30/1/20

RESUMO DAS ACTIVIDADES PARA A PAZ

Nesta entrada imos amosar as 
actividades relacionadas coa PAZ


  • Rincón expositor de lecturas







  • Árbore da PAZ

  • Exposición de POEMAS











  • Símbolos de PAZ de Infantil









  • Lectura de POEMAS na Bibliosoños 








  • Apadriñamentos Lectores a cargo das Voluntarias da Biblioteca



  • MURAL elaborado con tapóns de reciclaxe: 
    • "RESPIREMOS PAZ, RECICLA"










  • PROGRAMA ESPECIAL PARA RADIO NA BIBLIO.










  • Gravación das cancións: 
6º Infantil: UNHA CURA DE AMOR
6º Primaria: BO DÍA A TODA A XENTE DO LUGAR




















VÍDEO RESUMO DAS ACTIVIDADES 


29/1/20

Traballos para a PAZ

Hoxe remataron os Apadriñamentos Lectores das Voluntarias da Biblioteca durante a Hora de Ler. Tanto o alumnado coma o profesorado disfrutaron moito coas lecturas, preguntas e xogos que prepararon. Están desexando volver a facelo!
Tamén gravamos as dúas cancións que preparamos na Aula de Música:
  • 6º Infantil: UNHA CURA DE AMOR.
  • 6º Primaria: BO DÍA A TODA A XENTE DO LUGAR.

27/1/20

SEMANA PARA TRABALLAR A PAZ E NON VIOLENCIA

Durante esta semana imos realizar moitos traballos e actividades para conmemorar o DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA:
Convocatoria de elaboración de poemas para a paz
Alumnas Voluntarias da Biblioteca farán lecturas durante a HORA DE LER


INFANTIL (Helena e Aurora)

·         “O NENO SEN NOME”

6º infantil na clase o luns 27

5º infantil na clase o martes 28

4º infantil na clase o mércores 29

1º e 2º curso (Noa e Sara)

·         “NENOS E NENAS DE TODO O MUNDO”

    1º curso na clase, o luns 27

    2º curso na clase, o martes 28

3º e 4º curso (Ana e Coral)

·         “IRENE EN AMÉRICA CENTRA
    3º curso na clase, o luns 27
    4º curso na clase, o martes 28

5º e 6º curso (Alison e Nelly)

·         “LA GRAN ENCICLOPEDIA DE LA PAZ”
    5º curso na clase, o luns 27
    6º curso na clase, o martes 28








  • 23/1/20

    Estamos estreando BIBLIOTECA NOVA

    Como xa informamos na seguinte entrada do blog:

    A nova Biblioteca do cole

    A nosa BIBLIOTECA  cambiou de localización e durante os meses de novembro e decembro estivemos de mudanza . Todavía quedan cousas por facer pero xa vai tomando forma e quedounos moi acolledora e con moito máis espazo para as actividades.
    Dentro de pouco presentaremos un vídeo onde amosaremos a NOVA BIBLIOTECA.

    Na mañá do mércores, 22 de xaneiro, fixemos unha primeira actividade a modo de pequena inauguración entre o alumnado. As alumnas de 4º curso: Amalia, Paula, Antonella, Thaïs e Samaria, fixeron un Apadriñamento Lector coa lectura "Os trasnos zapateiros", un conto dos irmás Grimm, cunha adaptación e canción de Xosé Lueiro.
    Fixéronno moi ben! e todo o alumnado de Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º curso aplaudiron as actuacións.
    No vídeo podemos ver un resumo da actividade:



    13/1/20

    1º Concurso Escolar "Son os teus dereitos"

    http://agamme.org/
    A Asaciación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAME) convocou o 1º Concurso Escolar "Son os teus dereitos", para a elaboración dun calendario.
    Nenas e nenos do colexio participaron no mesmo e as seguintes alumnas foron seleccionadas no calendario:
    • Julia Otero de 3º
    • Sara Asmerón de 5º
    • Helena Goás de 5º
    • Aurora Rguez. de 5º
     NORABOA POLO SEU TRABALLO!!!



    10/1/20

    Un bo comezo de trimestre!!!

    Cando chegamos ao colexio o día 8 de xaneiro, o alumnado de 6º curso de Primaria recibiron 15 cartas correo postal dende un colexio do NEPAL.
    Esta nova experiencia que acabamos de comezar parte da iniciativa da antiga mestra do noso colexio, Marta Pérez González, que está nestes momentos traballando como mestra nese país.
    Con esta actividade de correspondencia pretendemos mellorar as competencias lingüísticas en inglés, comparar culturas, entender e apreciar as diferencias das mesmas e fomentar a amizade.
    "Os nenos e nenas son os mesmos 
    independentemente do lugar onde vivan"

    20/12/19

    Finalizamos o 1º trimestre

    Como pasa o tempo! parece que comezamos onte este novo curso e xa rematamos o 1º trimestre!...

    Por iso para este último día preparamos actividades especiais como o xa tradicional Festival de Nadal, no que todos os cursos participamos cantando panxoliñas e outros cantos de Nadal. Ademáis as nenas e nenos de 6º de Infantil, xunto coa súa titora Maricarmen Lázaro, crearon un conto titulado "NADAL COMPARTIDO" que nos fixo reflexionar.

     
    Tamén tivemos a visita do APALPADOR que deixou un regalo en cada aula para compartir entre todos. A ANPA do colexio colaborou  co APALPADOR.

    Para rematar a mañá tivemos sesión de cine, o alumnado de Infantil e 1º e 2º curso nas diferentes aulas; o alumnado de 3º a 6º curso foron ata CINES VIVEIRO onde poideron disfrutar da película "LA BICICLETA VERDE". Esta actividade forma parte do Programa de Igualdade subvencionado pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade

    VÍDEOS DO FESTIVAL:






    19/12/19

    Outra actividade de NADAL

    Outro ano máis que fomos invitados a cantar no Mercado Solidario que organiza a Residencia DOMUS VI de VIVEIRO.
    O coro cantou para os residentes, para as familias e visitantes en xeral e foron moi aplaudidos.
    Neste trimestre xa fixemos tres actuacións e mañá cantaremos todos os cursos no FESTIVAL DE NADAL que realizamos cada ano para rematar o 1º trimestre.

    No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo:


    18/12/19

    Actividades Complementarias do NADAL

    Hoxe estiveron no colexio os usuarios da Residencia  DOMUS VI de Viveiro para contarnos o conto de: ANTÓN E O APALPADOR.
    Pasámolo estupendamente pois ademais regaláronnos as figuriñas coas que lles axudamos a contar o conto: estrelas, árbores, animais, carbón, a ra...

    Mañá farán un Mercadillo Solidario na propia Residencia e tocaranos a nós facerlles unha visita; ademais o coro do colexio cantará panxoliñas a partir das 17:30 horas, para todos os usuarios e para os visitantes.

    MOITAS GRACIAS POLA VOSA VISITA!!!


    16/12/19

    Actividades para fomentar a IGUALDADE

    https://www.edu.xunta.gal/portal/igualdade

    Dende a Asesoría de Igualdade estamos a recibir moita información e orzamentos para investir en diversas actividades "coa finalidade de promover a construción dun novo modelo formativo capaz de abranguer por igual o feminino e o masculino. A Secretaría Xeral da Igualdade insta a que se imparta unha coeducación real na que se transmita ao alumnado valores en igualdade e sen estereotipos sexistas que son os piares básicos para erradicar a violencia de xénero desta sociedade. Temos que educar ás nosas nenas e nenos en Igualdade e ensinarlles que ningunha persoa é máis ou menos ca outra polo seu sexo".

    Por iso hoxe imos contar coa actividade especial que nos vai presentar Paco Nogueiras co seu espectáculo musical BRINCA VAI!. Dirixido ao alumnado de Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria.


    Tamén o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º curso terán unha sesión de cine nas instalacións de Cines VIVEIRO, o venres, 20 de decembro, coa película "La bicicleta verde".

    Estas actividades complementan as realizadas pola ANPA dentro do Proxecto de Promoción da Igualdade e Prevención da violencia de Xénero, durante os meses de outubro e novembro dirixidas ás familias e ao alumnado en xeral.


    A Secretaría Xeral tamén está a poñer en marcha unha campaña cara o nadal "XOGUETES PARA A IGUALDADE. XOGAMOS IGUAIS. OS XOGUETES NON TEÑEN SEXO", dirixida tanto ao público en xeral como ao ámbito educativo directamente.


    13/12/19

    Preparando o Nadal

    Achégase o Nadal e como todos os anos preparamos traballos especiais para ambientar o cole:
    • Na zona de Infantil fixeron un poboado de inverno con casas feitas de caixas de madeira e moi ben decoradas, con figuriñas de plastilina e  tamén decoraron dúas árbores con figuriñas realizadas con elementos de refugallo, plásticos...
    • Na zona de Primaria tamén decoraron dúas árbores cos obxectos que realizaron en familia con elementos de refugallo.
    • Realizaron tarxetas  ou postais de Nadal e que temos expostas ao longo da escaleira principal.
    • No recuncho expositor temos outra árbore con versos das panxoliñas que cantamos este curso acompañando aos libros que aconsellamos para este tempo de Nadal.
    • Tamén estamos preparando as actuacións para o Festival que faremos o venres 20 de decembro.


    11/12/19

    Máis experimentos de CIENCIA


    O alumnado de 1º curso experimentou coa electricidade estática e presentaron cinco experimentos:
    • Voar papel
    • Bolboretas voadoras
    • Dando a lata
    • Atraer a pompa
    • Un caos na cociña
    Traballaron moito para presentarnos eses cinco experimentos que podemos ver no seguinte vídeo:


    O alumnado de 2º curso realizou unha lámpada de lava con auga, aceite vexetal, colorante alimentario e unha pastilla efervescente.
    O aceite e a auga nunca se mesturan e ao mesmo tempo o aceite é menos denso ca auga polo que se mantén enriba dela. Cando engadimos as plastillas efervescentes disólvense na auga liberando un gas, dióxido de carbono, que forma as burbullas que van a subir e baixar atravesando o aceite sen mesturarse con el. 


    10/12/19

    A nova Biblioteca do cole

    Durante o mes de novembro estivemos en obras e facendo cambios:
    • A aula de informática foi repartida polas aulas de primaria, agora en cada aula hai 3 ou 4 ordenadores, ademais do que xa había con pantalla dixital.
    • A aula de informática transformouse na nova biblioteca: as obras foron sufragadas pola Consellería de Educación a cargo dun orzamento especial que nos aportaron.
    • Logo chegou o momento de trasladar os andeis, mesas... e todos os libros e materiais que tiñamos na Bibliosoños. 
    Para esta labor tivemos a axuda do persoal do Concello de Viveiro.

    •  Trasladados os libros e materiais a Nova Biblioteca foi tomando forma.

    • Esto é unha pequena mostra de como está a quedar a NOVA BIBLIOTECA. Todavía quedan mobles por chegar e colocar e tamén estamos revisando a distribución dos libros.

    • Esperamos poder ter todo listo para cando comece o 2º trimestre. Todos os nenos e nenas están desexando utilizar novamente a BIBLIOSOÑOS  e o profesorado tamén!!!

    6/12/19

    Actuación do Coro do Colexio

    O Coro do Colexio foi convidado a actuar na inauguración do Belén: Viveiro ante o Berce.
    Formaron o coro nenas e nenos de 3º a 6º de Primaria.
    Para esta actuación prepararon unhas panxoliñas tradicionais e outra de estilo máis moderno.
    Pasaron unha tarde estupenda e foron moi aplaudidos. Ao finalizar poideron degustar un bo chocolate con churros.
    Dende o colexio agradecemos ao Concello de Viveiro e en especial a Lara Fernández, concelleira de Cultura, a invitación para participar neste acto tan popular no Nadal de Viveiro.


    PROGRAMA "FUN POLO AIRE" DA TVG
    podémonos ver a partir do minuto 45

    3/12/19

    Día Internacional das Persoas con Discapacidade

    BIBLIOTECA INCLUSIVA: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

    Hoxe é o día da Discapacidade e por iso o alumnado de 3º curso de Primaria de varios centros do Concello, fomos invitados a asistir a unha xornada de convivencia co alumnado de ASPANANE. Fixéronse grupos e talleres de cerámica, madeira, pintura de cara, serigrafía... onde os nenos e nenas desenvolveron distintas actividades. Foi un día moi especial e moi divertido. Dámoslle as grazas aos organizadores!!!

     



     


    2/12/19

    PROGRAMA DE RADIO Nº 4, curso 2019-2020

    Na mañá do luns, 2 de decembro, o equipo formado por Cristina, Elena, David, Irene e Pedro A. gravaron o programa de Radio na Biblio nº 4.
    Ten como contidos:
    • Semana da Ciencia no colexio
    • Cambios na Biblioteca Escolar
    • Actuacións do coro do Colexio

    1/12/19

    SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO NO NOSO COLEXIO


    Na semana do 25 ao 29 de novembro o noso colexio estivo inmerso no MUNDO DA CIENCIA.
    Diferentes cursos de Primaria e de Infantil fixeron unha exposición de diversos experimentos.
    Escollemos o horario dedicado á HORA DE LER para xuntarnos no Salón de Actos e alí realizar moitos experimentos sobre a flotación, a erupción dun volcán, refracción...








    25/11/19

    PROGRAMA DE RADIO Nº 3, curso 2019-2020

    Na mañá de hoxe o equipo formado por Carla, Mireya, Pedro G., Nicolás e Mateo gravaron o Programa da Radio na Biblio número 3. Tivo como contidos:
    • Dereitos da Infancia
    • Contra a Violencia de Xénero

    24/11/19

    O colexio colabora no Concerto Solidario de Santa Cecilia (Landrove)

    O coro do colexio foi invitado a participar no Concerto Solidario de Santa Cecilia  que organizou a Asociación "Pequenos Pasos" de Landrove e que tivo lugar na Igrexa de Landrove o sábado 23 de novembro. Os donativos foron entregados para a investigación do Cancro Infantil. O acto foi todo un éxito e a  Igrexa quedou pequena para acoller a todo o público que se solidarizou coa organización.
    O cartel foi compartido co Coro Parroquial de Landrove, o Coro de adultos do Conservatorio, Escolma de Meus e Amigos do Fol.
    As nenas e nenos do colexio, de 3º a 6º curso, fixeron unha actuación moi aplaudida por todo o público polo que temos que felicitalos e animalos a seguir disfrutando da música.     Noraboa!!!

    A continuación deixámosvos o vídeo resumo da súa actuación



    21/11/19

    Apadriñamento Lector

    Na Hora de Ler, o alumnado de Infantil e 1º curso tiveron un Apadriñamento Lector do alumnado de 2º e 5º curso.
    Fixeron unha adaptación do conto popular "Garavanciño" coas seguintes persoaxes:
    Narradora: Helena Goás
    Garavanciño: Aurora Rodríguez
    Nai: Sara Asmerón
    Pai: Nelly Lourido
    Boi: Andrés Vasile
    O conto rematou coa canción: "Pachín, Pachín..." cantada polo alumnado de 2º curso.
    Naroboa a todos!!! Fixéronno moi ben

    20/11/19

    Presentación dos Dereitos da Infancia

    O alumnado de 1º curso, xunto coa súa titora Rita e a mestra Lucía, prepararon unha presentación sobre os Dereitos da Infancia:
    • Elaboraron un gran mural e outros máis pequenos con debuxos e pictogramas onde se recollían algúns dos dereitos traballados na clase.
    • A presentación tivo lugar na Biblioteca do colexio para todo o alumnado de Infantil e 2º curso.
    • No seguinte vídeo recollemos un pequeno resumo.




    19/11/19

    Todos ao teatro!!!

     Dentro das actividades organizadas pola ANPA do colexio, no PROXECTO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO,  na mañá do martes 19 de novembro estaba programada unha saída ao teatro, para todo o alumnado do centro.
    A compañía GHAZAFELHOS puxo en escea a adaptación do libro "O país dos mandóns".
    Un libro que traballamos moito no colexio para o fomento da igualdade entre nenas e nenos.

    Recordamos, a través do seguinte vídeo, a adaptación realizada pola titora de 3º no curso escolar 2014-2015, Angélica Novo.



    18/11/19

    RADIO NA BIBLIO. Programa nº 2 do curso 19-20

    Hoxe tivemos sesión de gravación na RUFO SOÑOS. O equipo formado por Mar, Mireya, Pedro, Yeray e Nicolás realizaron o programa número dous de RADIO NA BIBLIO baixo o título "O noso Magosto".

    Actividades Complementarias para este mes de novembro

    • Martes 19, imos todo o colexio ao teatro, invitados pola ANPA do colexio para ver a obra "O país dos mandóns", coa compañía GHAZAFELHOS.
    • Xoves 21, Apadriñamento Lector do  5º curso acompañados do 2º de Primaria: "GARAVANCIÑO".
    • Sábado 23, actuación do Coro do Colexio na Igrexa de Landrove, no Concerto Solidario organizado pola Asociación Pequenos Pasos.

    13/11/19

    E agora O MAGOSTO!!!




    No mes de novembro sempre celebramos a nosa Festa do Magosto

    Estaba programada para o luns 11, DÍA DO SAN MARTIÑO, pero como deron mal tempo para toda a semana, decidimos celebrala hoxe no pavillón polideportivo do colexio facendo os xa tradicionais xogos e comendo castañas.
    No primeiro turno participaron nos xogos todo o alumnado de Primaria, despois degustamos todos xuntos as ricas castañas asadas e por último foi o turno dos xogos para o alumnado de Infantil.

    Fixemos unha pequena reportaxe fotográfica da Festa que queda recollida no seguinte vídeo:


    11/11/19

    Doazón de libros

    Nova doazón de libros para a Bibliosoños!!!
    As irmás Carla e Ana Rodríguez Bouza regalaron esta pequena colección.
    Moitas gracias a elas e a súa familia.

    5/11/19

    Sabemos todo o que hai que saber sobre o peixe?


    Hoxe tivemos a visita de Silvia Gil Chumillas, Técnica de Calidade e Seguridade Alimentaria, de FEDEPESCA.  Pola mañá,  o alumnado de 5º e 6º curso, participou dunha charla informativa con visualización de vídeos  e interactuaron facendo preguntas moi interesantes.
    Xa pola tarde a charla estivo dirixida ás familias e persoal docente.

    http://pescaverde.org/


    http://pescaverde.org/informacion-fish4-kids/A base do proxecto é concienciar ás futuras xeracións da importancia da protección e recuperación da biodiversidade mariña para o consumo futuro de peixe; como podemos conservar os recursos biolóxicos; como o sector e as administracións traballan unidas para a limitación do impacto da pesca e a adaptación da mesma á protección das especies, todo iso sen deixar para comer peixe, é máis, dando unhas pautas de como se debe consumir este produto, e explicando o marco de control pesqueiro e protección do medio ambiente europeo.




    4/11/19

    Programa de Radio nº 1 do curso 2019-2020

    Hoxe gravamos o 1º programa de RADIO NA BIBLIO deste curso.
    O equipo de realización formado por: Ángela, Carla (equipo técnico), Iker, Mateo de Daniel (nos micrófonos).
    O programa leva por título "DEZ ANOS DE ILUSIÓN" e ten como contido o 10º aniversario de permanencia no PLAMBE, do blog, da mascota Rufo e a súa canción.