estonia Aino Pervik que serve para conmemorar a data do nacemento de Hans Christian Andersen, o 2 de abril, e que desde hai xa anos (1967), a IBBY (International Board on Books for Young people) promove como Día Internacional do Libro Infantil, co fin de estimular a creación e difusión de libros de calidade para nen@s e moz@s, e promover a lectura entre a xente máis nova.
Novo libro na Bibliosoños
Acaba de chegar á Bibliosoños este libro:
Ola, ola, la! . Un conto de Gloria Sánchez con ilustracións de Kristina Sabaite.
Contén tamén 12 cancións interpretadas por Mamá Cabra en formato CD e DVD.
O libro forma parte do proxecto BOCABERTA, un programa de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.
25/3/11
Obradoiro de Monicreques no cole
Ángeles de Prado Díaz, escultora e pintora de profesión, estivo no noso centro impartindo un obradoiro de MONICREQUES para os alumnos e alumnas do 3º ciclo.
Nos tres días desta actividade tiveron a oportunidade de realizar dous monicreques cada un:
- Unha marioneta con cucurucho móbil, un pau, a cabeza feita co tubo do papel hixiénico e un traxe de tea.
- Un monicreque con cabeza feita en papel maché e vestido de tea, tamén feito por eles mesmos.
O resultado quedou ben bonito e pasaron un tempo moi entretido aprendendo e xogando.
22/3/11
Día Mundial da Poesía
Co comezo da primavera chega tamén a celebración do Día Mundial da Poesía .
50 poemas populares para el Día Mundial de la Poesía.
18/3/11
Entrevista a Xaneco
Xoán Manuel Tubio Fernández, coñecido por XANECO é un Luthier de Outeiro de Rei .
Esta semana estivo no noso colexio para impartir o Obradoiro de Instrumentos Musicais.
O Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de LUGO leva a cabo estes obradoiros para facer chegar ás escolas o coñecemento dos oficios artesanais, neste caso o da elaboración de instrumentos musicais tradicionais galegos.
- Xaneco, como foi o resultado deste obradoiro no colexio de Celeiro?
--Moi positivo, os nenos e nenas traballaron con ilusión e pasaron uns momentos moi entretidos. Cada un fixo unha ferreña que van poder levar para as súas casas.
-Cal é a túa especialidade?
--O que máis fago son instrumentos de percusión tradicional galega e tamén zanfonas, que son as que máis traballo levan, cada unha pode levar arredor de mes e medio de traballo.
Quen solicita este tipo de instrumentos?
--Traballo moito por encargos de músicos profesionais, asociacións culturais e agrupacións folclóricas.
17/3/11
Hoxe faleceu Josefina Aldecoa
Nacida o 8 de Marzo de 1926, Josefina Aldecoa foi unha escritora española cuxa labor profesional, e gran parte da súa carreira literaria, centrouse no mundo da infancia e a pedagoxía.
Durante os seus estudos universitarios, é Licenciada en Pedagoxía, moveuse en círculos literarios enmarcados na que logo sería chamada Xeración dos 50. Foi alí onde coñeceu ao seu marido, tamén escritor, Ignacio Aldecoa.
Un dos puntos crave na súa traxectoria profesional é, sen dúbida, a creación do Colexio Estilo en 1959, onde envorcou todas as súas ideas sobre a nova pedagoxía, uns principios que chocaban coas técnicas de ensino propias do franquismo.
En 1961 publicou A ningunha parte, colección de contos que, até 1983, cos fillos da guerra, sería a súa única produción narrativa. Posteriormente publicou diversos libros, desde a perspectiva máis autobiográfica, Historia dunha mestra (1990) ou de recuperación da memoria, A enredadera (1984), até sobre temas pedagóxicos, A eduación dos nosos fillos (2001)
No ano 2004 recibiu o Premio Castela e León das letras a toda a súa carreira literaria.
Durante os seus estudos universitarios, é Licenciada en Pedagoxía, moveuse en círculos literarios enmarcados na que logo sería chamada Xeración dos 50. Foi alí onde coñeceu ao seu marido, tamén escritor, Ignacio Aldecoa.
Un dos puntos crave na súa traxectoria profesional é, sen dúbida, a creación do Colexio Estilo en 1959, onde envorcou todas as súas ideas sobre a nova pedagoxía, uns principios que chocaban coas técnicas de ensino propias do franquismo.
En 1961 publicou A ningunha parte, colección de contos que, até 1983, cos fillos da guerra, sería a súa única produción narrativa. Posteriormente publicou diversos libros, desde a perspectiva máis autobiográfica, Historia dunha mestra (1990) ou de recuperación da memoria, A enredadera (1984), até sobre temas pedagóxicos, A eduación dos nosos fillos (2001)
No ano 2004 recibiu o Premio Castela e León das letras a toda a súa carreira literaria.
15/3/11
Cumpreanos feliz! para Paco Ibáñez
Francisco Ibáñez Talavera, nado en Barcelona o 15 de marzo de 1936, é un autor de cómics catalán, un dos máis coñecidos en lingua castelá.
Comezou a súa vida profesional traballando no Banco Español de Crédito, pasando a dedicarse xa plenamente ao comic no ano 1957, cando entra na Editorial Bruguera.
Os seus personaxes máis populares son, sen dúbida, Mortadelo e Filemón, dos que leva máis de corenta anos escribindo historietas. Outros tamén moi coñecidos son O Botóns Sacarino, Pepe Gotera e Otilio, Rompetechos ou 13, Rue do Percebe.

As súas obras son coñecidas en todo o mundo, xa que sobre todo Mortadelo e Filemón está traducidos a numerosas linguas.10/3/11
A prensa na escola
Cinco boas razóns para levar a prensa á escola (Segundo a web Educación en Valores)
1.O periódico é unha ferramenta única. Trata cada día infinidade de temas e é perfectamente adecuado para utilizar en calquera nivel, desde infantil ata bacharelato.
2. Os xornais están ao día, axudan aos alumnos a informarse e a converterse en cidadáns responsables. Tenden unha ponte entre o mundo real e a aula.
3. Os periódicos son motivadores e xeran actitudes positivas ante a lectura. Todo o mundo atopa no periódico algo que lle interesa e divirte.
4. Os periódicos non só axudan aos alumnos a mellorar o seu nivel de lectura, senón tamén a facelo de forma crítica.
5. Unha vez que os nenos aprenden a usar o xornal para obter información, teñen unha ferramenta imprescindible para toda a súa vida.
28/2/11
30 anos sen Álvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro Mora, nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981.
Foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo, considerado un dos grandes autores da literatura galega.
Foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo, considerado un dos grandes autores da literatura galega.
Foille adicado o Día das Letras Galegas en 1991.
24/2/11
Estamos de Celebracións
O día 24 de febreiro do ano 1837 naceu Rosalía de Castro, polo que hoxe é o seu aniversario.
Para recordala, nas clases, leremos os seus poemas tan fermosos.
Na Bibliosoños temos libros que falan da vida e obra de Rosalía:

Tamén o día 21 de febreiro celebramos o Dia da Lingua Materna

Tamén o día 21 de febreiro celebramos o Dia da Lingua Materna
23/2/11
Canto aprendimos con Abraham Carreiro!!!
Hoxe foi un día moi especial, estivemos na Bibliosoños aprendendo con Abraham Carreiro, un debuxante galego do máis imaxinativo!.
Pasamos un bo rato aprendendo moitas cousas sobre como facer e dar cor aos nosos debuxos.
Pasamos un bo rato aprendendo moitas cousas sobre como facer e dar cor aos nosos debuxos.
Moitas gracias por compartir o teu tempo con todos nós.
17/2/11
Próxima visita de Abraham Carreiro
A través do Consorcio Editorial Galego S.A. o mércores, 23 de febreiro, imos contar coa visita de Abraham Carreiro, ilustrador de contos para nenos.
A charla versará sobre a elaboración de personaxes, expresións corporais, as cores e todo o que rodea o proceso da ilustración. Esperamos con impaciencia ese día pois estamos seguros de que será unha experiencia que non esqueceremos.
Na nosa Biblioteca temos dous contos da colección:
- Contos que leen outros nenos do mundo
É unha colección que trata de achegarnos as diferentes culturas do mundo mediante contos populares de distintos lugares. Cada conto vai introducido pola mascota da colección, unha cigoña que gosta moito de viaxar. Durante as sús viaxes vai recopilando historias para despois contárnolas ao chegar aquí.
13/2/11
4/2/11
Recomendámosvos estes fermosos libros
Agora están nos expositores pero podedes levalos ás aulas para a hora de ler ou para as vosas cosas como préstamo.
31/1/11
Celebramos o Día da Paz
Hoxe, día 31 de xaneiro, no colexio celebramos o Día Escolar da Paz e Non Violencia.
