1/10/12

Infantil na Biblioteca

Como xa nos chegaron as novas bolsas para levar os libros para a casa, todos os alumn@s de Infantil participaron nun acto onde as profesoras lles explicaron todo o procedemento para levar os libros da Bibliosoños e como teñen que cuidar as bolsiñas azuis.
Tamén tiveron tempo para escoitar e ver os vídeos da última canción para a Biblioteca e unha sesión de contacontos da profesora Cristina.

26/9/12

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares

O DOG publica hoxe, 26 de setembro, a resolución definitiva da convocatoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares para o curso 2012/2013. Son xa 504 centros os que integran esta Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia, espazos imprescindibles para a lectura, a información e a aprendizaxe.

23/9/12

Xa estamos no outono!!!

Xa entramos na estación do outono e xa sabedes que a Bibliosoños ten un blog especial
Entrade nel e atoparedes moitas actividades e vídeos que vos gustan.

20/9/12

Exposición de libros sobre O MAR

No expositor de libros do corredor presentamos unha morea de libros que nos falan do mar, o proxecto integrado que imos a traballar este curso. Podedes ir ollándoos!!!


16/9/12

Importante artigo do Blog BIBLIOTECAS ESCOLARES

Biblioteca escolar, acelerador de innovación

As bibliotecas escolares galegas viviron importantes transformacións nos últimos anos, grazas ao esforzo conxunto de comunidades educativas e administración, nunha tarefa que ten como finalidade ofrecer máis e mellores instrumentos ao alumnado para a súa formación académica e persoal. Estas transformacións non foron só físicas (moito profesorado afirma que a biblioteca é o espazo máis fermoso do seu centro); o cambio máis importante é o que se produce no centro educativo cando a biblioteca se activa, porque arredor das súas propostas e dos seus recursos, da actividade que xenera e os apoios que presta, botan a andar (ou cobran forza, asentándose) dinámicas de traballo diferente, prácticas pedagóxicas máis activas, propostas máis colaborativas, proxectos ilusionantes que axudan a construír coñecemento e a construír comunidade tamén. As bibliotecas, ao renovarse e activarse, confírmanse como aceleradores de innovación, de innovación educativa.
Con este lema, Biblioteca escolar, acelerador de innovación, preséntase o cartel que neste curso 2012/2013 edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do mes da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de outubro) e que chegará aos centros en datas próximas. Nesta ocasión, a ilustración correspondeu ao creador galego Andrés Meixide,  que vén sumarse así aos ilustradores que teñen colaborado con esta consellería no obxectivo de difundir as posibilidades da biblioteca escolar (Manuel Mariño/2008, Miguelanxo Prado/2009, Marina Seoane/2010, Emma Ríos/2011)

12/9/12

BENVID@S

Ola!, Benvid@s a este novo curso!
Que tal ese verán lector?.
Eu lin un montón de libros e estiven moi ocupado buscando libros e actividades para traballar este ano. Os vosos profesores e profesoras xa vos irán informando sobre o proxecto para este curso, imos a traballar e aprender moitas cousas sobre O MAR.
A partir de hoxe xa podedes vir á Bibliosoños. É moi importante que recordedes as normas e veñades con moitas ganas de ler!

21/8/12

22/6/12

Teatro dos alumnos de 5º curso

Como fin de curso os alumnos e alumnas de 5º curso, xunto co seu profesor Antonio Ferreiro, prepararon unha adaptación da obra Menciñeiro a paus de Molière.
Fixéronno estupendamente!


MINIOLIMPIADAS 2012 no colexio de Celeiro

O venres, 22 de xuño, o colexio celebrou unhas Miniolimpiadas como remate de final de curso.
Todos os alumnos e alumnas formaron parte das seguintes Seleccións:
ESPAÑA, MARROCOS, EE.UU., XAPÓN, CHINA, BRASIL E REINO UNIDO.
Os equipos participaron nos seguintes xogos:
  • FÚTBOL
  • HOCHEY
  • XAVELINA
  • CIRCUITO EQUILIBRIO
  • ENCESTOS
  • CARREIRAS

21/6/12

Un día con moitas actividades

Hoxe xoves, 21 de xuño, foi un día  moi especial con actividades moi emotivas tanto para os mestres/as coma para os alumnos/as.
  • E, por último, xuntamos todas as tapas e tapóns que estivemos recollendo, en colaboración con todas as familias, para o Proxecto "Mans, por man". Gracias a todos por colaborar nesta labor. 

20/6/12

Educación en valores

Os alumnos e alumnas de 6º curso prepararon a dramatización do libro Orellas de bolboreta coas profesoras Rebeca e Virginia, despois contáronllo aos demais compañeiros do colexio.

Tradutor/a: Manuela Rodríguez
Escritor/a: Luísa Aguilar
Ilustrador: André Neves
Ed. Kalandraka Editora,
2008 | Infantil-Xuvenil

 

-Mara é unha orelluda!
-Mamá, ti cres que son unha orelluda?
-Non filla, tes orellas de bolboreta.
-E como son as orellas de bolboreta?
-Pois son orellas que revoan na cabeza e pintan de cores as cousas feas.

Ter as orellas grandes, o pelo rebelde, ser alto ou baixo, fraco ou regordecho...pode ser motivo de parodia entre uns nenos e outros. Por iso cómpre un libro que lles demostre a todos, tanto aos que dan como aos que reciben algún comentario despectivo, que eses comportamentos son reprobables.
E especialmente aos que son sinalados polos demais, a mensaxe que lles transmite este relato é que convidan en positivo aquilo que para outros sexa motivo de mofa. Porque as características que nos diferencian dos demais hai que poñelas en valor para que nos distingan como seres especiais e únicos. Porque recoñecer e mesmo reivindicar a diferenza fainos fortes, aceptándonos como somos e reforzando a nosa personalidade. É o primeiro paso para aprender a rir dun mesmo...
Luisa Aguilar amosa unha gran sensibilidade neste texto sinxelo e cheo de forza literaria, que transporta o lector a un mundo de formas, cores, emocións e sentimentos. A figura materna destaca como referente vital da protagonista, que contesta a cada comentario dos nenos seguindo as indicacións da súa nai: o que para outros é un defecto, para Mara é unha vantaxe da que os demais carecen. 

15/6/12

Presentación en Viveiro de “Un niño no xardín” de Xoán Neira

 "CANDO O AUTOR FALA DE SI"

O  venres, 15 de xuño, ás 20:00 horas, no salón de actos de Novacaixagalicia de Viveiro, terá lugar o acto de prensentación do libro Un niño no xardín de Xoán Neira.
Participarán: Marica Campo, Manuel Bragado e Xoán Neira.
 

8/6/12

Pequenas Olimpiadas no colexio

No noso colexio, antes de rematar as clases, imos facer unhas "pequenas olímpiadas".
Para empezar, na entrada do colexio, a profesora Eva preparou unha pequena exposición:


Tamén podemos entrar na páxina oficial para aprender moito máis sobre os xogos olímpicos.
Outras páxinas de interés:


4/6/12

Unha celebración moi importante


O martes, 5 de xuño, celébrase o Día Mundial do Medioambiente.
No noso colexio imos ter unhas actividades especiais para celebrar este día:
  • Visita de Anxo Moure
Pero quen é Anxo Moure?.
El mesmo se define como:


"Ola, o meu nome é Anxo, son atrapador de contos e ciclobibliotecario, isto quere dicir que atrapo os contos que escapan dos bosques por mor dos incendios e demáis agresións medioambientais e gárdollos nunha bicicleta cun carriño dianteiro para que as nenas e nenos os escoiten, os coiden e sobre todo os devolvan ao bosque a través de pequenas accións que protexan as árbores e os ríos nos que habitan"


2 de xuño, Festa de Voz Natura


O sábado, 2 de xuño, foi un gran día. Todo resultou estupendamente:
  • Tivemos un tempo estupendo no parque Acea de Ama.
  • Os xogos e as actividades foron moi divertidos.
  • A Exposición dos Traballos moi variada.
  • A entrega dos premios unha gran alegría. 


30/5/12

Preparativos para a festa de Voz Natura

Estes días andamos moi atarefados preparando os materiais que imos levar para a exposición de traballos que se vai poder ver durante a Festa de Voz Natura o vindeiro sábado, 2 de xuño no parque de Acea de Ama na Coruña.
Este ano levamos o Premio Provincial de Voz Natura e queremos levar unha mostra dos traballos que fixemos durante este curso e algo dos anteriores.

22/5/12

16/5/12

Festexamos "Os Maios e As Letras Galegas"


Na xornada escolar do 15 de maio fixemos moitas actividades:
  • Sesión de Formación de Usuarios na Bibliosoños 
  • Vimos a estrea do Vídeo Especial do colexio da canción: "Ai, se eu cho falo"
  • Cantámoslle ao Maio, falamos de Valentín Paz Andrade e cantamos unhas Cantigas Galegas e Ai, se eu cho falo.


15/5/12

Unha boa nova!

 Dende o Comité de Selección dos traballos de Voz Natura acaban de notificarnos que o noso Centro conqueriu o 
"PREMIO PROVINCIAL da edición 2011-2012"
Este premio non sería posible sen a colaboración das familias, da ANPA, do Concello e de todos os que formamos parte da Comunidade Educativa.
Por iso, animámosvos a participar na entrega do premio que terá lugar o día, 2 de xuño, na FESTA DE VOZ NATURA, da que xa vos informamos.

10/5/12

Avance de actividades para as Letras Galegas


Traballo-Presentación de Valentín Paz Andrade para ler os alumnos e alumnas de 6º curso na celebración das Letras Galegas no noso colexio.



Programa de actividades:


Unha Caza do Tesouro en Educación Física

Os alumnos e alumnas do 3º ciclo van a participar nunha CAZA DO TESOURO sobre as Olimpiadas. Toda a información está no seguinte tríptico:


9/5/12

Día de Europa, 9 de maio

O 9 de maio de 1950, Robert Schuman presentou a súa proposta para a creación dunha Europa organizada, requisito indispensable para o mantemento de relacións pacíficas.

Esta proposta, coñecida como "Declaración Schuman", considérase o xerme da creación do que actualmente é a Unión Europea.

O 9 de maio converteuse no símbolo europeo (Día de Europa) que, xunto coa bandeira, o himno, a lema e a moeda única (o euro) identifican a entidade política da Unión Europea.. No Día de Europa celébranse actividades e festexos que achegan a Europa aos seus cidadáns e hermanan aos distintos pobos da Unión.

Clica na imaxe para ter máis información





7/5/12

Dous fermosos libros para a Bibliosoños

A profesora Pilar García donou para a Biblioteca dous libros en formato desplegable:
  • El maravilloso Mago de Oz
  • TITANIC

50 anos de Letras Galegas

Traballo feito polo EDLG - CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo

3/5/12

SESION DE CONTACONTOS NA CLAUSURA DA EXPOSICIÓN


O mércores, 2 de maio, na clausura da Exposición "De onte a hoxe..." profesoras dos colexios de Celeiro, Xove e Viveiro, fixeron unha sesión de contacontos onde poidemos escoitar os seus contos preferidos de cando elas eran pequenas.


Clausura da Exposición en Viveiro



Na clausura da exposición "De onte a hoxe...lembrando o pasado" houbo sesión de contacontos coa participación das mestras de infantil e primaria: Cristina Freán, Rebeca Palmeiro e Paula López; tamén participaron profesoras e alumnos de secundaria. Foi unha velada moi especial e pasámolo moi ben!




2/5/12

Xa está aquí o mes das Letras Galegas

Comezamos o mes de maio, mes das Letras Galegas que este ano cumple o seu 50 aniversario. 
Dende a Bibliosoños presentamos esta pequena exposición coas láminas gañadoras do concurso convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e que gañou o CEIP "A.D.R. CASTELAO" de Rianxo.
Tamén hai libros sobre as Letras Galegas e dos autores homenaxeados, así coma tamén nos lembramos de Celso Emilio Ferreiro, no seu centenario.


29/4/12

Dramatización no "Día do Libro"

As profesoras Rebeca, Rosa, Cristina e Sandra puxeron en escea o libro "A figueira de Pelostortos", fixéronno estupendamente e todos os nen@s e profesores/as do colexio aplaudimos moito despois de rirnos un montón e pasalo moi ben.

26/4/12

Un día moi importante para as Bibliotecas Escolares

Xa inauguramos a Exposición "De onte a hoxe...lembrando o pasado"

Foi un acto entrañable no que participaron as comunidades educativas dos centros e ademais contamos coa presencia de Marta Coria e Pilar Sampedro, asesoras das Bibliotecas Escolares a nivel da provincia de Lugo e da Consellería de Educación. 
Moitas grazas polo voso apoio, as vosas palabras son un pulo importante para o traballo que se está a realizar nas Bibliotecas dos Centros. 

24/4/12

Exposición en Viveiro

O mércores, 25 de abril, ás 20:00 horas inauguramos a Exposición dos traballos
"De onte a hoxe: lembrando o pasado"
Presentámosvos o programa de actos 

23/4/12

Entrega do PREMIO CERVANTES

Hoxe, 23 de abril, terá lugar a entrega do Premio Cervantes 2011. A figura homenaxeada este ano é NICANOR PARRA.

                                                                                                                    Pica  para entrar na web de Nicanor Parra




21/4/12

23 DEL ABRIL, DÍA DO LIBRO

 NA GALIPEDIA podemos atopar esta definición:

Día do Libro (tamén denominado Día Internacional do Libro e Día Mundial do libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.

No noso colexio faremos actividades durante toda a semana:

  • Temos unha páxina especial con moita información sobre Miguel de Cervantes, vídeos, xogos e outras actividades.
  • Teremos unha sesión de contacontos, cunha posta en escea moi especial, do libro A figueira de Pelostortos
  • Participaremos na exposición conxunta que estamos a preparar todas as Bibliotecas Escolares que pertencemos ao PLAMBE dos concellos de Viveiro e Xove. a exposición leva por título "De onte a hoxe...lembrando o pasado". A inauguración será o vindeiro mércores, 25 de abril, ás 20:00 horas.
A esta exposición irán unha selección dos traballos que fixéchedes coas vosas familias (algúns deles xa están expostos no colexio), xa que por falta de espacio é imposible levalos todos. Dende a Bibliosoños felicitamos a todas as familias pola gran participación e o entusiasmo posto nos traballos. 
Sen dúbida estamos no camiño de conquerir os obxectivos que nos marcabamos con esta actividade:
a recuperación da literatura infantil como fonte de pracer, fomentar hábitos de lectura, recuperación e lembranza dos libros que forman parte da memoria das familias.


18/4/12

De onte a hoxe...

Xa podemos ver no noso colexio a exposición dos traballos  "De onte a hoxe: lembrando o pasado"



11/4/12

Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011/2012

NO BLOG DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA 
PODEMOS LER:
Os vindeiros 19 e 20 de abril, o Palacio de Congresos de Santiago de Compostela reunirá a 315 asistentes nos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011/2012. Nesta ocasión danse cita en Santiago profesoras e profesores que coordinan os equipos de biblioteca de máis de 300 centros incluídos no programa nas últimas convocatorias (desde a 4ª á 7ª), asistindo así mesmo asesores e asesoras da Rede de formación do profesorado que colaboran neste ámbito.
Ademais das conferencias previstas (Casildo Macías, Elena Martín, Santiago Fernández, José Antonio Millán, entre outros), tamén haberá espazo para a difusión de experiencias de calidade, arredor dos proxectos interdisciplinares e as pequenas investigacións que, co apoio da biblioteca escolar e os seus recursos, permiten dotar ao alumnado de habilidades para o uso e produción da información, contribuíndo á adquisición de competencias básicas, especialmente as competencias de "tratamento da información e competencia dixital" e a de "aprender a aprender".

28/3/12

Día do libro Infantil e Xuvenil

O luns, 2 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, imos estar de vacacións de Semana Santa pero dende este blog podemos recordar este día e aprender moitas cousas.
Tamén propoñemos esta actividade para facer en familia:

Dentro do proxecto da Biblioteca e en colaboración con outras Bibliotecas dos centros PLAMBE da zona (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), pretendemos cara as conmemoracións dos vindeiros meses (mes do libro, Letras Galegas) propoñer ás familias a participación nunha actividade que leva por título:

“DE ONTE A HOXE:  lembrando o pasado”
Ten como obxectivos a recuperación da literatura infantil como fonte de pracer, fomentar hábitos de lectura, recuperación e lembranza dos libros que forman parte da memoria das familias.
Por iso enviámosvos un folio para que, co membro da familia que decidades, recorde co neno/a os contos que lía de pequeno, cal era o seu favorito e logo faredes:
·         Na esquerda cubrides os datos que se vos pide.
·         Na dereita unha pequena obra plástica libre (exemplos: fotocopia da portada do libro, debuxo dos personaxes, fabricar o zapato da Cincenta e pégalo,…)
Á volta das vacacións e ata o 13 de abril enviádenos o folio co traballo plástico para facer unha exposición no centro e logo no mes da maio farase outra conxunta cos centros participantes nun local público. 

                                                              Un saúdo  o    Equipo da Biblioteca.

27/3/12

27 de marzo. Día Mundial do Teatro

PICA NA IMAXE PARA TER MÁIS INFORMACIÓN



22/3/12

Día da árbore e da auga

O xoves, 22 de marzo, celebramos conxuntamente estas dúas datas tan importantes para lembrar que temos que coidar o Medioambiente. Nesta páxina atoparemos máis información.
Durante a mañá limos o conto  Dona Pinga e Don Carballo fan amizade.
Despois do recreo prantamos un carballo.


21/3/12

21 de marzo DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Hoxe, Día Mundial da Poesía, imos celebralo recitando unhas poesías que seleccionamos nos diferentes cursos. Podemos atopalas no issuu seguinte:

OS VÍDEOS DA SESIÓN DE RECITADO ATOPARÉMOLOS NO BLOG DÍA DA POESÍA




20/3/12

HOXE COMEZA A PRIMAVERA

A primavera astronómica chegou este martes 20 de marzo ás 06.14 horas, ás 05.14 horas en Canarias, e durará 92 días e 18 horas, ata que finalice o 21 de xuño, ao comezar o verán, segundo o Instituto Xeográfico Nacional (IGN). 
Así, segundo o IGN, durante a primavera de 2012 o máis destacable será o tránsito de Venus por diante do Sol o próximo 6 de xuño, un evento astronómico que non sucederá de novo até o ano 2117 e que en España poderá verse con dificultade nas súas últimas fases.

PICA NA IMAXE PARA ENTRAR NO BLOG DA PRIMAVERA

19/3/12

O SEPRONA no noso colexio

Hoxe, luns 19 de marzo, teremos a visita da:
  •  sarxento, Isabel García Núñez (xefa da Oficina Técnica), e o 
  • investigador, Roberto Pérez Páramo (Equipo de investigación de incendios forestais) do SEPRONA.
O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) é unha unidade da Garda Civil en España, encargada da conservación da Natureza e os recursos hidráulicos, así como da riqueza cinexética, piscícola, forestal e de calquera outra índole relacionada coa Natureza, segundo o artigo 12 da Lei Orgánica 2/1986 de 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade.

VISITA ESTAS PÁXINAS ESPECIAIS 



16/3/12

Actividades na Bibliosoños na semana da prensa

O xoves, 15 de marzo, na Bibliosoños tivemos unhas sesións informativas. Participamos os alumnos do 2º e 3º ciclo.
Foron impartidas polo profesor do Centro, Vicente Míguez Salgueiro.

12/3/12

Esta semana imos comezar coa práctica de xogos tradicionais

XOGOS TRADICIONAIS
Estes son os xogos populares que seleccionamos:
 billarda, canicas, laberinto e béisbol.
O martes comezamos co xogo da billarda.

BILLARDA

Xogo tradicional, moi popular na Mariña luguesa.
Consiste nun pau pequeno (billarda) acabado en punta polos dous lados, onde hai que petarlle con outro pau máis grande e lanzalo lonxe. Gaña quen consegue mandalo a maior distancia.


PRIMEIRO FIXEMOS:
Recompilación de Xogos Tradicionais dende a casa.
  • Nunha ficha  rexistramos os datos  preguntando aos papás, avós...sobre os xogos que xogaban de pequenos.
  • Faremos unha exposición e un libro coa información recompilada
  • E para rematar esta actividade poñeremos en práctica os xogos que máis nos gusten despois de aprender as regras dos mesmos.

8/3/12

Feliz Día da Muller Traballadora!

Clica na imaxe e atoparás unha páxina con moita información.

2/3/12

Actividades para o mes de marzo

Durante este mes de marzo faremos moitas actividades para traballar as seguintes conmemoracións:
Para comezar queda convocado un concurso de poesía, lede ben as bases:

1/3/12

Hoxe comeza o mes de marzo

Para ter máis información pica no enlace:

Marzo na cultura popular galega

Refraneiro

Marzo marzal, pola mañá cara de rosa, e pola noite cara de can.
Marzo marzolo, chuvioso e ventoso.
No marzo abrigo, noces e pantrigo.
Nin marzo con flores nin moza sen amores.
Se no marzo oes tronar, prepara as cubas e o lagar.
Marzo marzal, un día vento e outro vendaval.
No mes de marzo, haberá algún chubasco.
Marzo, espigas catro; abril, espigas mil.
O aire e o sol de marzo, queima as donas no pazo.
Cando marzo retorce o rabo, non deixa ovella nin pastor sano.
Marzo marzal, neve nos altos e chuvia no val.
Marzo marceador, de noite chove e de día fai sol.
Marzo marceiro, pon a troita no caneiro.
Marzo marzolo, trebón e raiolo.
Marzo marzolas, treboadas e raiolas.
Marzo amola, abril esmola.
Entre marzo e abril, sae o cuco do cubil.
Cando marzo non marcea, abril das súas espera.

     

    21/2/12

    Día de Rosalía de Castro





    Nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837.

     

    Cantares gallegos

                                                              Follas novas



    Adios, ríos; adios, fontes;
                          adios, regatos pequenos;
    adios, vista dos meus ollos:
                                                    non sei cando nos veremos.

    Miña terra, miña terra,
                     terra donde me eu criei,
                                         hortiña que quero tanto,
                                                                  figueiriñas que prantei.


    20/2/12

    Día Internacional da Lingua Materna

    PICA NAS IMAXES PARA TER MÁIS INFORMACIÓN
    En 1999, a UNESCO declarou o 21 de febreiro Día Internacional da Lingua Materna. O obxectivo desta celebración é impulsar a práctica das linguas maternas en todo o mundo e, en especial, as das minorías, por seren as que se encontran nunha situación máis difícil. A ONU entende que os idiomas son o instrumento de maior alcance para a preservación e o desenvolvemento da herdanza cultural da humanidade e que, daquela, toda iniciativa que promova a súa supervivencia servirá para incentivar, ademais do pluralismo lingüístico, a diversidade cultural. Pola súa vez, a diversidade cultural enténdese como un activo para o desenvolvemento dos individuos e dos pobos.