O luns, 26 de novembro, o alumnado de 6º curso de Primaria participou na charla sobre "micromachismos" impartida pola psicóloga do CIM de Viveiro, Ana Abad.
Na mesma realizouse unha dinámica de traballo en grupo nas que as nenas e nenos tiñan que identificar si había ou non "micromachismo" en diferentes situacións:
- Dicir que un home axuda nas tarefas do fogar...
- Pensar que unha boneca non pode gustar ou ser un agasallo de neno...
- Que as mulleres paguen menos ou entren gratis nas discotecas...
- Empregar "Tocouche de niñera" cando un amigo queda ao coidado dalgunha persoa que o necesia...
- Vestir a unha nena de rosa...
- Dicir o guapa que está unha amiga...
- Ofrecer axuda a unha muller cun carriño de bebé a subir ou baixar as escaleiras...
No hay comentarios:
Publicar un comentario