As dúas semanas anteriores nas clases fixemos moitos traballos:
- Exposición dos debuxos e lemas para a Paz.
- Concurso de debuxo e lema para as pegatinas conmemorativas.
- Búsqueda de información para os de 2º ciclo.
- Unha Web-Quest os do 3º ciclo.
- Nas clases de música aprendimos dúas cancións: A Muralla e Viva a Xente!
- Elaboración dun Powert-Point e un Vídeo especial explicando que é a Paz según os nenos e as familias.
Por fin, xuntámonos no ximnasio e visualizamos, na páxina especial do blog da Bibliosoños, todos os traballos. Cantamos todos xuntos e pasamos un bo rato aprendendo moitas cousas sobre A PAZ.
27/1/11
Un fermoso libro en imaxes
Acaba de chegar este fermoso libro ao noso colexio. Forma parte do programa de DINAMIZACIÓN LINGÚÍSTICA da Xunta de Galicia: BOCABERTA
Etiquetas:
Fomento da lectura,
Novidades,
Recomendacións
10/1/11
Comeza o 2º trimestre
Imos comezar coa noticia da final do concurso "Ler e escoitar", no que o noso colexio participou. Non estivemos na final pero seguiremos intentándoo.
O I Concurso de lectura en voz alta "Ler e escoitar" chegou á súa fase final. O pasado 16 de decembro tivo lugar a sesión prevista, na que os 49 rapaces e rapazas finalistas pasaron as últimas probas, nun acto ben emotivo.Todos os participantes deron mostras dun grande aplomo e saber estar á hora de subir a un escenario e amosaron, sen excepción, grandes habilidades de lectura en voz alta. A selección dos textos escollidos libremente polas lectoras e os lectores sorprendeu pola súa calidade e pertinencia. Foi, en fin, unha mañá longa pero emocionante, dedicada á lectura e aos libros, na que os sorrisos estiveron presentes en todo momento en pequenos e grandes. A narradora Charo Pita, que foi a guía deste acto de exaltación da palabra escrita, pero tamén da oralidade, fixo unha defensa da lectura e da necesidade de escoitar aos outros, de saber escoitar. Houbo tamén tempo para os contos, e como broche final, a entrega de premios con "foto de familia" incluída. Parabéns a todas e todos os participantes. 20/12/10
Acto de Nadal.
Reportaxe fotográfica do acto celebrado o 17 de decembro na Casa do Forno.
Estrea da panxoliña CELEBRANDO O NADAL de Pedro Rodríguez Pérez
Estrea da panxoliña CELEBRANDO O NADAL de Pedro Rodríguez Pérez
17/12/10
Premiados no concurso de Postais e Poesía
E aquí xa están os premiados no concurso que convocou a ANPA para este Nadal.
16/12/10
Concurso de Poesías de Nadal
Os alumnos do 3º ciclo de Primaria participan no Concurso de Pesías de Nadal convocado pola ANPA do Colexio. Todas elas están expostas no corredor para que podan ser lidas por todos.
Moita sorte para tod@s e noraboa polo traballo feito!!!
13/12/10
7/12/10
29/11/10
Xa se acerca o Nadal
A ANPA do colexio fai a convocatoria do concurso de postais e poesías para o Nadal
27/11/10
Adeus a un gran intelectual galego
Francisco Fernández del Riego, nacido en Vilanova de Lourenzá (Lugo) no ano 1913, é unha das figuras máis relevantes do ensaio e a crítica literaria galega.
Avogado de profesión, comezou a militar nas filas do galeguismo durante o período republicano, intervindo en diversos proxectos do grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos.
Xunto con Ramón Piñeiro e Xaime Illa Couto, foi un dos principais artífices da Editorial Galaxia (1950), empresa que liderou o proceso de restauración cultural na posguerra. Desta iniciativa xurdiu a revista Grial (1963), que Del Riego dirixiu en colaboración con Piñeiro durante os primeiros cen números e onde participaría asiduamente con artigos e recesións literarias.
Autor dunha extensa obra, o intelectual galeguista cultivou o ensaio sobre a cultura e a literatura galegas (Cos ollos do noso esprito, 1949-; Historia da literatura galega, 1951; Galicia no espello, 1954; Diccionario de escritores en lingua galega, 1990; A xeración Galaxia, 1996) e estranxeiras (Letras do noso tempo, 1974; Escritores de Portugal e do Brasil, 1984), a narrativa (O cego de Pumardedón, 1992; Mondoñedo, 1992) e a literatura de viaxes (As peregrinacións xacobeas, 1983; O camiño de Santiago, 1992; Galicia, 1994). Redixiu varias biografías (Ánxel Casal e o libro galego, 1983; Antolín Faraldo, o gran soñador, 1998), deu ao prelo dúas antoloxías poéticas (Do dezanove ós continuadores, 1976; Do posmodernismo ós novos, 1980), editou varios vocabularios galego-castelán e asinou innúmeros artigos xornalísticos. Tamén publicou un libro de memorias, O río do tempo (1991).
Foi director da Real Academia Galega, entidade en que ingresara en 1960 cun discurso titulado Un país e unha cultura. A idea de Galicia nos nosos escritores, e da Biblioteca da Fundación Penzol.
Polo seu importante contributo á nosa cultura, Fernández del Riego foi recoñecido con numerosos galardóns (Premio Trasalba, Premio Pedrón de Ouro, Medalla de Ouro da Cidade de Vigo, Premio de creación Cultural da Xunta de Galicia, Premio Celanova, a casa dos Poetas, etc.). Así mesmo, foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo e Galego Egrexio pola Fundación dos Premios da Crítica.
26/11/10
Actividades especiais
O sábado, 20 de novembro, foi o día dos Dereitos da Infancia, por iso na Bibliosoños tamén fixemos actividades para recordar este día tan importante.
Todos os ciclos pasamos pola Biblioteca e aprendimos moitas cousas sobre os nosos Dereitos e tamén dos nosos Deberes.
O venres, 26 de novembro, os alumnos de 6º curso de todos os colexios do Concello levamos a cabo unha actividade conxunta no Salón de Actos de Conservatorio de Música de Viveiro.
Convocados polo CIM, fixemos unha posta en común das nosas actividades que levaban como tema a erradicación da violencia contra as mulleres.
25/11/10
Ana María Matute. Premio Cervantes 2010
A escritora Ana María Matute foi galardonada co Premio Cervantes.
Os Premios Cervantes son o Premio Nobel das las letras hispánicas.
A súa creación literaria é ampla e abrangue novelas, relatos curtos e contos para nenos e nenas:
Os Premios Cervantes son o Premio Nobel das las letras hispánicas.
A súa creación literaria é ampla e abrangue novelas, relatos curtos e contos para nenos e nenas:
- El país de la pizarra (1957)
- Paulina, el mundo y las estrellas (1960)
- Caballito loco y Carnavalito (1962)
- El polizón del Ulises (1965)

- Sólo un pie descalzo (1983)
- El saltamontes verde (1986)
- La Virgen de Antioquía y otros relatos (1990)
- El verdadero final de la Bella Durmiente (1995)
- La puerta de la luna. Cuentos completos (2010)
22/11/10
17/11/10
Entrevista a Virginia Jiménez
Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria fixeron unha entrevista á Profesora e Orientadora do CEIP Antonio Pedrosa Latas.
12/11/10
Libros novos na Biblioteca
Esta semana a Bibliosoños recibiu moitos libros.
Hainos para todos os ciclos de Infantil e Primaria.
Xa están esperándovos para que os poidades ver, ler e disfrutar con eles.
10/11/10
Novo traballo
Coma cada novo curso elaboramos os nosos separadores de libros para utilizar na Bibliosoños.
A mochila viaxeira de 1º curso
Janet e Yasmina foron as primeiras alumnas do 1º nivel en levar para a casa "a mochila viaxeira", e vannos contar que lles pareceu a experiencia...
Janet.- A min o libro de Antón e Pompón, xa que aprendín moitas cousas e tamén me divertín moito...
- Que foi o que máis vos gustou do contido da mochila?
Janet.- A min o libro de Antón e Pompón, xa que aprendín moitas cousas e tamén me divertín moito...
- Tamén nos gustou moita a película de Asterix e Obelix que vimos con nosos pais...
- Ah! tamén xogamos cos nosos curmáns ao "xogo dos sostibles" no ordenador que é moi entretido...
- Estamos desexando que nos toque volver levala, e vós aproveitade todo o que leva que o pasaredes moi, moi, ben...
- Ata pronto...
6/11/10
O Magosto
O venres, 5 de novembro celebramos no noso colexio a Festa do Magosto.
Podedes atopar moita información sobre o outono e o magosto nesta páxina
No blog de Actividades Complementarias podedes ver unha reportaxe fotográfica e no blog de Educación Musical a actuación do coro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








