30/1/10

SUPERANDO BARREIRAS

Todo é posible, só temos que intentalo.
Co esforzo e vontade podemos conseguir o que nos propoñamos.

29/1/10

26/1/10

Traballos e Exposición de libros para a Paz

LIBROS QUE FALAN DA PAZ,
DA CONVIVENCIA E DOS VALORES…
honestidade, compañerismo,
repecto, dignidade,
liberdade, compromiso,
esforzo, colaboración…


21/1/10

No colexio imos celebrar o Día da Paz

Estamos ensaiando estas tres cancións para cantalas o venres, 29 de xaneiro, na celebración especial do Día da Paz.









20/1/10

A mascota da Bibliosoños, deixa de ser virtual.

RUFO, xa está presente entre nós.
A ANPA do colexio achegounos a nosa mascota para que estivesa presente na Bibliosoños.
Temos que coidala moito!!!

Todos os nenos e nenas, profesores e profesoras, dámoslles as gracias á ANPA por este agasallo tan bonito e tamén porque donou á Bibliosoños 15 volumes dun libro-cómic sobre VIVEIRO, do autor Manuel Rajal Fernández.


14/1/10

Entrega dos Premios de Poesía na Biblioteca Municipal

Na tarde do día 14 de xaneiro levouse a cabo a entrega de premios do CERTAME DE POESÍA INFANTIL "NADAL 2009". O acto tivo lugar na Biblioteca Municipal de Viveiro, foi presentado por Carlos Nuevo Cal e estiveron entregando os premios os membros do xurado (Virginia Jiménez, Xoán Neira, Covi Dopico,  ) e a concelleira Delegada de Cultura, Concepción Toral.
Do noso colexio foron premiados Iria Basanta de 2º curso e Pedro Chao de 6º curso.
Noraboa aos dous premiados e aos seus profesores polo traballo realizado!

12/1/10

Os Megatoxos e a espada esmeralda

Chegou á BIBLIOSOÑOS  este libro do Autor ANXO FARIÑA, atópase na estantería  L, letra e.

Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa están a vivir un curso escolar do máis emocionante. Tras desenvolver por accidente estraños poderes, un milleiro de problemas comezan a xurdir nas súas vidas.



Na procura dunha solución para a súa mutación xenética, viaxarán desta vez ao medievo, onde atoparán un antigo e misterioso mosteiro no que nada é o que parece.
Nesta nova aventura, os Megatoxos deberán medir a súa intelixencia e valor entre códices medievais, nunha biblioteca chea de enigmas e perigos, situación que porá en xogo a súa amizade.

8/1/10

2010, Ano do Libro e da Lectura.

O ano 2010 foi declarado pola Xunta de Galicia
Ano do Libro e da Lectura. A Consellería de Cultura e Turismo vinculará os plans de actuación e as medidas de promoción do libro coa celebración do
Ano Xacobeo.
A finalidade deste proxecto é impulsar o Ano do Libro e da Lectura de Galicia a través da celebración do Xacobeo 2010.


Para iso, as institucións públicas galegas, os centros de ensino, as bibliotecas, as asociacións e federacións culturais dependentes da Xunta de Galicia adicarán unha parte da súa actividade a pór de relevo esta manifestación contribuíndo ao recoñecemento do libro como instrumento para a promoción e a divulgación da cultura e da lingua de Galicia. Así mesmo, invítase a todos os galegos a participar nos distintos actos que se celebren na promoción do libro e da lectura.

A programación inclúe exposicións, proxectos de animación cultural, congresos e conmemoracións, centenarios e outras homenaxes, actividades de promoción e difusión do libro, fomento da lectura e a escrita, así como iniciativas para a mellora da xestión pública do libro e as bibliotecas.

Entre as conmemoracións literarias anunciadas para este ano salientan as seguintes:

- Centenario do nacemento de persoeiros da cultura galega: Gonzalo Torrente Ballester e Luis Seoane.

- 125 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro.

- O Día das Letras Galegas será dedicado ao poeta Uxío Novoneyra.

Outro dos obxectivos para o ano 2010 é abrir ao público a Biblioteca de Galicia, situada na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)

DOCUMENTOS (recollidos da páxina web Culturaeturismo da Xunta de Galicia):



5/1/10

XA CHEGAN OS REIS¡¡¡

Xa se achega o día da ilusión. Nenos e grandes agardan impacientes as sorpresas que nos teñen preparadas SSMM de Oriente. Pero, coñeces a historia dos Reis Meigos?
Nesta páxina atoparás todo o que queres saber e, ademais, tamén podes escribir a túa carta online.
AQUÍ tes a páxina dos Reis Meigos con xogos, concursos, panxoliñas, contos, manualidades...


Queres ver a cabalgata? Pica AQUÍ e entra

       

SE QUERES SEGUIR AQUÍ ATOPARÁS UN FERMOSO CONTO DE NADAL.




30/12/09

Para xogar un pouco!



Xa estamos de vacacións! Xa temos tempo para ler, xogar, ver a tele, estar coa familia e cos amigos... pero tamén podemos xogar coa vaca Connie que é moi divertida.
PICA AQUÍ E ENTRA NOS XOGOS

20/12/09

Boletín Informativo da Bibliosoños, 1º trimestre

Cando rematen as clases o día 22, levaredes, para as vosas casas, este Boletín no que vos aconsellamos algún libro para ler neste Nadal.
Tamén queremos que nestas festas o pasedes estupendamente coas vosas familias, xogade e disfrutade e non vos olvidedes de pasar polo blog para pasar un "rato" agradable lendo e xogando con nós.

15/12/09

O mundo en galego

é unha campaña da Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración con OQO editora.

Obradoiros de lecto-escritura, lúdico-didácticos e de animación audiovisual  serán o medio a través do que visitar países de todo o mundo, desde Galicia e en galego; unha viaxe na que pais e nais, mestres e bibliotecarios tamén teñen tarxeta de embarque.

LUGAR DAS ACTIVIDADES:

  • Biblioteca Municipal de Viveiro (Rúa Alonso Pérez)


  • Os días 16, 17 e 18 de decembro de 2009


  • En horarios de 16:30 a 20:00 horas


  • A Secretaría Xeral de Política Lingüística agasallará aos participantes nas actividades con libros de OQO editora.



11/12/09

Chegou este fermoso libro á Bibliosoños!

Todos os animais ao caixón" da editorial  Primerapersona, é un traballo de Susa Herrera con Mamá Cabra.
SUSA HERRERA







Os animais son os nosos mellores amigos. Temos que coidalos e protexelos e tamén aprender deles. A galiña, o león, o oso, a quenlla, o búfalo, a piraña, a abella e o golfiño...e moitos máis, son os protagonistas deste divertido libro onde atoparedes propostas didácticas para cantar e bailar sen que un só neno ou nena proteste porque se aburre.

9/12/09

Libros novos na Bibliosoños

Recomendámosvos a colección "Las fieras Fútbol Club", na Bibliosoños hai tres libros. O autor é Joachim Masannek.
Podedes atopalos na estantería Ñ, a.

Temos unha nova colección de Mafalda

Aquí podemos atopar algúns datos sobre Mafalda.
Outra páxina interesante: El mundo de Mafalda

25/11/09

Recomendamos este libro para todas as idades.

Onde Viven os Monstros (título orixinal en inglés Where The Wild Things Are) é un libro infantil creado por Maurice Sendak. O libro foi escrito en 1963, sendo condecorado coa Medalla Caldercott en 1964. Tamén gañou o Boston Globe-Horn Book Award e foi un libro notable da Asociacion de Bibliotecas Americana.

O libro conta a historia de Max, un neno moi intelixente, incomprendido e rebelde, que se escapa da casa tras unha forte discusión coa súa nai. Pero non é unha fuxida calquera, pois Max se interna nun bosque misterioso creado pola súa propia imaxinación. O seu obxectivo: chegar á terra das Cousas Salvaxes, un lugar onde poderá facer travesuras para sempre.
Na Bibliosoños temos unha edición en galego e outra en catelán, estantería F.





24/11/09

Decálogo para crear bos lectores

Esta é unha cuestión que preocupa a moitos pais e nais que poden acabar desorientados e impotentes ante o feito de que os seus fillos dediquen todo o tempo libre de que dispoñen a estar diante dunha pantalla. O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no seu Plan de Fomento da Lectura establece dez principios imprescindibles para crear bos lectores.
Nesta guía para pais aparecen moitas frontes polos que hai que actuar, e o principal obstáculo é que requiren de tempo, dedicación e constancia. Desde que son moi pequenos. Pero ninguén dixo que fose fácil...

1.Dar exemplo. As persoas adultas somos un modelo de lectura para os nenos. Leamos diante deles, gocemos lendo. Trátase dunha mostra da lema que máis recentemente fixo seu o Plan de Fomento da Lectura: Si ti les, eles len.

2.Escoitar. Nas preguntas dos nenos está o camiño para seguir aprendendo. Esteamos pendentes das súas dúbidas.

3.Compartir. O pracer da lectura contáxiase lendo xuntos. Leamos contos, contemos contos.

4.Propor, non impor. É mellor suxerir que impor. Evitemos tratar a lectura como unha obrigación. Este é o problema básico con que se atopan os nenos e mozos en moitos centros educativos: as lecturas obrigatorias moitas veces non apetecen o máis mínimo.

5.Acompañar. O apoio da familia é necesario en todas as idades. Non os deixemos sós cando aparentemente saben ler.

6.Ser constantes. Todos os días hai que reservar un tempo para ler. Busquemos momentos relaxados, con boa disposición para a lectura.

7.Respectar. Os lectores teñen dereito a elixir. Esteamos pendentes dos seus gustos e de como evolucionan.

8.Pedir consello. O colexio, ás bibliotecas, as librarías e os seus especialistas serán excelentes aliados. Fagámoslles unha visita.

9.Estimular, alentar. Calquera situación pode proporcionarnos motivos para chegar aos libros. Deixemos sempre libros apetecibles ao alcance dos nenos.

10.Organizarse. A desorganización pode estar rifada coa lectura. Axudémoslles a organizarse: o seu tempo, a súa biblioteca...

23/11/09

Conto: A que sabe a lúa?

A que sabe a lúa?  Este libro podedes atopalo na Bibliosoños estantería E, letra c esquerda.

20/11/09

20 aniversario da Convención dos Dereitos da Infancia

Na Bibliosoños celebramos o día Dos Dereitos do nenos e nenas. Tal día coma hoxe, un 20 de novembro de 1989 a Asamblea Xeral da ONU aprobou a Declaración Universal dos Dereitos dos nen@s.Agora estamos a celebrar o vixésimo aniversario.
A actividade que programamos na Bibliosoños implicou aos alumnos e alumnas de 6º curso, dentro da clase de Educación para a Cidadanía, que fixeron de pequenos profesores. Os demais alumnos de Infantil e Primaria atenderon moi ben ás explicacións, fixeron moitas preguntas e comentarios moi importantes.
Pouco a pouco imos sabendo máis dos nosos dereitos pero tamén nos temos que acordar que iso implica ter tamén deberes.

Abride a páxina especial que se titula CELEBRACIÓN: DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA E ATOPAREDES MOITA INFORMACIÓN.

13/11/09

Novidades na Bibliosoños



Hoxe chegaron tres libros novos á Bibliosoños

SACAPENAS de Anthony Brownw, editorial Kalandraka.

LA ISLA DEL TESORO de Geronimo Stilton, editorial Destino

E por último un cómic dos de sempre RUE DEL PERCEBE de Francisco Ibáñez.

QUE OS DISFRUTEDES!