Despois da festa do Día Das Bibliotecas, estivemos preparando a chegada do Samaín.... Na aula de música repasamos as cancións sobre esta celebración e, tódalas aulas, participaron na ambientación dos corredores e da nosa Biblioteca, con moitas manualidades que elaboraron os nenos e nenas.
No seguinte vídeo poderedes ver como está o colexio cheo de pantasmas, esqueletos, cabazas, arañas.... e moitas moitas meigas, ademáis temos un castelo xigante no que mañá nos faremos moitas fotos.
Tamén, desde a Biblioteca, elaboramos unha pequena guía sobre as recomendacións lectoras para que poidades gozar lendo e tremer moito... que é do que se trata nesta data tan especial. Premede na imaxe
E como colofón final, o venres, 29 de outubro, fumos disfrazados ao cole e tivemos sesións de contacontos.
- A profesora Olalla contounos o conto "Corre, corre cabaciña" .
- A profesora Mari o conto "O Samaín"
- O profesor Ricardo: "O bosque das sombras".
- O profesor José Antonio: "O meu bisavó era enterrador"
Foi un día moi especial!!!
No seguinte vídeo podemos ver un resumo desta gran celebración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario