Pois porque as bibliotecas escolares son moi importantes, xa que son as únicas bibliotecas polas que pasa toda a xente en idade escolar do noso pobo.
E nós temos a gran sorte de ter a nosa biblioteca, a Bibliosoños, pola que pasaron moitos dos nosos pais, nais, familiares e moitos compañeir@s e amig@s.
Por iso, aproveitando esta data, o venres, fixemos unha pequena homenaxe a nosa Biblioteca, e cada nen@ levou para a súa casa un libro que permaneceu moitos anos neses estantes e que pasou por moitísimas casas. Unha forma símbólica para que agora, ese libro, quede nunha casa e non regrese a Bibliosoños.
Ademáis dos libros, levaron unha chapa moi especial da nosa mascota Rufo.
E como non podía faltar, recordamos a canción adicada tamén a nosa Biblioteca
Deixámosvos un vídeo resume da nosa festa.
Deixámosvos tamén un QUIZZIZ realizado polo mestre José Antonio Lozano, premede nel para xogar un pouco e comprobar o que sabedes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario