20/4/10

Camiñamos sen descanso

Durante os días 15 e 16 de abril celebráronse en Santiago de Compostela os Encontros do PLAMBE ao que acudimos todos os coordinadores das bibliotecas escolares incluidos no presente curso neste programa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Os encontros teñen como finalidade avanzar na formación específica deste colectivo nos aspectos máis variados da biblioteca escolar, e constitúen unha oportunidade para a reflexión e o intercambio de experiencias.
Os nosos parabéns a Cristina Novoa e Pilar Sampedro pola impecable organización e o excelente programa, que atendía aspectos relevantes sobre lectura, bibliotecas, tratamento da información, presenza dos soportes audiovisuais e electrónicos, a imprescindible integración da cultura impresa e a cultura dixital..., coa presenza de persoeiros de recoñecido prestixio neste ámbito.

No hay comentarios: